Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social.
• relacionar teoría e práctica en contextos educativos reais, tanto no ámbito docente como investigador, aplicando un pensamento crítico, lóxico e creativo.
• Coñecer e analizar propostas educativas innovadoras, que polas súas características particulares, teñan un valor exemplarizanye.
• Ser capaz de recabar información en contextos de Educaión Infantil e/ou Primaria para a súa posterior análise e aplicación a proxectos de investigación e/ou innovación educativa.
• Proxectos de innovación aplicados en contextos escolares e non escolares
• Recursos para a investigación e a innovación en contexto: aplicación de métodos de recollida de información en situacións reais.
• Reflexión sobre a práctica observada como recurso para a investigación e a innovación en Educación Infantil e/ou Primaria.
• Avances recentes en investigación e innovación no contexto das Didácticas Específicas.
Só se inclúen referencias de carácter xeral; as específicas serán facilitadas polo profesorado titor:
Castro, M.M., et al. (2011): La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.
Elliot, J. (1994): La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Fernández, M. e Terrén, E. (coords) (2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.
Fernández, M., Souto X.M., Rodríguez, R. (2005): La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI
García, A. (coord.) (2006): Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.
González, M., Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
Meirieu, Ph. (2006): Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.
Meirieu, Ph. (2007): Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
Perrenoud, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
Pozo, J.I. (et al.) (2006: Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de profesores y alumnos. Barcelona: Graó.
Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
Russell, T. (2012): “Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo”. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13, 2012, 71 – 91. http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/45…
Santos, M. (2009) Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.
Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf
Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.
Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.
Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
Competencia Básicas:
• CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co a súa área de estudo.
• CB10-Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
• G4-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
• G7Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida.
Competencias específicas:
• E7-Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto na investigación como na innovación e a avaliación.
• E9-Ensaiar e avaliar propuestas de ensinanza disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover accións de mellora en relación cos resultados obtidos.
• E15-Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación coma na práctica docente, fomentando o espíritu crítico, reflexivo e innovador.
Competencias Transversais:
• T1-Capacidade de análise e síntese.
• T2-Capacidade de adaptación a situacións novas.
• T3-Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
• T5-Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
• T6-Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
• T7-Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/ou investigador.
• T8-Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
• T11-Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional col obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
• T13-Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
A metodoloxía docente do Practicum fundaméntase na participación activa do alumnado, procurando que o profesorado desempeñe con preferencia o papel de mediador e guía no proceso de construción de coñecementos e de reflexión sobre o proceso de ensinanza durante as prácticas externas.
Nas sesións co profesorado universitario levarase a cabo a presentación e discusión da materia, desde unha metodoloxía participativa e valorada a partir do traballo realizado polo alumnado, mediante a resulución de problemas, o desenvolvemento de experiencias e o estudo de casos. O traballo persoal do alumnado, tanto en grupo como individual, favorecerá a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
Nas prácticas externas procurarase a implicación do alumnado en procesos de ensinanza que lle permitan coñecer e analizar con sentido crítico contextos reais de Educación Infantil e/ou Primaria, para ser capaz de planificar estratexias de innovación docente e proxectos integrados de investigación. Neste proceso o alumnado demostrará unha perspectiva innovadora fundamentada na práctica reflexiva para a mellora da práctica docente.
A proposta da materia determina que o sistema de avaliación esté composto polos seguintes elementos:
A) Tarefas vencelladas co aprendizaxe da profesión docente avaliadas polo profesorado titor do centro educativo: 45%
b) Informe escrito e outras producións ("Memoria de Prácticas") avaliadas polo profesor supervisor universitario: 45%
c) Participación activa e realización de actividades nas sesións de preparación, seguimento e reflexión: 10%
A persoa titora da universidade será a responsable de avaliar.
No caso de ter máis dunha proposta para matrícula de honra, acadará a MH o estudante con mellor expediente no máster.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ademais do período de prácticas externas, no que o alumnado estará no centro educativo, estableceranse algunhas reunións as deberá asistir, tanto as convocadas pola coordinación do Máster como pola persoa titora asignada. Tamén deberá dedicar un tempo de traballo persoal á redacción da memoria.
O estudantado deberá realizar un período de prácticas externas en centros educativos. Para iso contarán con un/ha titor/a asignado/a entre o profesorado participante no Máster e un/ha titor/a do centro de ensino. Unha vez finalizado o período de Prácticas o alumnado deberá entregar unha memoria que será cualificada polo profesorado titor do Máster, que terá en conta o informe ou calificación do centro de ensino sobre a actividade desenvolvida. A superación da materia implicará alcanzar a lo menos a ponderación mínima en cada sistema de avaliación. A persoa titora do centro escolar será a responsable de avaliar a saída de campo desenvolvida.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos