Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico é que os estudantes sexan capaces de analizar calquera contorno natural identificando, recoñecendo e/ou clasificando os seus elementos naturais para poder deseñar propostas de actividades educativas na natureza e ao aire libre, utilizando e valorando os recursos naturais que o medio proporciona.
Este obxectivo pode concretarse en:
- Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos, susceptibles de ser avaliados.
- Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos referidos ao medio natural.
- Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos ou elementos do contorno natural como recurso e como motivación para o traballo con escolares.
- Analizar materiais curriculares, textos e proxectos de Ciencias da Vida e da Terra e realizar propostas de modificación e mellora para a súa implementación
- Deseñar actividades de aprendizaxe que se poidan desenvolver na natureza e ao aire libre.
TEMA 1. Recursos e actividades na Natureza.
1.1. Prácticas de campo
1.2. Observación, clasificación, colección e estudo dalgúns obxectos naturais
TEMA 2. A preparación e programación na aula.
2.1. Estudo de casos de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre
2.2. Elaboración de Propostas didácticas referidas a contornos diferentes.
Nas sesións interactivas se realizarán prácticas de laboratorio sobre algunha das temáticas sinaladas nas sesións expositivas e unha saída de campo interdisciplinaria. Estas sesións servirán para promover a aprendizaxe dos escolares na Natureza e ao aire libre.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Brown, S.E. (1993). Experimentos de ciencias en Educación Infantil. Madrid: Ed Narcea
- Caamaño, A. (coord) (2010). Didáctica de la Biología y la Geología. Barcelona: Graó
- Martí, J. (2012). Aprender Ciencias en la Educación Primaria. Barcelona: Graó.
- Sanmartí, N. (2002) Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Claxton G. (1994) Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Visor, Madrid.
- Delibes de Castro, M. (2001) Vida: la Naturaleza en peligro. Temas de Hoy, Madrid.
- Harlen W. (1989) Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Morata /MEC, Madrid.
- Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. e de Pro, A. (2003) Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
- Osborne R. e Freyberg P. (1991) El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
- Pedrinaci, E. (2001) Los procesos geológicos internos. Madrid: Síntesis
- Perales J. e Cañal P. (2000) Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil, Alcoy.
- Pujol, R. M. (2003) Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
Teranse en conta fundamentalmente as seguintes competencias básicas e específicas do Máster:
4.- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
5.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para la realización de actividades educativas en contornos naturais, en concreto saberán deseñar una actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
7.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
8.- Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte da profesora, tendo en conta as ideas dos alumnos sobre como ensinar ciencias utilizando os recursos naturais. Todas as clases teóricas terán actividades de aula nas que será preciso traballar en pequenos grupos e realizar posteriores debates.
As clases interactivas procurarán unha meirande implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía centrada no estudante e baseada no estudo de casos, análise de proxectos, de textos e artigos, saídas ao medio e experiencias coa contorna.
Realizaranse traballos prácticos de campo así como traballos prácticos de recoñecemento e identificación do material recollido na saídas.
Farase, a lo menos, unha saída de xeito interdisciplinar a un entorno de interese para o alumnado. Para as saídas é preciso levar roupa e calzado axeitados.
De xeito non presencial, o alumno realizará dous traballos prácticos que ten que entregar obrigatoriamente:
a) Proposta didáctica coa utilización de Recursos Naturais
b) Herbario sobre unha das zonas visitadas
O primeiro deles será exposto e procederase a un debate no que se fomentarán así interaccións alumno-alumno e alumno-profesora.
Todas as tarefas do alumnado serán orientadas pola profesora tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno/a ou grupo de alumnos/as relacionada coa materia.
Ao ser una metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Utilizarase a Aula Virtual da materia como espazo de comunicación e traballo. Nela estarán dispoñibles tanto os contidos da materia como as actividades realizadas.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias. Comprenderá:
a) Asistencia e participación activa nas actividades presenciais. A aportación deste apartado á nota final será do 20%
b) Realización e presentación de dous traballos prácticos obrigatorios (herbario e proposta didáctica). A aportación deste apartado á nota final será do 40%
c) Realización dun exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas. A aportación deste apartado á nota final será do 40%
Consideracións na avaliación:
- Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. A puntuación neste apartado verase mermada gradualmente conforme diminúa a asistencia á clase sen motivo xustificado.
- A cualificación acadada nos apartados a) e b) terase en conta na segunda oportunidade.
- Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente oportunidade. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
- O alumnado repetidor deberá falar coa docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre para concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
- O alumnado con dispensa de asistencia deberá falar coa profesora en horario de titorías na mesma semana da solicitude da dispensa, a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia. Na avaliación terase en conta os apartados b) e c) e determinarase, en cada caso particular, o apartado a) para acadar as competencias do título.
- O alumnado con diversidade funcional deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servicio acreditado da USC a estes efectos e informar do seu caso á docente da materia dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de que se poida acordar un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 24 horas
Docencia expositiva en grupo completo: 9 horas
Docencia Interactiva en grupo: 12 horas
Titoría: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (non presencial): 51 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia: 10 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas ou buscas bibliográficas: 8 horas
- Asistencia a actividades recomendadas (charlas, presentacións de traballos, etc.): 3 horas
- Preparación de debates, presentacións orais ou similares: 5 horas
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades e tarefas propostas na aula, no laboratorio e nas saídas de campo.
Así mesmo recoméndase tamén a participación nas titorías co fin de recibir as orientacións que se precisen relacionadas cos traballos prácticos así como no que atinxe ao estudo da materia.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
*Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou grupais, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
*Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai e do emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Virginia Aznar Cuadrado
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821027
- Correo electrónico
- virginia.aznar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
26.05.2025 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
07.07.2025 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |