Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVO XERAL DO MÁSTER NO QUE PARTICIPA A MATERIA
- Adquirir por parte do alumnado unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS DO MÓDULO NOS QUE PARTICIPA A MATERIA
1. Coñecer e valorar as experiencias educativas auspiciadas polos emigrantes nos seus lugares de procedencia ao longo da historia
2. Recuperar e dotar de novas funcionalidades o patrimonio arquitectónico escolar financiado polos ausentes.
3. Suscitar alternativas encamiñadas á reconversión das antigas escolas de americanos en centros de interpretación da cultura emigrante de maneira zonificada.
4. Promover a musealización da arquitectura escolar dos emigrantes, transformando os seus inmobles en núcleos expositivos de estudo, recuperación e difusión da cultura xerada polos galegos do exterior.
5. Formular programas dirixidos a dinamizar culturalmente e favorecer o desenvolvemento daquelas áreas territoriais que no seu día resultaron afectadas pola emigración e dispoñen de infraestruturas útiles para a implementación dos mesmos, servindo de núcleos vertebradores da comunidade veciñal.
6. Involucrar no funcionamento destes centros a todo o colectivo social e de forma moi particular ás persoas maiores, como depositarias da memoria e a tradición grupal, as cales actuarán ademais de guías para cantos pretendan internarse e profundar no coñecemento dos acervos locais.
7. Propender ao funcionamento en rede dos centros habilitados para favorecer a xeración de sinerxías entre eles.
8. Fomentar a extrapolación da experiencia a outros territorios, tratando de establecer comunicación con outros grupos investigadores e mediadores sociais interesados no tema.
9. Comprender os fundamentos científicos da educación permanente e os principios teóricos e de acción en relación cos procesos de avellentamento.
10. Identificar e interpretar as transformacións e cambios que se están a producir no contexto da poboación que implican novas formas de interesarse pola formación ao longo da vida.
1. Xénese e desenvolvemento da intervención escolar dos emigrantes galegos.
2. As escolas de americanos como expresión xenuína das actuacións escolares dos emigrantes transoceánicos a prol do incremento e a modernización da oferta educativa nas súas localidades de orixe.
3. Declive e reorientación funcional dos centros escolares fundados pola emigración galega.
4. Unha aposta de presente con futuro: a reconversión das escolas de americanos en centros de interpretación da cultura emigrante de forma territorializada. Museoloxía, museografía, propostas expositivas e núcleos dinamizadores.
5. Funcionando en Rede: articulación reticular de alcance galego dos centros de interpretación da cultura emigrante a escala local.
6. As Historias de Vida como metodoloxía de investigación propicia para a recuperación da memoria histórica.
7. Ampliación e difusión do modelo a outras áreas territoriais cunha tradición emigrante análoga na esfera escolar.
8. Pedagoxía Xerontolóxica e Xerontoloxía educativa.
9. Animación sociocultural e intervención socioeducativa no colectivo das persoas maiores.
10. O cinefórum como actividade propicia para o coñecemento e afección ao cine, así como para aproveitar a riqueza formativa do visionado, debate e traballo formativo asociado a unha mostra fílmica.
Bibliografía básica
Cornejo, M., Mendoza, F., e Rojas, R. C. (2008). La Investigación con Relatos de Vida: Pistas y Opciones del Diseño Metodológico. «Psykhe», 17(1), 29-39. https://scielo.conicyt.cl/pdf/psykhe/v17n1/art04.pdf
Gutiérrez Moar, Mª C. e Olveira Olveira, Mª E. (2012). «Pedagogía gerontológica, envejecimiento activo y aprendizaje a lo largo de la vida». En C. Geraldes (Dir.) y S. Vieira (Coord.), Livro Actas do XIV Congresso Internacional de Formação para o Trabalho Norte de Portugal/Galiza: “Construir Projectos, Empreender Carreiras”. A Formação, A Orientação e o Empreendedorismo (pp. 625-629). Instituto do Emprego e Formacao Profissional Delegacao Regional do Norte.
Pastor Homs, M. I. (2003). La oferta educativa museística destinada a las personas mayores. Tendencias actuales. «Revista Española de Pedagogía (REP)», 226, 527-546. https://revistadepedagogia.org/lxi/no-226/la-ofertaeducativa-museistica…
Suárez, M., Cid, X. M., e Benso, C. (Coords.). (2007). «Memoria da escola. Cultura material e testemuños da nosa historia educativa contemporánea». Edicións Xerais. https://bit.ly/3v0RtQQ
Bibliografía complementaria
Álvarez Domínguez, P. (2009). Espacios educativos y museos de pedagogía, enseñanza y educación». «Cuestiones Pedagógicas», 19, 191-206. http://institucional.us.es/revistas/cuestiones/19/11Alvarez.pdf
Gutiérrez Moar, Mª C. (2010). «Vellez». En J. A. Caride Gómez y F. Trillo Alonso (Dirs.), Dicionario Galego de Pedagoxía. Guías A-Z (pp. 562-564). Editorial Galaxia.
Gutiérrez Moar, Mª C. (2013). «Las arrugas de la crisis: Cambios que afrontan los mayores y los educadores sociales». En S. Torío López y Otros (Coords.) La crisis social y el estado del bienestar: Las respuestas de la Pedagogía Social. (pp. 460-468). Servicio de Publicaciones de la Universidad de Oviedo. XXVI Seminario Interuniversitario de Pedagogía Social. http://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=544351
Gutiérrez Moar, Mª C. (2021). (Re)configuración de la persona desde la Pedagogía Gerontológica y los Programas Universitarios de Mayores (PUM). EL Aprendizaje Emocional en el IV CICLO de la USC. En J. M. Touriñán López, y M.ª E. Olveira Olveira (Coords.) Pedagogía mesoaxiológica y construcción de ámbitos de educación. La función de educar. (Ripeme-2021) (pp. 355-368).
Peña Saavedra, V. (2012). «Panorámica de la intervención escolar de los emigrantes gallegos a América (siglos XVII-XXI)». En Llordén, M. e Prieto, J. M. (coord.) (2012): El asociacionismo y la promoción escolar de los emigrantes del Norte Peninsular a América. Boal, Ayuntamiento de Boal, pp. 35-69.
Peña Saavedra, V. (Comisdo.) (2013). Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia. Consello da Cultura Galega. Xunta de Galicia.
Ruiz Berrio, J. (Ed.). (2010). El patrimonio histórico-educativo. Su conservación y estudio. Biblioteca Nueva-Museo de Historia de la Educación Manuel B. Cossío.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
- Posuír e facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÓDULO E ESPECÍFICAS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Apreciar a importancia e o impacto da emigración na área educativa en Galicia.
2. Discernir o rol que cumpriron as escolas de americanos na Galicia do seu tempo e as innovacións que introduciron.
3. Suxerir alternativas de novos usos ante o ocaso das funcións que estes establecementos desempeñaron tradicionalmente.
4. Identificar e pormenorizar as tarefas que poden exercer os centros de interpretación da cultural escolar nos tempos actuais.
5. Recoñecer a emigración como fenómeno cultural e dilucidar os seus compoñentes e manifestacións.
6. Recadar a información necesaria para a reconversión das escolas de americanos en centros de interpretación da cultura emigrante.
7. Determinar os medios e recursos indispensables para a implantación dunha rede galega de centros de interpretación da cultura emigrante.
8. Indagar as posibilidades de extensión do modelo anterior a outras zonas de España e Portugal que presenten semellanzas coa realidade galega nesta materia na súa xenealoxía e actualidade.
9. Desenvolver os principios básicos da Animación sociocultural coas persoas de idade en relación a iniciativas de: preparación para a xubilación, promoción específica de centros e aulas de cultura, xeración de programas de calidade, etc.
COMPETENCIAS PARTICULARES ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
A) Constatar a incidencia educativa da emigración en certas zonas de Galicia ao longo da historia por medio da realización de sondaxes concretas.
B) Deseñar programas específicos para actualizar a funcionalidade social das escolas de americanos en Galicia.
C) Formular estratexias para revalorizar as realizacións culturais promovidas polos emigrantes e fomentar a súa difusión tanto dentro como fóra dos respectivos espazos xeradores ou receptores.
D) Propiciar experiencias que contribúan ao desenvolvemento e a promoción comunitarios, partindo das realizacións e o legado cultural da emigración de maneira comarcalizada.
E) Trazar circuítos de visitas guiadas aos enclaves con valor patrimonial procedente do legado educativo e cultural transferido pola emigración.
F) Elaborar contidos para producir aplicacións multimedia que sirvan de apoio e promoción das contribucións educativas e culturais xeradas polas xentes do éxodo.
G) Idear propostas para a implicación comunitaria nas iniciativas de posta en valor e promoción da cultura emigrante.
H) Fomentar a participación e o compromiso das institucións educativas e as súas comunidades humanas coa potenciación das novas experiencias de posta en valor e difusión das creacións culturais da emigración a escala local.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS DO MÁSTER:
CT1. Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT2. Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no se II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT3. Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa busca da calidade no proceso de ensinanza-aprendizaxe como signo de identidade.
CT4. Xerar unha actitude para a sostenibilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT5. Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida de xeito colaborativo polo profesorado e o alumnado. O profesorado nas clases expositivas centrarase preferentemente nos aspectos nucleares de cada enunciado ou unidade didáctica e na resolución dos problemas suscitados. Os estudantes, coa oportuna orientación do profesorado, nas sesións interactivas e nas titorías en grupos reducidos afondarán en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición destes e sexan susceptibles de tratamento e estudo desde os soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesorado e alumnado debaterán nas sesións de clases interactivas sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións. As exposicións do profesorado terán como complemento substantivo sesións de traballo con soporte en textos, documentos e informes de investigación. Estes materiais seranlles entregados periodicamente aos estudantes –ou suxerida a localización pola súa parte– para a conseguinte lectura, exame e estudo individualizado e en pequenos grupos e o posterior coloquio na aula.
Durante as titorías obrigatorias, o profesorado dará pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en grupos reducidos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, unha optimización da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e un reforzo integral do proceso instrutivo.
Na medida das posibilidades dispoñibles en cada caso, xestionarase a realización dalgunha práctica de campo que, de estimarse conveniente, poderá implicar a outras materias do módulo no que se enmarca a materia ou a materias doutros módulos do Máster.
Dado o carácter semipresencial da materia teremos aula virtual e Equipo de Microsoft Teams
NOTA: O labor docente e a acción socioeducativa da materia contribuirá á defensa dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible establecidos pola Organización de Nacións Unidas (ONU) na Axenda 2030.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
As cualificacións dos estudantes basearanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización dunha proba final. A avaliación continua efectuarase mediante recensións bibliografico-documentais, traballos monográficos de iniciación á investigación, estudos de campo de enfoque etnohistórico e comentarios de textos de distinta natureza e tipoloxía, tomando en consideración ademais a participación nas tarefas de aula e a concorrencia ás titorías.
AVALIACIÓN DA MATERIA:
Seminario 1: De centros escolares a lugares de memoria. As escolas de americanos en Galicia como axencias ao servizo da posta en valor da cultura emigrante e do desenvolvemento comunitario a escala local (2 créditos). A cualificación axustarase ao 80%
APARTADO PRIMEIRO: Recuperación da Memoria histórico-educativa: Museísmo e o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e a súa visita virtual. Dra Dª. María Julia DIZ LÓPEZ
Traballo sobre Patrimonio educativo e persoas maiores. Museísmo e o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e a súa visita virtual.
Traballo (lectura e exposición) dos documentos recollidos no Campus Virtual e Visita ao Museo Pedagóxico de Galicia.
Realizar a práctica grupal, que consiste en:
a) Lectura e presentación en grupo (15-20 minutos) das ideas principais de dous artigos propostos polo profesor.
b) Elaboración dun informe grupal sobre a visita ao MUPEGA.
A cualificación axustarase ao 40% (Máximo) 4 puntos.
APARTADO SEGUNDO: Recuperación da memoria histórico-educativa: A Historia de Vida: Metodoloxía Cualitativa. (1 crédito). Dr. D. Jesús GARCÍA ÁLVAREZ
Estudar o contido e os materiais asociados que están no campus virtual (Documentos)
Realizar a práctica individual, que consiste na realización de dúas actividades:
a) Identificación de ideas principais do texto “La Investigación con Relatos de Vida: Pistas y Opciones del Diseño Metodológico” (2008).
b) Realización dun guión de preguntas conducentes ao deseño dunha Historia de Vida. Para elo utilizarase a “Presentación Teórica” do Campus Virtual a fin de clarificar a definición, características, fases, obxectivos, etc. das Historias de Vida como técnica de investigación.
A cualificación axustarase ao 40% (Máximo) 4 puntos por apartado.
Seminario 2: Pedagoxía Xerontolóxica: Animación Sociocultural con Persoas Maiores (1 crédito).
Estudar o contido e os materiais asociados que están no campus virtual (Presentacións e documentos).
Realizar a práctica do cinefórum asociada á unha película.
A cualificación axustarase ao 20% (Máximo) 2 puntos.
AVALIACIÓN POR MÓDULO:
O proceso de avaliación por módulos para o curso 2022-2023 articúlase do seguinte xeito:
O traballo de Módulo V significará un 70% (Máximo) segundo as directrices pertinentes e consistirá na realización dunha comunicación a un congreso de educación e o 30% virá determinado polo equipo docente e o traballo que programa dentro e fóra da aula ao ser unha materia semipresencial.
Seminario 1: De centros escolares a lugares de memoria. As escolas de americanos en Galicia como axencias ao servizo da posta en valor da cultura emigrante e do desenvolvemento comunitario a escala local (2 créditos).
APARTADO PRIMEIRO: Recuperación da Memoria histórico-educativa: Museísmo e o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e a súa visita virtual. Dra Dª. María Julia DIZ LÓPEZ
Traballo sobre Patrimonio educativo e persoas maiores. Museísmo e o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e a súa visita virtual. A cualificación axustarase ao 10% (Máximo). (1 crédito 1 punto).
Traballo (lectura e exposición) dos documentos recollidos no Campus Virtual e Visita ao Museo Pedagóxico de Galicia.
Realizar a práctica grupal, que consiste en:
a) Lectura e presentación en grupo (15-20 minutos) das ideas principais de dous artigos propostos polo profesor.
b) Elaboración dun informe grupal sobre a visita ao MUPEGA.
APARTADO SEGUNDO: Recuperación da memoria histórico-educativa: A Historia de Vida: Metodoloxía Cualitativa. (1 crédito). Dr. D. Jesús GARCÍA ÁLVAREZ
A cualificación axustarase ao 10% (Máximo). (1 crédito 1 punto).
Estudar o contido e os materiais asociados que están no campus virtual (Documentos)
Realizar a práctica individual, que consiste na realización de dúas actividades:
a) Identificación de ideas principais do texto “La Investigación con Relatos de Vida: Pistas y Opciones del Diseño Metodológico” (Cornejo, Mendoza e Rojas, 2008).
b) Realización dun guión de preguntas conducentes ao deseño dunha Historia de Vida. Para elo utilizarase a “Presentación Teórica” do Campus Virtual a fin de clarificar a definición, características, fases, obxectivos, etc. das Historias de Vida como técnica de investigación.
Seminario 2: Pedagoxía Xerontolóxica: Animación Sociocultural con Persoas Maiores (1 crédito).
Dra. Dª Mª del Carmen GUTIÉRREZ MOAR
A cualificación axustarase ao 10% (Máximo). (1 crédito 1 punto).
Estudar o contido e os materiais asociados que están no campus virtual (Presentacións e documentos).
Realizar a práctica do cinefórum asociada á unha película. Na aula virtual haberá documentación e materiais sobre a película.
NOTA: Alumnado doutros anos que non superou a materia
Os estudantes de anos anteriores que seguiran un proceso de avaliación modular adaptaranse ao establecido este ano académico O traballo de Módulo V significará un 70 % (Máximo) segundo as directrices pertinentes e o 30% virá determinado polo el equipo docente e o traballo que programa dentro e fóra da aula ao ser unha materia semipresencial.
Os estudantes de anos anteriores que seguiran un proceso de avaliación continua ou por materias deberán asistir ás sesións marcadas (Seminario Semipresencial) presencial ou virtualmente así como realizar as actividades establecidas (individual e/ou grupalmente). Así, en ambos seminarios terase en conta.
As tarefas do alumnado con Exención de Docencia (ED) ou Dispensa terán que ver coa avaliación por materia ou modular. Terán unha dificultade semellante a calquera actividade do resto do alumnado matriculado na materia.
Nota: O alumnado con Exención de Docencia (ED) ou Dispensa poderá traballar individualmente ou poderá incorporarse aos grupos de traballo de Avaliación Continua (AC) se se puidese executar.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do alumno 75 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares cos responsables docentes da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlles as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
A información actualizada desta programación estará dispoñible dende o comezo do curso académico no espazo que a materia ten reservado no Campus Virtual, a onde se remite ao alumnado para maiores concrecións. Tamén alí se irán proporcionando recursos específicos para o desenvolvemento do traballo dentro e fóra da aula.
Na medida das posibilidades, xestionarase a realización dalgunha práctica de campo que, de estimarse conveniente, poderá implicar a outras materias do módulo no que se enmarca a materia ou ás materias doutros módulos do Máster.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
(http://www.usc.é/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasist…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles facilita unha ?mellor comprensión da asignatura, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa?. Cabo recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa dá Facultade, vos/as alumnos/as poderán solicitar Exención oficial de Docencia ou a Dispensa a clase.
- A necesidade de atender ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispénsaa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. http://www.usc.é/é/goberno/secxeral/instrucions.html
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a Exención Oficial de Docencia. O procedemento a seguir co alumnado que solicite e ten EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA e/ou DISPENSA A CLASE (Instrución 1/2017) As situacións son tres: 1. Exención de docencia ás clases expositivas, 2. Exención de docencia a todas as sesións si así se determina, 3. Dispensa de asistencia (todas as sesións) .
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade ?aforro de tinta?.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de Xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián do aula como en vos traballos académicos encomendados. Pódese obter información respecto diso no enlace: http://www.usc.é/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/linguax…
Uso da Guía para para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
Uso da Guía para para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NO AULA
"Queda restrinxido o uso de teléfono móbil no aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por o/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo".
OUTRAS RECOMENDACIONES
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
- O alumnado poderá solicitar cambio de grupo nas asignaturas nas que exista máis dunha sesión de clases interactivas. A información sobre as Xestión do cambio de grupo atópase na Páxina Web da Facultade de Ciencias da Educación no seguinte enlace ? http://www.usc.é/gl/centros/cc_educacion/grupo.html
- Respecto de a normativa de protección de datos. De acceso no seguinte enlace ? https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
- Obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
- Ter en conta que o proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases e titorías) é un proceso privado, enténdese por privado un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
TITORÍAS DA MATERIA
Seguimento e contacto: As dúbidas sobre a materia para a realización, seguimento e avaliación das tarefas realizarase a través de titorías virtuais no Campus Virtual, correo electrónico, lifesize, Microsoft Teams e/ou Skype.
Correos electrónicos do equipo docente: mdelcarmen.gutierrez [at] usc.es (mdelcarmen[dot]gutierrez[at]usc[dot]es); jesus.garcia.alvarez [at] usc.es (jesus[dot]garcia[dot]alvarez[at]usc[dot]es);mariajulia.diz [at] usc.es (mariajulia[dot]diz[at]usc[dot]es)
María Del Carmen Gutierrez Moar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813887
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jesus Garcia Alvarez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813760
- Correo electrónico
- jesus.garcia.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |