Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais de módulo relacionados coa materia
1. Situar aos estudantes na complexidade do discurso conceptual, temático, teórico e metodolóxico dos tempos educativos no conxunto dos tempos sociais, destacando as súas implicacións para a investigación educativa.
2. Potenciar o interese pola observación, a reflexión, o xuízo crítico e a valoración.
3. Coñecer a linguaxe cinematográfico: imaxe, texto, música, son, cor, efectos especiais.
4. Recoñecer a necesidade de educar en valores a través do cine.
5. Fomentar a extrapolación da experiencia a outros territorios, tratando de establecer comunicación con grupos investigadores y mediadores sociais interesados no tema.
6. Identificar e interpretar as transformacións e cambios que se están producindo no contexto da poboación que implican novas formas de interesarse pola formación ao longo da vida.
7. Adquirir capacidade para entender como se produce e desenvolve unha innovación no sistema educativo.
Obxectivos xerais da materia
1. Formar criterio a favor da afectividade, emocións e as formas de expresión máis adecuadas á sensibilidade e á experiencia estética.
2. Orientar a educación afectiva e a educación artística desde a perspectiva apropiada para as artes sonoras-visuais-virtuais.
Obxectivos específicos
1. Adquirir competencia conceptual empregando unha linguaxe técnica.
2. Identificar as nosas propias emocións e as dos demais.
3. Desenvolver destrezas emocionais.
4. Adoptar unha actitude positiva ante o desenvolvemento afectivo.
5. Tomar conciencia dos factores que inciden no desenvolvemento afectivo, na capacidade estética e na sensibilidade creativa.
6. Contribuír á formación de espectadores críticos e activos, que entenden a evolución da arte e os seus logros máis significativos.
7. Comprender o sentido das formas de expresión na construción de experiencia artística e a fusión de formas de expresión (expresión e experiencia artística), en relación coas artes as artes sonoras-visuales-virtuales.
8. Coñecer, estimar, elixir, realizar e sentir os valores estéticos como valores e como manifestación artística (expresión e experiencia estética).
9. Comprender a diferenza entre educación artística (por e para) e entender as competencias xerais e profesionais da educación artística, segundo proceda.
10. Promover e facilitar a integración e participación en procesos formativos baseados na afectividade, a aprendizaxe emocional e o benestar subxectivo.
11. Utilizar o cine como un instrumento para xerar procesos de intervención pedagóxica.
0. Introdución: O sentido da materia no Plan de Estudos do Máster.
1. A dimensión afectiva como problema de educación.
2. A educación artística como disciplina e o coñecemento da educación.
3. A Pedagoxia Mesoaxiolóxica como campo de coñecemento pedagóxico emerxente: Construción de ámbitos de educación.
4. Marco conceptual: Afecto e emocións e clasificación das emocións.
5. Conciencia emocional: Coñecer e recoñecer para chegar a controlar as emocións.
6. Benestar emocional e calidade de vida.
7. Cine, educación e emocións: Cinefórum.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Gutiérrez Moar, Mª C. (2019a). Construir el ámbito de la afectividad. Educando la dimensión afectivo-emocional. En J. Vera Vila (Coord.) Formar para Transformar. Cambio social y profesiones educativas (pp. 89-92). GEU Editores. https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=783135
Gutiérrez, M. C. y Diz, M. J. (2021). Lecturas emocionantes. Una experiencia de transferencia de conocimiento y trabajo colaborativo mediante un proyecto de Aprendizaje-Servicio (ApS). En M. A. Santos Rego; M. Lorenzo Moledo y García Álvarez, J. (Eds.) Libro de Actas del XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía. La educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes (pp. 978-984). SPIC-USC.
Touriñán, J. M. (2010). Introducción. Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. Netbiblo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Asensio; J. M.; J. García Carrasco; L. Núñez Cubero y J. Larrosa (Coords.) (2006). La vida emocional. Las emociones y la formación de la identidad humana. Ariel [Libro y CD].
Gutiérrez Moar, M. C. (2004). Afectividad y aprendizaje educativo. Hacia una Pedagogía de la Prevención (Tesis Doctoral Universidad de Santiago de Compostela. Facultad de Ciencias de la Educación. (Tesis publicada por la USC en formato CD-ROM con el ISBN 84-9750-325-2.
Gutiérrez, Mª C.; Pereira, Mª C. y Valero, L. F. (2006). El cine como instrumento de alfabetización emocional. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 18, 229-260.
Gutiérrez, Mª C. y Touriñán, J. M. (2010). La educación de la sensibilidad y de los sentimientos como educación “de” la afectividad. Claves para aproximarse a la educación afectiva “por” las artes. En J. M. Touriñán (Dir.) Artes y educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica (pp 264-309). Netbiblo.
Gutiérrez, M C. (2016a). La afectividad como ámbito de educación: aproximación al diseño educativo del ámbito. En J. M. Touriñán López y S. Longueira Matos (Coords.) Pedagogía y construcción de ámbitos de educación. La función de educar (pp. 207-233). Editorial de la Red Iberoamericana de Pedagogía (REDIPE).
Gutiérrez, M C. (2016b). La educación afectivo-emocional como ámbito de educación presente a lo largo de la vida. En M. Valcarce; L. Rego y A. F. Rial (Coords.) Actas del XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. A formación, a orientación, e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais. Santiago de Compostela 18, 19 y 20 de noviembre de 2015. (pp. 503-522). Campus na Nube.
Gutiérrez, M. C. (2016c). Las competencias afectivo-emocionales relevantes para la vida personal y profesional. En M. Valcarce; L. Rego y A. F. Rial (Coords.) Actas del XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. A formación, a orientación, e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais. Santiago de Compostela 18, 19 y 20 de noviembre de 2015 (pp. 783-798). Campus na Nube.
Gutiérrez, M. C. (2017). Experiencia intergeneracional en el territorio USC: Alumnado del Grado de Educación Social y Grado Senior. En Mª E. Olveira Olveira, (Dir.) (2017): Actas del XV Encuentro Estatal de Programas Universitarios para Mayores y VI Encontro Galego de Programas Universitarios para Maiores: «Los Programas Universitarios para Mayores como elemento estratégico en la formación para toda la vida» (pp. 115-123). Santiago de Compostela del 12 al 14 de junio de 2017. Noreste Gráfico Impresor S.L. https://www.aepumayores.org/sites/default/files/XV_ENCUENTRO_PUPM_GALEG…
Gutiérrez, M C. (2018). Educar con la afectividad. Aproximación al diseño del ámbito de educación. En J. M. Touriñán López y S. Longueira Matos (Coords.) La construcción de ámbitos de educación. Pedagogía General y Aplicada (pp. 377-402) Andavira.
Gutiérrez, Mª C. (2019b). Otros espacios para la igualdad de género en territorio USC. En J. Vera Vila (Coord.) Formar para Transformar. Cambio social y profesiones educativas (pp. 343-347). GEU Editores. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=783135
Pereira Domínguez, C. (2010). El cine como ámbito de educación. La educación “por” y “para” el cine”. En J. M. Touriñán (Dir.) Artes y Educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica. (pp. 238-262). Netbiblo.
Raposo Rivas, M. (Coord.) y Otros (2010). El cine en la educación: Realidades y propuestas para su utilización en el aula. Santiago de Compostela: Tórculo Artes Gráficas S.A.
Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) (2005). Educar nos afectos, frear a violencia. Sobre a educación afectivo-emocional. Unidade Didáctica 23 no Día Escolar pola Paz (30 de xaneiro de 2005). Lúdica 7.
Sotelino Losada, A. ,Gutiérrez Moar, M. del C. y Alonso Ruido, P. (2022). Pedagogía y cine: Dos pilares para desarrollar la inclusión educativa. Aula Abierta, 51(1), 85-92. https://reunido.uniovi.es/index.php/AA/article/view/16409
Touriñán, J. M. (2011). Claves para aproximarse a la educación artística en el sistema educativo: educación “por” las artes y educación “para” un arte. Revista ESE, Estudios Sobre Educación, 21, 61-81.
Touriñán, J. M. (2012). La relación educativa. Congreso Internacional de Filosofía de la Educación. Conferencia de clausura.
Touriñán, J. M. (2013a) El significado de la función pedagógica y la necesidad de generar principios de acción. Revista Española de Pedagogía, 71 (254), 29-47.
Touriñán, J. M. (2013b). Conocer, enseñar y educar no significan lo mismo. El carácter y el sentido de la educación como referentes de su significado desde la mirada pedagógica. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 25(1), 25-46.
Touriñán, J. M. y Longueira, S. (2010). La música como ámbito de educación. Educación «por» la música y educación «para» la música. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 22(2), 151-181.
Touriñán, J. M. y Otros (Grupo SI(e)TE. Educación) (2012). Creatividad, educación e innovación: emprender la tarea de ser autor y no sólo actor de sus propios proyectos. Revista de Investigación en Educación, 10(1), 7-29.
NOTA: Cada docente do programa ten bibliografía específica que estará dispoñible na e-aula da materia.
Competencias xerais do máster às que contribúe a materia
- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dunha maneira clara e sen ambigüidades.
- Posuír e facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais do módulo e específicas do máster ás que contribúe a materia
- Reflexionar sobre a tarefa profesional en ciencias da educación para implementar políticas de igualdade
- Expor alternativas de novos usos ante o ocaso das funcións que estes establecementos desempeñaron tradicionalmente.
- Identificar e desglosar as tarefas que poden exercer os centros de interpretación da cultural escolar nos tempos actuais.
Competencias particulares do módulo e da materia ás que contribúe a materia
- Analizar propostas educativas en procesos de desenvolvemento comunitario para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Competencias específicas da materia
- Competencia conceptual para o uso da linguaxe técnico.
- Identificar o sentido das formas de expresión na construción de experiencia artística e a fusión de formas de expresión (expresión y experiencia artística), en relación coas artes sonoras-visuales- virtuales.
Competencias transversais do máster
CT1. Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos, así como os mecanismos básicos para a participación cidadanía como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT2. Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dun Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT3. Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro y fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa busca da calidade no proceso de ensinanza-aprendizaxe como signo de identidade.
CT4. Xerar unha actitude para a sostenibilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT5. Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
Seguiranse as directrices xerais do Máster.
A metodoloxía docente combina diferentes elementos centrados na aprendizaxe do alumnado: clases teóricas expositivas, que contemplan participación do alumnado, e clases interactivas nas que a actividade e participación do alumnado son fundamentais. Elaboraranse dúas tarefas fóra da aula no tempo de traballo autónomo da materia que poden ser resoltas individual ou grupalmente. Ademais, contémplanse as titorías para a resolución de dúbidas e o reforzo de contidos. Cabe sinalar que toda a materia está deseñada cara a capacidade de construción do alumnado da súa aprendizaxe e coa intención de que esta aprendizaxe sexa significativa.
O carácter semipresencial desta materia incide na necesidade dun traballo ordeado e sistemático por parte do alumnado e dun adecuado seguimento nas titorías.
Na Aula Virtual da materia estárán dispoñibles as ligazóns aos documentos de estudo.
A materia contempla a posibilidade de realización da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) nas condicións establecidas polo profesorado.
Nas sesións de aulas desenvolveranse:
a) Os contidos básicos da materia nas sesións expositivas.
b) Cineforum sobre unha película
As tarefas a realizar polo alumado son as seguintes:
1. Estudo dos contidos da materia.
2. Elaboración dun mapa conceptual de carácter individual tomado como referencias os documentos Touriñán 2010 e 2011 recollidos da bibliografía básica.
3. Elaboración dunha práctica específica sobre o cineforum. Pode ser elaborada en pequeno grupo (máximo 3 compoñentes).
Empregarase a aula virtual e o equipo de Microsoft Teams tendo en conta que é unha materia Semipresencial
As tarefas entregaranse a través da Aula Virtual da materia
Dado o carácter semipresencial da materia teremos aula virtual e Equipo de Microsoft Teams
NOTA: O labor docente e a acción socioeducativa da materia contribuirá á defensa dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible establecidos pola Organización de Nacións Unidas (ONU) na Axenda 2030.
A asistencia é condición necesaria para poder executar o proceso de avaliación da materia.
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas. Por elo, contémplanse dous supostos na avaliación da materia:
a) Avaliación por materia. Neste caso a parte práctica suporá o 40% da cualificación e a parte teórica que será avaliada por un traballo ou unha proba final o 60%. O equipo docente deseñará un proceso avaliador cun grao de dificultade similar á avaliación modular.
b) Avaliación por módulo. O 30% da cualificación correspóndese coa parte práctica e o 70% co traballo de módulo.
As tarefas a realizar polo alumado na parte práctica da materia son as seguintes:
- Elaboración dun mapa conceptual
- Elaboración dunha práctica específica sobre o cinefórum
O alumnado que non poda acollerse á avaliación de módulo deberá realizar un traballo (40%) e unha proba de carácter teórico (60%) na data sinalada polo calendario de exames do máster.
As tarefas do alumnado con Exención de Docencia (ED) ou Dispensa terán que ver coa avaliación por materia ou modular. Terán unha dificultade semellante a calquera actividade do resto do alumnado matriculado na materia.
Nota: O alumnado con Exención de Docencia (ED) ou Dispensa poderá traballar individualmente ou poderá incorporarse aos grupos de traballo de Avaliación Continua (AC) se se puidese executar.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias e avaliación 5 horas
Traballo autónomo do alumnado: 51 horas
Horas totais de dedicación á materia por parte de cada alumna/o: 75
O obxectivo xeral do máster “Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario” é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral. Os contidos do mesmo relaciónanse coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos de investigación da área de Teoría e Historia da Educación. Para elo establécense seis módulos:
1.- Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos
2.- As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento
3.- Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural
4.- A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local, Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas
5.- Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado
6.- Traballo de Fin de Master (TFM)
A materia “Educación, emocións e afectividade” (3 ECTS) pertence ao Módulo V que comprende, ademais as materias:
•Xénero e Educación Social (3 ECTS)
•A conciliación dos tempos educativos e sociais (3 ECTS)
•Persoas maiores, memoria comunitaria e patrimonio educativo (3 ECTS)
•A relación da Institución Libre de Ensino (ILE) cos movementos pedagóxicos europeos (3 ECTS)
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a asistencia regular e a participación nas sesións expositivas e interactivas. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require do estudo, que como tarefa persoal precede e sucede ao labor na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario.
Será indispensable manter comunicación periódica coas profesoras da materia nos horarios de titorías estipulados, para a resolución das dúbidas que podan suscitar o proceso de estudo e a elaboración das tarefas encomendadas.
El Módulo V comprende cinco materias:
• Xénero e Educación Social (3 Créditos)
• A conciliación dos tempos educativos e sociais (3 Créditos)
• Educación, emocións e afectividade (3 Créditos)
• Persoas maiores, memoria comunitaria e patrimonio educativo (3 Créditos)
• Relación da Institución Libre de Ensinanza (ILE) cos movementos pedagóxicos europeos (3 Créditos)
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.
OUTRAS CUESTIÓNS PROGRAMÁTICAS DA MATERIA NO MÁSTER
1. Materia vinculada a Proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS) na USC.
2. Materia na que se pode prever o desenvolvemento de actividades prácticas compartidas con outras materias da titulación.
3. Na materia pódese prever a realización de prácticas de campo compartida con outras asignaturas do Máster (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións…) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das asignaturas participantes.
4. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
(http://www.usc.é/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasist…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da asignatura, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabo recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa dá Facultade, vos/as alumnos/as poderán solicitar Exención oficial de Docencia ou a Dispensa a clase.
- A necesidade de atender ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispénsaa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. http://www.usc.é/é/goberno/secxeral/instrucions.html
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a Exención Oficial de Docencia. O procedemento a seguir co alumnado que solicite e ten EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA e/ou DISPENSA A CLASE (Instrución 1/2017) As situacións son tres: 1. Exención de docencia ás clases expositivas, 2. Exención de docencia a todas as sesións si así se determina, 3. Dispensa de asistencia (todas as sesións) .
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de Xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián do aula como en vos traballos académicos encomendados. Pódese obter información respecto diso no enlace: http://www.usc.é/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/linguax…
LINGUAXE INCLUSIVA
Uso da Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NO AULA
"Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por o/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo".
OUTRAS RECOMENDACIONES
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.é) na súa comunicación co profesorado.
- O alumnado poderá solicitar cambio de grupo nas asignaturas nas que exista máis dunha sesión de clases interactivas. A información sobre as Xestión do cambio de grupo atópase na Páxina Web da Facultade de Ciencias da Educación no seguinte enlace ? http://www.usc.é/gl/centros/cc_educacion/grupo.html
- Respecto de a normativa de protección de datos. De acceso no seguinte enlace ? https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
- Obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
- Ter en conta que o proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases e titorías) é un proceso privado, enténdese por privado un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
María Del Carmen Gutierrez Moar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813887
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |