Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Co Módulo no que se inscribe esta materia preténdese que os estudantes poidan coñecer e valorar desde distintos enfoques temáticos e metodolóxicos (históricos, comparados, pedagóxico-sociais, interculturais, etc.) o desenvolvemento científico da investigación en Dereitos Humanos e as políticas socioeducativas, coas claves que a tal fin proporcionan a Educación para a Cidadanía e a Diversidade Cultural.
Neste sentido, e tomando como referencia os obxectivos xerais do módulo, os específicos desta materia son:
1.Analizar as relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.
2.Coñecer as bases teórico-metodolóxicas dos programas de intervención socio-educativa en contextos de diversidade cultural.
3.Ser capaz de avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.
4.Examinar e vertebrar a relación entre a xestión educativa da diversidade cultural e unha educación inclusiva, equitativa e de calidade no marco escolar e social.
5.Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construcción da cidadanía.
6. Referir posibilidades de propostas de investigación doutoral vencelladas á materia.
A materia está articulada en tres seminarios, cuxo desenvolvemento temático contempla os seguintes contidos xerais:
- Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na perspectiva da Pedagoxía Social.
- Educación Intercultural, cidadanía e aprendizaxe cooperativa.
- Familia, cidadanía e diversidade cultural.
Os contidos específicos de cada un destes seminarios son:
SEMINARIO: Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na perspectiva da Pedagoxía Social:
1.Educar na cidadanía e nos Dereitos Humanos como proxecto e traxecto pedagóxico-social.
2.Os dereitos humanos como noción histórica e construción social.
3.Da natureza política dos dereitos humanos ás políticas educativas en dereitos humanos.
4.A educación na cidadanía e os dereitos humanos como opción política e pedagóxica.
5.Do discurso político ás prácticas educativas: vellos e novos desafíos dos dereitos humanos en clave pedagóxica e social.
6.Estudo de casos: proxectos e iniciativas educativo-sociais.
SEMINARIO: Educación Intercultural, cidadanía e aprendizaxe cooperativa:
1.Política educativa e xestión da diversidade cultural: a cuestión dos Dereitos Humanos.
2.Sociedade civil, educación e Dereitos Humanos.
3.A Educación para a Cidadanía e a Educación Intercultural.Marco relacional.
4.Modelos e perspectiva de Educación na cidadanía intercultural.
5.A aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de competencias cívicas e interculturais.
6.A construción e avaliación de técnicas de aprendizaxe cooperativa.O capital social e intercultural.
SEMINARIO: Familia, cidadanía e diversidade cultural:
1.A familia no marco global das migracións.
2.Inmigración, ecoloxía familiar e escola.
3.As familias inmigrantes no seu contexto de orixe e de chegada.
4.A intervención educativa para a participación das familias inmigrantes.
5.Boas prácticas e xestión pedagóxica na escola e a comunidade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Ignatieff, M. (2003). Los derechos humanos como política e idolatría. Paidós.
Lorenzo, M. et al. (2009). Familias inmigrantes en Galicia. La dimensión socioeducativa de la integración. Ministerio de Educación.
Martín, V.M. e Castilla, M.T. (Coords.) (2018). Educación, Derechos humanos y responsabilidad social. Octaedro
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Aja, E. (2012). Inmigración y democracia. Alianza
Caride, J. A. (2007). Derechos Humanos y Políticas Educativas. Bordón: Revista de Pedagogía, 59(2-3), 313-334.
Cortina, A. (2007). Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Nobel.
Díaz-Aguado, M.J. (2003). Educación intercultural y aprendizaje cooperativo. Pirámide.
Enríquez, J.M. (2014). Educación plena en derechos humanos. Trotta
Gil, F., Jover, G. e Reyero, D. (2001). La Enseñanza de los derechos humanos: 30 preguntas, 29 respuestas y 76 actividades. Paidós.
Lorenzo, M. e Santos, M. A. (2009). Educación para a cidadanía e os profesores. Visión e desafío. Edicións Xerais.
Naya, L.M. (Coord.) (2005). La educación y los derechos humanos. Erein
Ovejero, A. (2018). Aprendizaje cooperativo crítico. Pirámide
Pérez Serrano, G. (2004). Derechos Humanos y Educación social. Revista de Educación, 336, 19-39.
Ribotta, S. (Ed.). (2006). Educación en Derechos Humanos: la asignatura pendiente. Dykinson.
Santos Rego, M. A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela: ¿cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socio-educativa. En J. García Roca e J. Lacomba (Eds.), La inmigración en la sociedad española (pp. 483-505). Ediciones Bellaterra.
Santos Rego, M.A. (2008). La pragmática de la cooperación o cómo mejorar la gestión de la diversidad cultural y de la convivencia en las aulas, en J. Vera (Coord.), Diversidad, Convivencia, y Educación desde el conflicto (pp. 55-75). Ediciónes SM.
Santos Rego, M.A. e Lorenzo, M. (2009). La participación de las familias inmigrantes en la escuela. Un estudio centrado en la procedencia. Revista de Educación, 350, 277-300.
Santos Rego, M.A.; Lorenzo, M. e Priegue, D. (2009). Aprendizaje cooperativo: práctica pedagógica para el desarrollo escolar y cultural. Magis. Revista internacional de investigación en educación, 2, 289-303
Santos Rego, M.A. et al (2018). Do cooperative learning and family involvement improve variables linked to academic performance ? . Psicothema, 30(2), 212-217.
Santos Rego, M.A.; Lorenzo, M. e García, J. (2019). La gestión educativa como condición de éxito para el alumnado de origen inmigrante, en M.A. Santos Rego; A. Valle y M. Lorenzo (Eds.), Éxito educativo. Claves de construcción y desarrollo (pp. 235-254). Tirant Lo Blanch
Santos Rego, M.A.; Lorenzo, M. e Miguez, G. (2022). Fondos de conocimiento familiar e intervención educativa. Narcea
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer»
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
Esta materia tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do alumno.
A tal fin, proferiranse múltiples iniciativas e procesos que, considerando o carácter virtual da materia, se concretan en:
-Posibilidade dalgunha sesión expositiva por parte do profesorado e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e metodolóxica, determinados no Programa.
-Realización de sesións de orientación monográfica relativos aos contidos da materia, con especial incidencia na análise e proposta de actuacións que se orienten ao coñecemento dos Dereitos Humanos, a Cidadanía e as iniciativas político-educativas que os promovan.
-Dinámicas de traballo, tanto individuais como grupais, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferéncias, vídeos didácticos, experiencias...),de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase na súa abordaxe teórica, metodolóxica e/ou empírica.
- Lectura e comentario crítico de textos, estudo de casos, redacción de ensaios, consulta e análise de páxinas Web ou de outros soportes mediáticos, etc.
-Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que leven a cabo ao longo das sesións do Módulo.
Os tempos formativos de grupo interactivo e de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquedanzas de formación e contribuír á “construcción” dun coñecemento crítico e comprensivo da acción socioeducativa en contextos familiares e comunitarios, da diversidade cultural e dos dereitos humanos. Os materiais básicos de estudo estarán dispoñibles na Aula Virtual da USC.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesor e os estudantes, aos recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc.
Esta concepción e práctica avaliativa suporá que os estudiantes han de elaborar e entregar distintos traballos escritos, que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
A iso deberá engadirse unha participación activa nas sesións de aula e nas titorías, que será un claro reflexo das aprendizaxes (coñecementos, competencias, destrezas, etc.) que adquira o estudiante na súa formación académica e investigadora.
AVALIACIÓN POR MÓDULO
A) Traballo de módulo (70%). A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. Consiste na recensión dun artigo científico acordado co profesorado do Módulo.
B) Traballos propios da materia (30%). Realización dun Ensaio individual, de non máis de 10 páxinas (máis unha de bibliografía), cuxo eixo central debe ter relación con algunha cuestión relevante e actual vinculada á temática da materia. O obxectivo do Ensaio é dar pulo á identificación de cuestións sustantivas no marco da materia e, desde aí, á capacidade deliberativa das e os estudiantes en torno a propostas de acción educativa.
AVALIACIÓN POR MATERIA ESPECÍFICA
No caso de que o/a alumno/a, por calquera razón xustificada (matriculados a tempo parcial, repetidores, alumnos con dispensa de asistencia...), non se adscriba ao modelo de avaliación por módulo, será calificado en función do manexo e coñecemento dos contidos propios de cada materia e a realización de prácticas e tarefas específicas. A calificación será outorgada en base ás seguintes actividades:
a) Exame (70%).
b) Realización dos traballos propios da materia dunha forma adaptada (30%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención ou dispensa de docencia, será avaliado en iguais condicións que o alumnado asistente. A elaboración e seguemento das diferentes actividades será consensuada co profesorado ao inicio da materia.
Esta materia consta dun total de 21 horas de docencia e 6 horas de titoría. Estímase que o alumnado debe dedicar ao seu estudo un mínimo de 20 horas.
A complexidade conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma por parte dos estudiantes, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, concretada nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na asignatura e nas sesións de aula.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou podan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que colle destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, favorecendo unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación no Máster.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
1. Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
2. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
3. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
4. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
5. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Miguel Angel Santos Rego
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813755
- Correo electrónico
- miguelangel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
04.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |