Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os avances na investigación de programas AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Extranxeira).
- Identificar exemplos prácticos de programas AICLE nas diferentes especialidades impartidas no Mestrado.
- Familiarizarse coa terminoloxía específica de cada unha das especialidades para o desenvolvemento das sesións AICLE.
- Elaborar materiais e recursos AICLE.
- Desenvolver proxectos didácticos AICLE innovadores orientados ao desenrolo da competencia plurilingüe.
- Familiarizar ao alumnado con iniciativas e proxectos de CLIL en Galicia, Europa e Norteamérica.
- AICLE: Introdución. Definición e contexto teórico.
- Aproximacións metodolóxicas en AICLE.
- Materiais e recursos AICLE nas diferentes áreas.
- Planificación docente en AICLE nas diferentes áreas.
- Análise e valoración de prácticas efectivas en AICLE.
Bibliografía básica:
Coyle, D., P. Hood & D. Marsh (2012). Content and Language Integrated Learning CLIL. Cambridge University Press.
Council of Europe (2001). The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge University Press.
Council of Europe (2020). Common European Framework of Reference for Languages: Learning, teaching, assessment – Companion volume. Council of Europe Publishing. [www.coe.int/lang-cefr]
Bibliografía complementaria:
Bentley, K. (2012). The TKT Course. CLIL Module. Cambridge University Press.
Brown, H. D. (1994). Principles of Language Learning and Teaching, Prentice Hall Regents, Englewood Cliffs, N. J.
Coyle, D., & Meyer, O. (2021). Beyond CLIL: Pluriliteracies teaching for deeper learning. Cambridge University Press.
Dalton-Puffer, C. (2007). Discourse in Content and language Integrated Learning (CLIL) classrooms. Benjamins.
Ellis, R. (2004). The Study of Second Language Acquisition, Oxford University Press.
Eurydice Report. (2006). Content and Language Integrated Learning (CLIL) at school in Europe. European Commission.
Madrid, D. & S. Hughes (eds.) (2011). Studies in Bilingual Education. Peter Lang.
Phillips, S. (1994). Young Learners. OUP.
Skehan, P. (1989). Individual Differences in Second Language Acquisition, Edward Arnold.
Slattery, M. & J. Willis. (2001). English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. OUP.
ICT and the Internet provide a rich source of CLIL materials. All these resources can help educate learners in today’s global society.
http://www.teachingenglish.org.uk
https://www.bbc.co.uk/learningenglish/
https://www.onestopenglish.com/
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/
https://www.coe.int/en/web/language-policy
Competencias básicas e xerais
G2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida.
G7 - Asumir como profesional e cidadá a grande importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Competencias transversais
T2 - Coñecemento instrumental das TIC.
T4 - Traballar de forma colaborativa.
T5 - Capacidade de organización e planificación en eidos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no eido das súas áreas de coñecemento.
Competencias Específicas
E4 - Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara a docencia nas áreas específicas.
Teórico e práctico:
- As clases expositivas estarán adicadas ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe a través dunha lingua estranxeira na Educación primaria. O alumnado coñecerá os aspectos principais que caracterizan a metodoloxía AICLE e a súa posta en práctica.
- Tarefas prácticas:
Exposicións por parte do alumnado.
Debates.
Traballos escritos.
Elaboración, desenvolvemento e presentación na clase dunha proposta didáctica ou un proxecto de investigación ou de integración CLIL.
- Titorías.
O alumnado disporá do material necesario para seguir as sesións na aula virtual, na que tamén deberán facer entrega das diferentes tarefas individuais ou grupais.
Exame/Proxecto final: 70% da cualificación final.
Participación e Tarefas encomendadas: 30% da cualificación final.
Durante as sesións interactivas o alumnado realizará diferentes tarefas individuais e grupais para profundar nos diferentes elementos que conforman o modelo AICLE. Tamén se pedirá ao alumnado que realice algunha tarefa escrita como reflexión sobre aspectos vistos nas sesións expositivas.
Como alternativa ao exame final o alumnado terá a opción de realizar un proxecto de investigación ou proposta didáctica grupal que se presentará nas últimas sesións de clase.
Convocatoria extraordinaria de xullo: as tarefas preparadas durante o semestre contarán de novo un 30% da nota final. O alumnado que non preparou estas tarefas durante o curso perderá a porcentaxe que lle corresponde da nota final.
O alumnado exento ou dispensado da asistencia e repetidor será avaliado cun exame cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Clases expositivas: 18
Traballo individual: 45
Total en horas de traballo individual: 63
Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndase que o alumnado participe das seguintes actividades e actitudes:
(a) Asistencia activa e participativa.
(b) Implicación nas actividades prácticas propostas.
(c) Posuír un nivel intermedio-alto ou avanzado de inglés.
1) Responsabilidade medioambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia compre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2) Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse máis información ao respecto na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional.
3) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
5) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
6) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
7) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Fatima Maria Faya Cerqueiro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- fatima.faya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
Mércores | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
13.01.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
17.06.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |