Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer as diferentes metodoloxías de investigación e innovación no campo da didáctica das artes visuais
• Adquirir metodoloxías de investigación, innovación e acción docente baseadas nas artes visuais
• Analizar e valorar diferentes modelos de investigación e innovación docente baseadas nas artes visuais nos contextos formais e non-formais
• Liñas contemporáneas de investigación e innovación en didáctica das artes visuais: Definición, temáticas, estrutura, problemas e propostas.
• A investigación Educativa baseada nas Artes en Educación Infantil, Primaria e Secundaria, así como en museos e galerías de arte.
• Proxectos artísticos de investigación e innovación docente na didáctica das artes visuais.
BÁSICA:
ABAD MOLINA, Javier; PALACIOS GARRIDO, Alfredo (2008): “Escribir el lugar: collaborative projects in public spaces.” International Journal od Education through art. (4) 2, 195-206.
Blanco, V. / Cidrás, S. (2019) Educar a través da arte cara a unha escola imaxinada. Kalandraka
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de a mente. Paidós
MARIN VIADEL, Ricardo (coord.) (2005): Investigación en Educación Artística. Universidad de Granada.
COMPLEMENTARIA:
CARPENTER, B. S. ; TAVIN, K. M: (2010) “Drawing (past, present and future) together: a (graphic) look at the reconceptualization of art education.” Studies in Art Education. 51 (4) 327-352.
EISNER, E. (1972). Educar la visión artística. Paidós.
EISNER, E. W.; DAY, M. D.: (2004) Handbook of Research and Policy in Art Education. National Art Education Association y Lawrence Erlbaun, Nahwah
HERNÁNDEZ, F. (2008). La investigación basada en las artes. Propuestas para repensar la investigación en educación. Educatio siglo XXI, 26, 85-118.
HICKMAN, R. (ed.) (2008): Research in Art & Design Education. Issues and exemplars. Bristol, UK, Intellect.
MARÍN VIADEL, R. (2011). Las investigaciones en educación artística y las metodologías artísticas de investigación en educación: temas, tendencias y miradas. Educação, 34(03), 271-285.
MARÍN VIADEL, R.; ROLDÁN RAMÍREZ, J. (2010): “Photo essays and photographs in visual arts based educational research.” International Journal of Education through Art. 6 (1), 7-23.
NAEA [National Art Education Association] (2008): Creating a Visual Arts Education Research Agenda for the 21st Century: Encouraging Individual and Collaborative Research. (http://www.naea-reston.org/research/NAEA_Research_Agenda_December2008.p…) 01/09/2010.
UNESCO (2006): “Hoja de ruta para la Educación Artística. Conferencia Mundial sobre la Educación Artística: construir capacidades creativas para el siglo XXI.” (http://portal.unesco.org/culture/es/files/40000/12581058825Hoja_de_Ruta… Educaci%F3n_Art%EDstica.pdf/Hoja%2Bde%2BRuta%2Bpara%2Bla%2BEducaci%F3n%2BArt%EDstica.pdf) 10/09/2010.
www.unesco.org/culture/en/artseducation
RUBIO FERNÁNDEZ, A. (2018). Cuatro estrategias didácticas basadas en arte contemporáneo: El proceso educativo como obra de arte a través de Metodologías Artísticas de Enseñanza-Aprendizaje. ANIAV - Revista de Investigación en Artes Visuales. (3):67-79. https://doi.org/10.4995/aniav.2018.10116
Competencias Básicas:
• CB6-Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• CB9-Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
• CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
• G3-Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
• G4-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
• G6-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
• G8-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
Competencias específicas:
• E5-Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
• E6-Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
• E7-Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
• E9-Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
• E10-Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas
• E14-Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos
Competencias Transversais:
• T3-Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
• T6-Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
• T9-Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
• T10-Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
Lecturas e análise de documentos para a comprensión dos fenómenos propios da investigación educativa baseada nas artes.
Realizaranse as accións necesarias para sentar as bases dun posible proxecto de investigación/innovación educativa baseada nas artes.
Se os orzamentos o permiten, poderanse realizar saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación co profesorado doutras materias.
A Avaliación será continua e formativa. Avaliarase a proposta de traballo colaborativo cun máximo de 50%, os traballos presentados como resultado da análise de fontes documentais cun máximo de 35% e a participación na aula, nas prácticas de obradoiro, cun máximo de 15%.
As persoas con dispensa de asistencia presentarán os mesmos traballos para garantir a equidade e a igualdade de oportunidades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Respecto ao traballo do alumnado, ademais das orientacións que o profesorado dese a coñecer, aconséllase ver o apartado sobre recomendacións.
- Lectura de textos previa ás sesións.
- Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Maria Del Carmen Franco Vazquez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812015
- Correo electrónico
- carmen.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | - | (CAMPUS NORTE) - AULA 06 - PLÁSTICA |
23.05.2025 18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
30.06.2025 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |