Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Desenvolver procesos de aprendizaxe artística vencellados á fotografía contemporánea, incluíndo a lectura e interpretación de imaxes no seu contexto, a súa ideación, elaboración e exhibición.
- Experimentar distintos xéneros fotográficos contemporáneos: fotografía documental, retrato, collage e outros métodos híbridos.
- Desenvolver proxectos e estratexias artísticas implementables nas aulas de Educación Infantil e Primaria.
- Lectura e construción da imaxe fotográfica: control básico do dispositivo fotográfico para a elaboración de narrativas visuais efectivas e contemporáneas.
- Análise e creación de traballos fotográficos a partir da obra de autores que empregan a fotografía desde xéneros, conceptos e técnicas diversas.
- Creación dun proxecto fotográfico libre guiado.
Bibliografía básica:
Meiselas, S. (2020). Eyes Open. 23 Photography Projects for Curious Kids. Aperture.
Mesías-Lema, J.M. (2019). Educación Artísitica Sensible. Cartografía contemporánea para arteducadores. Graó.
Simmons, M. (2015). Cómo crear una fotografía. Gustavo Gili.
Sontag, S. (2008). Sobre la fotografía. Debolsillo.
Bibliografía complementaria:
Agra-Pardiñas, M.J. (2013). Historias entorno al arte y la educación artística: notas para un posible diario. USC.
Alphen, E. v. (2018). Escenificar el archivo. Arte y fotografía en la era de los nuevos medios. Universidad de Salamanca.
Barthes, R. (1994). La cámara lúcida. Nota sobre la fotografía. Paidós comunicación.
Belting, H. (2010). Antropología de la imagen. Katz.
Berger, J. (2001). Mirar. Gustavo Gili.
Dubois, P. (1986). El acto fotográfico. De la representación a la recepción. Paidós.
Escaño, C. (2019). Lo que no se ve no existe. Artes, imagen y educación para el desarrollo. UNED.
Fontcuberta, J. (2013). El beso de Judas. Fotografía y verdad. Gustavo Gili.
Jeffrey, I. (1999). La fotografía. Destino.
Raich Muñoz, L. (2014). Poética fotográfica. Casimiro.
Mesías-Lema, J.M. (2011). Autopsia Educativa. CGAI.
Meyerowitz, J. (2016). ¡Mirar! Guía para acercarse a la fotografía con Joel Meyerowitz. Gustavo Gili.
Momeñe, E. (2018). La visión fotográfica. Curso de fotografía para jóvenes fotógrafos. Afterphoto.
VV.AA. (1995). A fotografía na arte contemporánea. CGAC. Xunta de Galicia.
VV.AA. (1997). Indiferencia y singularidad. La fotografía en el pensamiento artístico contemporáneo. MACBA.
Zunzunegui, S. (1995). Pensar la imagen. Cátedra.
Xerais e básicas:
G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6 - Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Transversais:
T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e
comunicación de resultados.
T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
Sesións expositivas temáticas nas que se analizan e debaten os conceptos fundamentais para o desenvolvemento dos proxectos prácticos, tratando de poñer ao alumnado en contacto con obras, autores/as e xéneros fotográficos contemporáneos.
As sesións interactivas estarán focalizadas na realización de prácticas experimentais progresivas que favorezan a expresividade e creatividade da narrativa visual.
Ocasionalmente poden facerse saídas para visitar exposicións ou propostas artísticas que sexan de interese para a materia.
Apartado nº1: Traballos/actividades/tarefas/informes escritos. Os diferentes traballos que se desenvolvan especificaranse en cada tema. (70% da nota final).
Apartado nº2: Participación e implicación nas tarefas e proxectos obrigatorios e opcionais. (15% da nota final)
Apartado nº3: Participación nos debates a partir da documentación facilitada na aula. (15% da nota final).
A) OPORTUNIDADE ORDINARIA
Para superar a materia é necesario obter unha cualificación media de aprobado en cada apartado e facer entrega da totalidade dos traballos. Nos casos que, por causa xustificada, non sexa posible a entrega dalgún traballo, este poderá ser substituído por outro alternativo de esixencia similar.
B) OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (RECUPERACIÓN), MESMO CURSO ACADÉMICO
Deberán entregarse aqueles traballos cualificados como non aptos ou non presentados na convocatoria ordinaria. Aquelas tarefas que foron cualificadas positivamente na primeira oportunidade conservarán a nota.
Apartados 2º e 3º: o alumnado que superase ou participara suficientemente durante as sesións de aula conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse do mesmo. No caso contrario, o alumnado deberá realizar un traballo teórico/práctico que será exposto e defendido para esta oportunidade. As normas e instrucións para desenvolver o mesmo solicitaranse persoalmente ao profesorado da materia nun prazo non superior a 30 días antes da data do exame
C) SISTEMA DE AVALIACIÓN DAS APRENDIZAXES EN CASOS EXCEPCIONAIS
ASISTENCIA A CLASE E FALTAS XUSTIFICADAS
Para avaliar o apartado nº 3 “participación nos debates na aula” é necesario que o alumnado asista a un mínimo do 80% das sesións exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas tal e como sinala a normativa de asistencia a clase.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
O alumnado poderá solicitar dispensa de asistencia a clase tal e como sinala a instrución nº1/2017, da Secretaría Xeral tanto nas sesións expositivas como interactivas. O alumnado poderá examinarse tanto na oportunidade ordinaria como extraordinaria mediante a entrega de traballos adaptados á situación particular do alumno, acordado antes da data de inicio da materia ou, no seu caso, inmediatamente despois de ter recoñecida a dispensa.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario non conservando ningunha cualificación obtida en convocatorias anteriores. En todo caso, o alumnado poderá acollerse a dispensa de asistencia a clase, podendo examinarse tanto na oportunidade ordinaria como extraordinaria mediante a entrega de traballos adaptados á situación particular do alumno, acordado antes da data de inicio da materia ou, no seu caso, inmediatamente despois de ter recoñecida a dispensa.
NOTA:
Os traballos individuais e/ou grupais deberán de ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo non presencial do alumnado: 54 horas
- Traballo tutelado e análise de documentais: 37h
- Aprendizaxe colaborativo: 7h
- Traballo individual: redacción de traballos, preparación de presentacións orais: 10 horas.
- A asistencia a clase é moi recomendable para un aproveitamento axeitado da materia.
- Ter curiosidade e interese pola experimentación en linguaxes visuais.
- Non é necesario ter coñecementos previos sobre fotografía pero si unha actitude aberta e disposta a aprender.
- Participar activamente nos debates e propostas.
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Guillermo Francisco Calviño Santos
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- guillermo.calvino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 06 - PLÁSTICA |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 06 - PLÁSTICA |
26.05.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
02.07.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |