Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os principios, técnicas e recursos didácticos para dar resposta ás dificultades asociadas ao uso das distintas linguaxes en matemáticas, nas etapas de Educación infantil e primaria.
- Coñecer a influencia das compoñentes afectivas no proceso de ensino-aprendizaxe da matemática na Educación infantil e primaria.
- Adquirir a capacidade de resolver situacións prácticas relativas ás dificultades da aprendizaxe da matemática.
- Adquirir a capacidade para redactar e avaliar tarefas auténticas en matemáticas.
- Adquirir a capacidade para promover actividades metacognitivas e de autorregulación na aula de matemáticas.
1. As linguaxes da matemática
Importancia do uso simultáneo das distintas linguaxes na actividade matemática
2. Compoñentes afectivos
Actitudes cara as matemáticas
Ansiedade matemática
Influencia dos compoñentes
3. Análise e estudo de casos prácticos
Dificultades en contexto
Resposta ás dificultades
Metacognición en matemáticas
Tarefas auténticas e tarefas estándar
Implementación práctica de actividades metacognitivas na aula
Bibliografía básica:
Chamorro, M. C. (Ed.), González, E. F. (Coord.) (2001). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas. España: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Miranda, A., Gil, D. M. (2000). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas: un enfoque evolutivo. Archidona (Málaga): Aljibe.
Phonapichat, P., Wongwanich, S., Sujiva, S. (2014). An analysis of elementary school students’ difficulties in mathematical problem solving. Procedia-Social and Behavioral Sciences 116, 3169-3174.
Bibliografía complementaria:
Blanco, T. F., Diego-Mantecón, J. M., Sequeiros, P. G. (2018). Truncamiento de los vértices de un cubo. Comprensión en matemáticas, Uno : Revista de Didáctica de las Matemáticas, 80 (2), 27-34.
Munro, J. (1995). SUCCESS in learning mathematics : A learning strategies approach. Hawthorn, VIC : Ed. Assist.
Munro, J. Mathematics underachievers learning spatial knowledge.
Recuperable en: https://students.education.unimelb.edu.au/selage/pub/readings/mathsld/S…
Kramarski, B., Mevarech, Z. R., Arami, M. (2002). The effects of metacognitive instruction on solving mathematical authentic tasks. Educational studies in mathematics, 49(2), 225-250.
Naya, M. C., Soneira, C., Mato, M. D., De la Torre, E. (2014). Cuestionario sobre actitudes hacia las matemáticas en futuros maestros de Educación Primaria. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación 1 (2), 141-149.
Munro, J. (2003). Dyscalculia: A unifying concept in understanding mathematics learning disabilities. Australian Journal of Learning Difficulties, 8(4), 25-32.
Orrantia, J., González, L. B., Vicente, S. (2005). Un análisis de los problemas aritméticos en los libros de texto de Educación Primaria. Infancia y aprendizaje, 28(4), 429-451.
Orrantia, J., Tarín, J., Vicente, S. (2011). El uso de la información situacional en la resolución de problemas aritméticos. Infancia y aprendizaje, 34(1), 81-94.
Soneira, C., Naya, M. C., Mato, M. D., De la Torre, E. (2015). Autoconcepto matemático de los estudiantes de grado de Educación Primaria. En Ramiro-Sánchez, T. y Ramiro, M.T. (2015). Avances en Ciencias de la Educación y del Desarrollo 2015. San Sebastián: Univ. de Granada. pp. 521-526.
Turner, R. (2016). Lessons from PISA 2012 about mathematical literacy: An illustrated essay. PNA, 10(2), 77-94.
Verschaffel, L., De Corte, E., & Lasure, S. (1994). Realistic considerations in mathematical modeling of school arithmetic word problems. Learning and instruction, 4(4), 273-294.
Competencias Básicas (B) e Xerais (G):
B6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
G1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
G3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais (T):
T1 Capacidade de análise e síntese.
T2 Capacidade de adaptación a situacións novas.
T3 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4 Traballar de forma colaborativa.
T5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T7 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador. T8 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T8 Ser quen de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T9 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
T10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
Competencias Específicas (E):
E1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
E2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
E3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
E9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
E11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
E15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
E16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
As sesións expositivas consistirán basicamente na presentación por parte do profesorado do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia, ao tempo que os estudantes poidan formular cuestións e tratar de resolver dificultades. O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas os estudantes poderán formular cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou tentar resolver calquera outra dificultade.
En particular, o alumnado deberá desenvolver un proxecto de investigación e/ou innovación co se que persegue a consecución dunha aprendizaxe de carácter práctico a través da que se propoñen situacións que requiren identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas.
Se as circunstancias o permiten, contemplarase a realización de saídas didácticas ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, que axuden a consolidar as aprendizaxes pretendidas na materia.
Parte 1: 50% da nota final.
A parte 1 avaliarase utilizando algúns dos seguintes mecanismos:
A) Proxecto de investigación e /ou innovación. Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese. Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
B) Presentación: O alumnado terá que facer a presentación e defensa dun traballo. Terase en conta a corrección na expresión, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que se formulen.
C) Aprendizaxe colaborativa: Considerarase a participación razoada nas actividades propostas e a aportación ás dinámicas de grupo, sempre que esta participación sexa habitual e continuada. O alumnado con exención de docencia deberá falar co profesorado da materia, dentro dos 15 días seguintes á concesión da exención, para concretar a alternativa de avaliación correspondente nese caso.
Parte 2: 50% da nota final.
D) Proba final. Consistirá nunha proba mixta teórico-práctica sobre os coñecementos abordados na materia.
Para superar a materia será necesario superar as dúas partes, 1 e 2.
OBSERVACIÓN: O profesorado poderá utilizar algún medio para garantir a autoría da proba final D), no caso de que esta sexa telemática, que poderá supoñer ata un 30% da porcentaxe da nota da parte 2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 21
Horas non presenciais/traballo autónomo: 53
Horas totais: 74
O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe. A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
Os traballos que se avalíen deberán seguir as pautas de adecuación, forma e corrección esixibles a un traballo académico. A estes efectos, poderán tomarse como referencia as pautas xerais establecidas para a elaboración do TFM, e necesariamente as indicacións concretas que se fagan no desenvolvemento da materia.
O alumnado con exención de docencia deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da exención, deberá falar coa/co docente da materia para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa ao apartado (C).
AVALIACIÓN
Parte 1: 50% da nota final.
A parte 1 avaliarase utilizando algúns dos seguintes mecanismos:
A) Proxecto de investigación e /ou innovación. Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese. Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
B) Presentación: O alumnado terá que facer a presentación e defensa dun traballo. Terase en conta a corrección na expresión, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que se formulen.
C) Aprendizaxe colaborativa: Considerarase a participación razoada nas actividades propostas e a aportación ás dinámicas de grupo, sempre que esta participación sexa habitual e continuada. O alumnado con exención de docencia deberá falar co profesorado da materia, dentro dos 15 días seguintes á concesión da exención, para concretar a alternativa de avaliación correspondente nese caso.
Parte 2: 50% da nota final.
D) Proba final. Consistirá nunha proba mixta teórico-práctica sobre os coñecementos abordados na materia.
Para superar a materia será necesario superar as dúas partes, 1 e 2.
OBSERVACIÓN: O profesorado poderá utilizar algún medio para garantir a autoría da proba final D), no caso de que esta sexa telemática, que poderá supoñer ata un 30% da porcentaxe da nota da parte 2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional).
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
Cristina Nuñez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- cristina.nunez.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Gonzalo Castiñeira Veiga
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- gonzalo.castineira.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
21.05.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
04.07.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |