Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia oriéntase á pregunta que aporta a sociedade á educación. Desde o punto de vista da función, a sociedade aporta desenvolvemento do sistema educativo e do sistema escolar de calidade e podemos racionalizar criterios para tóma de decisións en política educativa distinguindo decisión técnica, ética, política e moral, diferenciando acción política, acción moral personal e acción da sociedade civil e razoando sobre Descentralización, democratización, calidade, dereitos e decisións decisiones no marco da relación xustiza-poder-verdade (ética-política-pedagoxía).
OBXECTIVO XERAL DO MÁSTER NO QUE PARTICIPA A MATERIA
Adquirir por parte do estudantado unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral
OBXECTIVOS DO MÓDULO NO QUE PARTICIPA A MATERIA
- Promover unha adecuada información sobre os tópicos e cuestións que articulan a fundamentación, o sentido e os significados de política educativa.
- Xerar espírito de investigación e capacidade crítica ao redor das presentes temáticas.
- Definir e analizar principios de determinación e racionalización da política científica e da política educativa.
- Coñecer os fundamentos das políticas socioeducativas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
1. Definir e analizar principios de determinación da política científica e da política educativa.
2. Coñecer os fundamentos das políticas socioeducativas.
3. Comprender a complexidade estrutural da decisión en política educativa.
4. Entender a relación calidade-equidade-liberdade-excelencia en sistemas educativos que defenden a descentralización, a autonomía, a libertade de ensino e a democratización en educación.
5. Adquirir destrezas e coñecementos para interpretar as orientacións do sistema educativo atendendo ás decisións de política educativa e de política científica.
6. Adquirir coñecementos para o uso e construción de experiencias acerca da estrutura complexa da decisión en política educativa.
7. Aplicar os contidos a problemas de toma de decisións de liberdade de ensino, democratización e autonomía.
8. Identificar a condición espacio-temporal da política educativa.
9. Identificar a condición axiolóxico-cultural da política educativa.
10. Comprender o papel da educación na construción da sustentabilidade e da cidadanía mundial dende a decisión técnica.
1. Conceptualización de política da educación, política educativa e educación política.
2. Organización de sistemas educativos.
3. Tipos de decisións: morais, políticas e técnicas.
4. Descentralización como proceso orientado cara á liberdade de ensino, á democratización e á autonomía dos centros.
5. Democratización como extensión democrática, como organización democrática e como transmisión de ideais democráticos.
6. Sistemas educativos e comunidades como instrumentos de desenrolo, adecuación e coherencia respecto de valores de calidade,
equidade, liberdade, excelencia, innovación, participación e compromiso na escola.
7. A necesidade de converxencia entre razóns administrativas e epistemolóxicas en política educativa.
8. A complexidade estrutural da decisión en políticas educativa e científica.
9. Modelos de organización para a xestión de recursos que permiten diferenciar as políticas educativa e científica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DOCUMENTOS DE CONCEPTO):
Touriñán, J. M. e Rodríguez, A. (1993). Conocimiento de la Educación, decisiones pedagógicas y decisiones de política educativa. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, (5), 33-58.
Touriñán, J. M. (2002). Educación y gestión cultural. Exigencias de la competencia técnica. Revista de Educación, Número extraordinario de 2002, 179-198.
Touriñán, J. M. (2009). La escuela entre la permanencia y el cambio. Revista de Ciencias de la Educación, 215, 127-148.
Touriñán, J. M. (2023). Conocimiento de la educación y condición de experto. construyendo educación de calidad desde la pedagogía, en perspectiva mesoaxiológica. En Pedagogía Mesoaxiológica. Postulados y fundamentos (pp. 607-687). Libro 1 de la Colección internacional de pedagogía mesoaxiológica patrocinada por Redipe. Redipe-Capítulo Estados Unidos-Bowker Book.
No comenzo do curso, haberá un programa detallado accesible no campus virtual, ofrecendo documentos e alternativas por si algún dos referenciados non estivera dispoñible.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Touriñán, J. M. (2020). Vertebración del sistema educativo y competencia técnica. La perspectiva mesoaxiológica. Pedagogía, competencia técnica y transferencia de conocimiento (pp. 15-134). Andavira. (documento de apoio a explicación na clase).
Touriñán, J. M. (2008). Universidad, investigación e innovación: principios de determinación en la política científica y en la política educativa, en J. Evans y E. Kristensen (Eds.), Investigación, desenvolvemento e innovación (pp. 11-50). Universidade de Santiago de Compostela. (Documento de apoio ao desenrolo conceptual).
Touriñán, J. M. (2019). La transferencia de conocimiento como proceso: de la universidad al sector educativo. Una mirada desde la Pedagogía. Revista Boletín Redipe, 8 (3), 19-65. (Documento de apoio ao desenrolo conceptual
Touriñán, J. M. (2021). Construir educación de calidad desde la Pedagogía exige ejercer la función pedagógica a través de la actividad común en cada interacción, en Grupo SI(e)TE. Educación, La calidad de la educación (pp. 93-120). Horsori. (Documento de apoio ao desenrolo conceptual.
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y decisiones técnicas, morales y políticas. Donde hay educación, hay riesgo. La mentalidad pedagógica es técnica, no política. En Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar (pp. 569-644). Andavira. (Documento de apoio ao desenrolo conceptual
OUTRAS FONTES:
Consejo de Universidades (1999). Indicadores en la universidad: información y decisiones. MEC. (Informes anuais de publicación periódica).
Seminario Interuniversitario Teoría Educación (SITE). Seminario anual que publica temas de interese para o contido da materia. El SITE también propicia los Congresos Internacionales de Teoría de la Educación (2000 y 2001 preferentemente) de periodicidade bienal que reflicten avances nos contidos da materia.
Sistemas Educativos (s.f.). Consultar as bases documentais, as páxinas informativas e os boletins e informes do Banco Mundial, OCDE, GPS Education, INCE, EURYDICE, CIDE, REDINED, CINDOC, DIALNET, Consello Escolar de Galicia e Fundación Galicia Europa. Ministerio de Educación. Ministerio de Ciencia e Innovación.
Sociedad Española de Pedagogía (s.f.). A SEP organiza cada catro anos o Congreso Nacional de pedagoxía que recolle temáticas de interés sobre a materia, dende o punto de vista da investigación e a actualización.
Hay disponibles desarrollos conceptuales específicos en:
http://dondestalaeducacion.com
https://www.youtube.com/channel/UCzbNAzwFApNMViix5_HDz0w
Tamén nos libros que se referencian de seguido:
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. Bello y Martínez.
Touriñán, J. M. (2020). Pedagogía, competencia técnica y transferencia de conocimiento. Andavira.
COMPETENCIAS XERAIS DO TÍTULO
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
COMPETENCIAS BÁSICAS DO TÍTULO
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS DO TÍTULO
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TÍTULO
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e as súas achegas metodolóxicas aos procesos cambio socioeducativo.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÓDULO
1. Acadar unha adecuada comprensión estrutural e dinámica acerca dos exercicios de política educativa.
2. Identificar factores, respostas e procesos de cambio presentes nos máis notados exercicios de política educativa dos escenarios occidentais.
3. Analizar importantes fitos lexislativos na materia.
4. Integrarse e comunicarse no seo de equipos multidisciplinares de investigación.
COMPETENCIAS PARTICULARES DO MÓDULO ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Dominar as destrezas técnicas e analíticas que fagan posible a comprensión dos factores de toda índole que condicionan os exercicios de política educativa
2. Utilizar os coñecementos que permitan unha avaliación crítica destas políticas
3. Analizar as relacións entre políticas de desenvolvemento e benestar social.
Seguiranse as directrices xerais de master. De xeito particular nesta materia realizaranse actividades teóricas e prácticas no aula. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter temático e conceptual.
A metodoloxía docente combina diferentes elementos centrados na cultura da aprendizaxe e o ensino: clases teóricas participativas, prácticas de aula, tutorización e compromiso coa aprendizaxe significativa. A asistencia é condición necesaria para poder executar o proceso de avaliación da materia.
Utilizarase a aula virtual como ferramenta de apoio.
Todo o alumnado, ademáis da actividade diaria, ten que realizar a avaliación por módulo, atendendo ás directrices específicas desa modalidade. Mentres que no Módulo I o traballo céntrase na análise dunha tese doctoral xa defendida, no Módulo II, o traballo céntrase na elaboración de redes nomológicas e na análise de términos chave que fan posible establecer un mapa conceptual desde os conceptos dun artigo xa publicado. Nesta modalidade a distribución do peso na avaliación entre traballo de avaliación por módulo e actividade diaria na clase será de 70% traballo de módulo e 30% actividade diaria.
O alumnado deberá realizar como parte da súa actividade diaria o seguimento na clase das exposicións de carácter conceptual do profesor. Ademais, tomando como punto de partida as exposicións e os documentos de concepto e apoio especificados no programa, dentro da parte correspondente á actividade diaria, como práctica interactiva, o alumnado en grupos deberá realizar un traballo escrito.
Esta materia ten dous partes (a do Prof. A. Rodriguez e a do Prof. J. M. Touriñán e profesora Silvana Longueira). As cualificacións son complementarias, pero hai que obter, para facer sumatorio, un 5 polo menos en ambas as partes.
A cualificación do 30% (3 puntos sobre 10) distribúese do seguinte modo: Asistencia ás clases e actividade práctica co profesor Antonio Rodríguez sobre o documento de concepto “Coñecemento da Educación, decisións pedagóxicas e decisións de política educativa” (1 punto, distribuído no 40% para a asistencia ás clases e 60% para a práctica realizada).
Asistencia ás clases e actividade práctica sobre os outros tres documentos de concepto co profesor Touriñán e a profesora Silvana Longueira (2puntos, distribuídos no 40% para a asistencia ás clases e 60% para a actividade practica realizada en grupos de 4).
Dentro da parte correspondente á actividade diaria, como práctica interactiva, o alumnado en grupos deberá realizar un traballo escrito de maneira que se incida nas diferenzas entre dereitos e liberdades, lexitimidade e legalidade, decisións técnicas morais e políticas, decisións en educación política, política da educación e política educativa, relación poder, xustiza e verdade e condiciones espazo-temporais e condicións axiolóxico-culturais da decisión política.
O traballo de práctica en grupo é o 60% da cualificación parcial. A asistencia a todas as sesións é o 40%. Ambas as notas son a cualificación da actividade diaria que representa o 20% da cualificación final que debe obterse sumándolle a nota de avaliación por módulo ou á nota da proba teórica da materia (70%) e a nota do profesor Antonio Rodríguez (10%).
O traballo entrégase electronicamente á profesora Silvana Longueira en PDF na data que se estableza.
Dispensa ou exención de docencia:
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado con criterios de suficiencia distintos, que se expoñen no apartado de observacións.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do alumno 75 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsables docentes da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
Recoméndase, aos efectos do estudio, contemplar esta materia "La toma de decisiones en política educativa" en relación cos obxectivos de Modúlo AS POLÍTICAS EDUCATIVAS E CULTURAIS NOS PROCESOS DE DESENVOLVEMENTO que lles son afíns.
Ao principio do curso, no campus virtual estará accesible xunto con documentos un programa detallado que desenvolve estas directrices
O máster denominado EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é o resultado da actualización do programa de doutoramento con Mención de Calidade (MCD2005-00235) Teoría e Historia da Educación adaptado á normativa establecida no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Este máster ten unha orientación investigadora de carácter propedéutico para acceder ao programa de doutoramento en EDUCACIÓN.
Os seus contidos están relacionados coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral.
O máster denominado EDUCACIÓN, DIVERSIDADE CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO está dividido en seis módulos:
1.- Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos.
2.- As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento.
3.- Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural.
4.- A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local, Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas.
5.- Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado.
6.- Traballo de Investigación Tutelado (TIT).
O Módulo II comprende tres materias:
- Políticas educativas, inmigración e benestar social
- Educación social e políticas culturais
- A toma de decisións en política educativa
Calquera circunstancia persoal que puidera alterar o normal seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado á maior brevidade. De non facelo non se poderá considerar a súa influencia na avaliación do rendemento académico.
Ao comezo das clases da materia entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos da materia serán entregados a través da Aula Virtual. No caso de que algunha tarefa sexa solicitada polo profesorado en formato físico (papel impreso), teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-INDICACIÓN REFERIDA AO PLAXIO E AO USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
MODALIDADE DE EXAME, DE TRABALLO E DE AVALIACIÓN PARA ALUMNOS CON DISPENSA DE ASISTENCIA OU PERDA DE MÁIS DUN 30% DA ASISTENCIA NA MATERIA
O alumnado que estea incluído nesta directriz non segue o sistema presencial de asistencia completa. Poderán vir a algunha clase, se as súas circunstancias llo permiten, pero non se integran nos grupos de traballo aos efectos da súa actividade, que debe ser realizada de xeito individual. Todos os documentos que hai na aula virtual para o alumnado asistente son válidos para o de dispensa ou o de perda de máis do 30% da asistencia. As directrices xerais de curso son comúns para todo o alumnado. Todos deben estudar os documentos que corresponden.
O alumnado non asistente debe facer de xeito individual o traballo sobre o documento de decisións que o grupo de asistentes elabora en clase co profesor Antonio Rodríguez. Ademais, o non asistente debe facer o resumo do documento de decisións que o grupo asistente traballa con ese profesor. Tamén teñen que facer o resumo do documento de apoio ás explicacións de clase que está especificado no programa-tese, referido nas clases dos profesores J. M. Touriñán e S. Longueira.
Cada alumno con dispensa fai os dous resumos cunha extensión de 10 a 15 páxinas cada un. Cada resumo organizarase en tres partes: estrutura do documento, contido fundamental relatado nos epígrafes do documento e conclusións (destacando nas conclusións como o texto, obxecto de resumo, aporta ao obxectivo central da materia: que aporta a sociedade á educación).
O alumnado non asistente debe facer, ademais do traballo e os dous resumos (decisións e apoio a explicacións), unha proba escrita consistente en redactar no exame o resumo doutro dos tres restantes documentos de concepto especificados no programa (o que elixa, excluído o de decisións) O seu resumo redactado no exame responderá á mesma organización que os dous resumos entregados: estrutura, contido e conclusións do traballo. Pero nas conclusións deberá aterse ás seguintes condicións:
A conclusión necesariamente permitirá ver, por unha banda, que di o contido do documento elixido respecto do obxectivo fundamental deste seminario, que é dar resposta á pregunta que aporta a sociedade á educación, e por outra, permitirá ver que parte da tese central exposta no programa-tese desenvólvese no texto a resumir. Ademais, na conclusión hai que xustificar si o contido do texto resumido refírese a cuestións relacionadas coa condición axiológico-cultural, coa condición espaciotemporal ou coa conclusión de convergencia entre racionalidad epistemológica e político-administrativa).
O alumnado non asistente prepara o traballo e fai os resumos en casa e os entrega por escrito no exame ou en PDF por medio electrónico. No exame pode usar o documento elixido para exame como documento de consulta e apoio á redacción que vai realizar no aula de exame. O tempo de redacción na proba será como máximo dúas horas.
As cualificacións son complementarias, pero hai que obter, para facer sumatorio, un 5 polo menos no traballo, en cada resumo e na proba escrita no aula de exame. Este criterio aplícase ás dúas partes da materia ( a do Prof. A. Rodríguez e a dos Profesores J. M. Touriñán e S. Longueira).
A distribución do peso da cualificación na avaliación de alumnos non asistentes será a establecida na normativa: 30% para o traballo, os resumos e a redacción no aula de exame do documento elixido para resumir na proba escrita e 70% para a proba teórica de módulo. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente, sobre 10). Si désese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manterase a nota de cada parte para a seguinte convocatoria.
A cualificación do 30% (3 puntos sobre 10) distribúese do seguinte modo: O resumo do documento de apoio a explicacións de clase, a redacción do documento elixido para proba escrita e a redacción no aula de exame representa o 20% (2 puntos sobre 3; 0.5 punto para cada unha dos dous resumos e 1 punto para a redacción en proba escrita) e ao traballo e ao resumo do documento de decisións do Prof. A. Rodríguez correspóndelles un 10% (1 punto sobre 3 para as dúas actividades conjuntamente; 0.4 e 0.6 respectivamente).
O traballo entrégase electronicamente á profesora Silvana Longueira en PDF na data que se estableza.
Jose Manuel Touriñan Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813757
- Correo electrónico
- josemanuel.tourinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Antonio Rodriguez Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
03.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |