Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área de linguaxe.
- Desenvolver os aspectos clave da formación inicial do profesorado de lingua e literatura.
- Analizar criticamente o currículo de Educación Infantil e Primaria para lingua e literatura galega e española, as prácticas docentes e os materiais didácticos habituais.
- Formular propostas de investigación e innovación educativa en contextos escolares e extraescolares.
1. Innovación para a mellora do proceso educativo en educación lingüística e literaria nas linguas española e galega
1.1. Conceptos fundamentais en innovación educativa
1.2. Modelos e tendencias
1.3. Análise de prácticas e recursos efectivos
1.4. Deseño de ferramentas e recursos de innovación
2. A investigación en educación lingüística e literaria
2.1. Conceptualización, características e paradigmas
2.2. Principais liñas e ámbitos de investigación
2.3. Deseño dunha investigación lingüística e literaria
Básica:
Bigas, M. y Correig, M. (eds.) (2001). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Madrid: Síntesis.
Flick, U. (2015). El diseño de la investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Mendoza, A. (2011). Didáctica de la Lengua y la Literatura para Primaria. Madrid: Pearson.
Complementaria:
Álvarez, T. (2013). Didáctica de la lengua para la formación de maestros. Barcelona: Octaedro.
Cassany, D. (2007). Enseñar lengua. Barcelona: Graó.
Cerrillo, P. (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria: hacia una nueva enseñanza de la literatura. Barcelona: Octaedro.
Díez de Ulzurrum Pausas, A. (coord.) (1999). El aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva constructivista. Barcelona: Graó.
Fernández Rial, R. (2016). Aulas sen paredes. Santiago de Compostela: Edicións Positivas.
González, M., Guillén, C. y Vez, J. M. (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
Jover, G. (2007). Un mundo por leer: educación, adolescentes y literatura. Barcelona: Octaedro.
Lomas, C. (2001). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós.
López, A. (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro.
López, A. y Encabo, E. (2004). Estrategias didácticas para la enseñanza de la lengua y la literatura. Murcia: DM.
López, P. y Calderón, L. (2004). Gramática y ortografía para Primaria. Madrid: Santillana.
Martín, R. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis.
Mendoza, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria. Málaga: Aljibe.
Moreno, V. (2008). Dale que dale a la lengua. Pamplona: Pamiela.
Navarro, E. (coord.) (2017). Fundamentos de la investigación y la innovación educativa. Logroño: UNIR.
Núñez, P. et al. (2011). La investigación en didáctica de la lengua y la literatura. Situación actual y perspectivas de futuro. Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura.
Solé, I. (1992). Estrategias de lectura. Barcelona: Graó.
Vez, J.M. (2009). Ámbitos de la investigación española en didáctica de las lenguas-culturas. Estudio de un caso. Lenguaje y textos, 29, 25-45.
Vilà, M. y Castellà, J. (2014). 10 ideas clave. Enseñar la competencia oral en clase. Aprender a hablar en público. Barcelona: Graó.
Revistas:
Aula de innovación educativa.
Lenguaje y textos.
Ocnos. Revista de Estudios sobre Lectura.
Revista Galega de Educación.
Revista Galega do Ensino.
Textos de Didáctica de la lengua y la literatura
Competencias Básicas e Xerais:
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dunha maneira clara e sen ambigüidade.
G1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G6. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais:
T1. Capacidade de análise e síntese.
T3. Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T6. Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T9. Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
T12 - Capacidade para comunicarse de maneira oral e por escrito en lingua galega.
Competencias Específicas:
E10. Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E12. Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
E13. Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E14. Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
E15. Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espíritu crítico, reflexivo e innovador.
E16. Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17. Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e de outra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
A metodoloxía docente partirá da realización dunha serie de actividades iniciais que achegarán información sobre os coñecementos previos do alumnado. En función destes articularanse sesións co grupo clase nas que se combinará a exposición por parte da docente dos principais contidos e conceptos básicos da materia con metodoloxías máis activas que partan da análise de fontes documentais ou propostas de innovación didáctica concretas que dean lugar a discusión, debate ou presentacións orais por parte do alumnado.
Así mesmo, en grupos máis reducidos potenciarase a aprendizaxe colaborativa a través de actividades relacionadas cos contidos abordados, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das competencias asociadas á materia, tanto as ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo, como as relacionadas co desenvolvemento de competencias transversais como a competencia lingüística nas linguas iniciais ou o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
A titoría individual ou en pequeno grupo permitirá unha atención máis personalizada tanto para a aclaración da información abordada co grupo clase, como de cara a unha axeitada orientación e supervisión das actividades propostas.
O uso da aula virtual será necesario para un adecuado aproveitamento dos contidos, pois o alumnado terá acceso a través dela a materiais e recursos que sustentarán ou complementarán as sesións presenciais. En consecuencia, é imprescindible que o alumnado empregue con normalidade a conta de correo institucional, para garantizar así que a comunicación co profesorado sexa efectiva.
Debido ao tipo de metodoloxía empregada, requírese a asistencia presencial ás clases interactivas, como mínimo nun 80%.
Para a avaliación da aprendizaxe do alumnado que asista ás aulas con regularidade empregaranse ao longo do curso varios instrumentos de avaliación con distinto peso no cómputo global:
1. Avaliación continua (contribución á cualificacion final dun 50%)
a. Asistencia, participación activa e colaborativa nas actividades que se organicen na aula. (10%)
b. Elaboración e presentación de traballos titorizados (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido). (40%)
2. Proba escrita (contribución á cualificaciónfinal 50%)
c. Proba escrita final (traballo ou exame) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas. (50%)
Na segunda oportunidade mantense o mesmo sistema de avaliación. En consecuencia, tan só se poderá recuperar a cualificación derivada da proba final, correspondente ao 50% da avaliación, e manterase a cualificación obtida na primeira oportunidade, resultado do proceso gradual de ensinanza-aprendizaxe realizado ao longo do cuadrimestre, sempre que se asistira e se participara regularmente na clase.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia terá un sistema de avaliación adaptado, polo que deberá poñerse en contacto coa docente ao inicio do cuadrimestre para acordar un plan de traballo. En todo caso, terá que facer unha proba final e/ou proxecto de investigación ou innovación que computará un 50% da cualificación final e unha serie de informes, traballos, producións escritas ou orais que computarán un 50 % na cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Trátase dunha materia de 3 créditos ECTS, equivalentes, por tanto, a un total de 75 horas, que se distribúen entre 9 horas de sesións expositivas, 12 de seminarios interactivos e 3 horas de titoría. Tendo en conta a metodoloxía de ensinanza empregada, o cómputo total de horas de traballo autónomo do alumnado e as horas presenciais na aula sería, de forma orientativa, a que segue a continuación:
Portafolios: 38.5 horas de traballo autónomo
Sesión maxistral: 5.8 horas presenciais
Análise de fontes documentais: 7.7 horas de traballo autónomo e 4.7 horas presenciais
Aprendizaxe colaborativa: 7.7 horas de traballo autónomo e 4.7 horas presenciais
Presentación oral: 5.8 horas presenciais
É moi conveniente a asistencia á clase e, sobre todo, a participación activa nas sesións presenciais, así como a revisión gradual dos contidos a medida que se van explicando na aula. Para isto é recomendable o correcto aproveitamento das titorías para solucionar dúbidas ou problemas de comprensión dos contidos da materia.
A planificación do tempo é fundamental, de maneira que non se acumulen as tarefas para o final do cuadrimestre e isto poida impedir a entrega nos prazos establecidos, pois o retraso nos mesmos levará consigo unha penalización na cualificación.
Así mesmo, é imprescindible a realización das actividades con rigor e respecto pola propiedade intelectual, pois o plaxio será motivo de suspenso na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO DO MÓBIL NA AULA:
- Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións da docente. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
CORREO ELECTRÓNICO
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
USO FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual.
COMUNICACIÓN DOCENTE-ESTUDANTADO
- O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, polo tanto enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo e en coherencia coa responsabilidade medioambiental colectiva, teranse en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados; imprimir a dúas caras en modo "aforro de tinta" e evitar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
Monserrat Pena Presas
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- montserrat.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
23.05.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
07.07.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |