Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área da lingua e a literatura estranxeira.
- Desenvolver os aspectos clave da formación inicial do profesorado de LE.
- Analizar criticamente o currículo de lingua e literatura estranxeira, as prácticas docentes e os materiais didácticos habituais.
- Formular propostas de investigación e innovación educativa en contextos escolares e extraescolares na área obxecto do estudo.
1. Formación inicial do profesorado de lingua estranxeira en infantil e primaria.
- Teorías sobre o Ensino de Linguas Estranxeiras.
- Desenvolvemento da competencia comunicativa en Lingua Estranxeira (Inglés/Francés).
- Coñecemento de materias, contexto escolar e práctico da aula.
2. A investigación en educación lingüística e literaria en lingua estranxeira.
- Conceptualización, características e paradigmas.
- Principais liñas e ámbitos de investigación.
3. Innovación para a mellora do proceso educativo en educación lingüística e literaria en lingua estranxeira.
- Conceptos fundamentais en innovación educativa.
- Modelos e tendencias.
- Análise de prácticas efectivas.
- Deseño de ferramentas e recursos de innovación.
Bibliografía básica:
Council of Europe (2001). The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge University Press.
Council of Europe (2020). Common European Framework of Reference for Languages: Learning, teaching, assessment – Companion volume. Council of Europe Publishing. [www.coe.int/lang-cefr]
Larsen-Freeman, D. (2000). Techniques and principles in language teaching. OUP
Bibliografía complementaria:
Enever, J. (2014). Primary English teacher education in Europe. ELT journal, 68(3), 231-242.
Chaudron, C. (2003). Data collection in SLA research. In The handbook of second language acquisition (pp. 762-828), Routledge.
Graves, K. (2016). Language curriculum design: Possibilities and realities. In The Routledge handbook of English language teaching (pp. 79-94). Routledge.
Hearn, I., Garcés Rodríguez, A., Arcos Checa, M., Laboria, G., Pérez Torres, I., Stephenson, J., ... & Serrano, M. V. (2003). Didáctica del inglés para primaria. Pearson Educación.
Madrid, D. (2004). TEFL in Primary Education. Editorial Universidad de Granada.
Mendoza Fillola, A. (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. HORSORI EDITORIAL - SEDLL - ICE.
Pishghadam, R., Zabetipour, M., & Aminzadeh, A. (2016). Examining emotions in English language learning classes: A case of EFL emotions. Issues in Educational Research, 26(3), 508-527.
Richards, J. C., & Rodgers, T. S. (1986). Approaches and methods in language teaching. Cambridge University Press.
Römer, U. (2011). Corpus research applications in second language teaching. Annual review of applied linguistics, 31, 205-225.
Ruiz-Cecilia, R., Guijarro-Ojeda, J. R., & Marín-Macías, C. (2020). Analysis of heteronormativity and gender roles in EFL textbooks. Sustainability, 13(1), 220.
Spratt, M., Pulverness, A., & Williams, M. (2011). The TKT course modules 1, 2 and 3. Cambridge University Press.
Vez Jeremías, J. M., Díaz Guillén, C., & Alario Trigueros, C. (2010). Didáctica de la lengua extranjera en educación infantil y primaria. Síntesis.
Buck Institute of Education
PBL Explained; https://www.pblworks.org/gold-standard-pbl-teaching-practices-videos
Project-Based Learning for Adult English Language Learners
Competencias xerais e básicas
G2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Competencias Específicas
E4 - Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas
E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E12 - Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E14 - Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
Competencias transversais
T1 - Capacidade de análise e síntese.
T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
Os contidos básicos da materia daranse a coñecer ao través das clases expositivas. Esta presentación complementarase coa realización de distintas actividades prácticas. A través delas preténdese que o alumnado chegue a comprender mellor a información ofertada e a profundar nos aspectos que forman parte dos fundamentos da materia.
Nas clases interactivas de grupo reducido empregarase o debate e a análise de fontes documentais e de casos concretos. Tamén ocupará un lugar destacado a elaboración de propostas didácticas propias e a exposición oral e o comentario por parte do alumno ou alumna de determinados temas. Nestas tarefas contará coas indicacións que se lle proporcionarán tanto dentro como fóra da aula.
O alumnado disporá dos materiais necesarios para seguir as sesións na aula virtual, na que tamén se entregarán os diferentes traballos individuais ou grupais que se realicen.
As titorías en grupo permitirán orientar ao alumno na súa aprendizaxe e, de xeito especial, no traballo persoal que deberá levarse a cabo ao longo do curso. Haberá titorías en grupo reducido e titorías individuais.
A cualificación do alumnado conformarase a partir de dous elementos complementarios:
(a) Actividades de aula e realización de traballos individuais ou grupais, portafolio e/ou presentacións orais: 50%
(b) Realización dunha proba final: 50%
Como parte principal da proba final espérase que o alumnado elabore unha proposta de investigación ou innovación docente relacionada cos contidos da materia. As actividades que constitúen o 50% restante incluirán tarefas que se realicen durante as sesións interactivas, tanto grupais como individuais, nas que se apliquen tendencias actuais na investigación e innovación na aula de lingua estranxeira. Así mesmo, incluirán a presentación oral ou a entrega de traballos nos que o alumnado reflexione sobre o aprendido e o aplique dun modo práctico. O profesorado que imparte esta materia dará as instrucións específicas sobre as distintas actividades que se realizarán.
O alumnado con dispensa ou exención académica e/ou que non cumpra unha asistencia do 80% ás sesións presenciais poderá realizar actividades individuais alternativas a aquelas que teñan lugar na aula.
A cualificación das actividades, traballos e presentacións do apartado (a) manterase na convocatoria extraordinaria.
A nota final obterase mediante a media das cualificacións obtidas en ámbolos dous casos, solicitándose en cadanseu unha nota igual ou superior ao 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Traballo presencial na aula
- Clases expositivas: 7,5 horas.
- Clases interactivas: 12 horas.
- Titorías en grupo mediano: 1,5 horas.
- Titorías en grupo pequeno: 3 horas.
Traballo persoal do alumno
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas.
- Escrita de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas.
- Programación/experimentación con medios técnicos: 10 horas.
- Preparación de debates e presentacións orais: 7,5 horas.
- Actividades de biblioteca, lecturas e pesquisas bibliográficas: 3,5 horas.
TOTAL VOLUME DE TRABALLO: 70 horas.
Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndase que o alumnado participe das seguintes actividades e actitudes:
(a) Asistencia activa e participativa.
(b) Lectura da bibliografía recomendada.
(c) Implicación nas actividades prácticas propostas.
(d) Reflexión sobre a importancia da investigación (proxecto de investigación).
Esta materia ten unha vinculación formal coas materias de AICLE e Investigación e innovación en didáctica das linguas iniciais e as súas literaturas. No primeiro caso, esta relación fundaméntase na lingua inglesa e francesa como obxecto e medio do ensino-aprendizaxe. No segundo lugar, os retos que a sociedade do S. XXI nos propón e o novo escenario educativo español fan que a didáctica e a metodoloxía do ensino de linguas presten atención a novos parámetros no eido curricular. A investigación, a innovación e o desenvolvemento dun currículo integrado son os piares que sustentan toda boa metodoloxía; achegando ao futuro profesorado de educación infantil e primaria coñecementos e habilidades básicas para a súa profesión, xunto con unha visión panorámica do ensino do inglés/francés como lingua estranxeira, dentro do marco educativo español.
1) Responsabilidade medioambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia compre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2) Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse máis información ao respecto na seguinte ligazón: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
3) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
5) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
6) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
7) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Paula Rodriguez Abruñeiras
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- ext.12077
- Correo electrónico
- paula.rodriguez.abruneiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
21.05.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
03.07.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |