Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Área externa M.U en Estudos Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Adquirir as ferramentas conceptuais e teóricas para poder comprender e entender a función diplomática en toda a súa complejidad
-Fomentar a capacidade do alumno para facer fronte ás diferentes situacións que poidan xurdir na práctica diplomática, identificando os problemas e formulando posibles solucións imaginativas aos mesmos.
-Profundizar no entendemento e interpretación dunha realidade internacional en constante cambio
-Formación para poder dedicarse profesionalmente á actividade diplomática
-Formación para poder traballar en empresas, organizacións internacionais (funcionariado internacional) e organizacións non gobernamentais con proxección internacional.
I) Introdución:
Tema 1. O ámbito de regulación do Dereito Diplomático e Consular
a) As relacións diplomáticas e consulares e as relacións internacionais
b) Analogías, diferenzas e coordinación entre as relacións diplomáticas e consulares
1. Analogías e diferenzas
2. Coordinación
Tema 2. Os presupostos das relacións diplomáticas e consulares
a) Os presupostos fácticos (políticos, sociolóxicos e económicos)
b) Os presupostos xurídicos
1. A personalidade xurídico-internacional
2. O dereito de legación e o dereito de consulado
3. O recoñecemento
4. O acordo recíproco
Tema 3. O contido normativo do Dereito Diplomático e Consular
a) O carácter das normas do Dereito Diplomático e Consular
b) A codificación
c) A efectividade das normas do Dereito Diplomático e Consular
d) Definición do Dereito Diplomático e Consular
Tema 4. A Misión Permanente e as súas funcións
a) Representación
b) Negociación
c) Observación e información
d) Protección Diplomática
e) O Fomento e Desenvolvemento das Relacións pacíficas
f) O exercicio de funcións consulares
Tema 5. A Misión Diplomática Permanente
a) Noción de Misión Diplomática
b) Membros (persoal) da Misión
c) Nomeamento e acreditación dos membros da Misión Diplomática
1) Xefe de Misión
2) Membros do persoal diplomático
Tema 6. O status diplomático
a) Noción de Status Diplomático
b) Fundamento do Status Diplomático
Tema 7. O status das misións diplomáticas
a) Inmunidades:
1) A inmunidade de coerción ou inviolabilidade
2) A inmunidade de xurisdición e execución
3) A inmunidade fiscal e aduaneira
b) Facilidades e privilexios:
1) A liberdade de comunicación
2) A valija e o correo diplomático
Tema 8: O status dos membros da misión diplomática
a) Inmunidades:
1) A inmunidade de coerción ou inviolabilidade persoal
2) inviolabilidade de residencia, documentación e correspondencia
3) A inmunidade de xurisdición
4) A inmunidade aduaneira
Tema 9: A Diplomacia ad hoc (principais manifestacións)
a) Diplomacia directa
b) Misións Especiais
c) Diplomacia de Conferencia
I. MANUAL BÁSICO RECOMENDADO
Este manual servirá como contido mínimo de referencia na impartición da docencia da asignatura e na súa avaliación. Por isto, recomendase a tódolos alumnos que dispoñan de este texto como material básico de estudio da asignatura.
- VILARIÑO PINTOS, E.: Curso de Derecho Diplomático y Consular, Ed. Tecnos, 7a. ed., Madrid, 2022
II.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- YTURRIAGA BARBERÁN, J.A.: Los órganos del Estado para las relaciones exteriores. Compendio de Derecho Diplomático y Consular, Secretaría General Técnica, Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación, Madrid, 2015.
- ARREDONDO, R.: Diplomacia: teoría y práctica, Ed. Aranzadi, Cizur menor (Navarra), 2023
- DENZA, E.: Diplomatic Law: commentary on the Vienna Convention on Diplomatic Relations, 3a. ed., Oxford, Oxford University Press, 2008
B) Recopilación de textos:
- VILARIÑO PINTOS, E. (preparador): Normas Básicas de Derecho Diplomático y Consular. Internacionales e internas, Ed. Tecnos, 1ªed., 2017
-Adquirir as ferramentas conceptuais e teóricas para poder comprender e entender a función diplomática en toda a súa complejidad
-Fomentar a capacidade do alumno para facer fronte ás diferentes situacións que poidan xurdir na práctica diplomática, identificando os problemas e formulando posibles solucións imaginativas aos mesmos.
-Profundizar no entendemento e interpretación dunha realidade internacional en constante cambio
-Formación para poder dedicarse profesionalmente á actividade diplomática
-Formación para poder traballar en empresas, organizacións internacionais (funcionariado internacional) e organizacións non gobernamentais con proxección internacional.
As actividades formativas a realizar no aula con presenza do profesor poderán consistir en clases teóricas, clases prácticas, seminarios ou tutorías.
- En primeiro lugar, a clase teórica basearase no ensino impartida polo profesor sobre a base da guía docente elaborada. Para iso, poderá contar con apoio de medios audiovisuales e informáticos. No entanto, non se limita á mera exposición de contidos por parte do docente, senón que se incentivará a participación activa dos estudantes, e a creación de certos espazos para o debate e o comentario de aspectos da actualidade comunitaria.
- En segundo lugar, as clases prácticas serven de complemento ás clases teóricas, pois nelas propóñense e resolven supostos de feito da práctica diplomática nos que o alumno debe aplicar os coñecementos teóricos adquiridos. Trátase de poñer de manifesto a relevancia práctica dos coñecementos teóricos e os problemas que se suscitan na realidade. Por iso, esíxese a participación activa do estudante durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base dos materiais de apoio entregados.
- En último lugar, as tutorías permiten ofrecer ao alumno unha orientación individualizada sobre a materia, potencia o diálogo co profesor e axusta a valoración académica. Serán programadas por cada profesor de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa asignatura.
-Realización dun exame, dividido en dous partes: teórica e práctica.A valoración do exame supoñerá o 60% da cualificación final e aprobarlo será requisito para superar a asignatura.
- Realización de actividades programadas, particularmente clases interactivas (casos prácticos, traballos tutelados, comentarios de textos, exposicións, seminarios), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas, supoñerá o 40% restante da cualificación.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
- Asistencia como mínimo ao 80% das actividades realizadas durante o curso.
- Elaboración e entrega dos casos prácticos de calquera outra actividade que se indique.
- A participación activa do alumno durante o desenvolvemento das clases interactivas.
No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
Os alumnos repetidores que cubrisen o requisito da asistencia a clases expositivas e interactivas quedarán exentos do devandito requisito no curso seguinte, sen prexuízo da súa obrigación de someterse ao mesmo sistema de avaliación que o resto dos demais alumnos.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da Aula virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Horas presenciales 23
Traballo persoal do alumno 52
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Miguel Enrique Arenas Meza
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814706
- Correo electrónico
- miguelenrique.arenas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
08.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |