Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 205.5 Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Traballo de fin de máster (TFM) consiste na elaboración e defensa dun traballo académico que sintetice o conxunto de competencias desenvolvidas no Mestrado e no que se integren aprendizaxes dos seus módulos formativos -singularmente do Prácticum- e un traballo de investigación ligado ao exercicio docente na especialidade correspondente.
Os seus obxectivos son:
- Establecer unha investigación/innovación en Educación Infantil e/ou Primaria no ámbito das didácticas específicas, desenvolvidad con datos empíricos.
- Recoñecer a investigación no ámbito das didácticas específicas como unha ferramenta de innovación e mellora educativa e social.
- Deseño dun proxecto de investigación/innovación para a Educación Infantil e/ou Primaria.
- Desenvolvemento do proxecto para a obtención de datos empíricos e conclusións.
- Presentación oral e escrita e defensa do traballo realizado.
A bibliografía utilizada quedará determinada polo propio TFM, polas orientacións do director/a do mesmo e pola busca bibliográfica do alumnado.
Competencias Básicas
• GB6-Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas nun contexto de investigación.
• GB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co a súa área de estudo;
• GB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
• GB9-Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
• GB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
• G1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
• G4-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
• G5-Entendela importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
• G6-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
• G7-Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida.
• G8-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Específicas
• E5-Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
• E6-Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
• E8-Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
• E10-Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
• E12-Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
• E15 - Identificar criterios de calidadE e control tanto na investigación coma na práctica docente, fomentando o espíritu crítico,
reflexivo e innovador.
• E16-Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
• E18-Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
Competencias Transversais:
• T1-Capacidade de análise e síntese.
• T2-Capacidade de adaptación a situacións novas.
• T3-Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
• T5-Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
• T6-Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
• T7-Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/ou investigador.
• T8-Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
• T9-Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, o análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
• T10-Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
• T11-Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional col obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
• T13-Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Na elaboración e defensa do Traballo de fin de máster distínguense varias fases. A súa explicación detallada aparece na Guía do TFM.
Todo o proceso será orientado polo director/a do TFM, de acordo coas indicacións que se establecen na dita Guía, e que recollerá necesariamente: análise de fontes documentais, realización dun proxecto de investigación tutelado e unha presentación oral.
As fases e as tarefas asociadas a cada unha son, de maneira sintética, as seguintes:
1.- Fase de preparación:
- Asignación do profesor/a do Máster que se encargará da titorización e dirección.
- Selección do tema, problema ou suposto no que se vai centrar o traballo.
- Planificación: selección da metodoloxía, poboación, corpus..., e do soporte bibliográfico ou das fontes de información que proceda.
2.- Fase de elaboración:
- Indagación sobre o tema, suposto ou problema educativo: busca de información bibliográfica, aplicación de instrumentos de indagación, etc.
- Tratamento e análise da información obtida, relación con outros traballos previos, etc.
- Textualización de acordo coa estrutura e os requisitos formais propios dun traballo académico.
3.- Fase de defensa:
- Preparación: elaboración de guión da presentación e dos apoios tecnolóxicos necesarios.
- Presentación e defensa diante da comisión avaliadora.
Entre a fase de preparación e a de elaboración, o alumnado deberá presentar ante o seu director/a unha listaxe inicial de bibliografía consultada e a redacción dalgún epígrafe do marco teórico.
Comité de Ética:
Tal e como se recolle na Resolución Reitoral 4/2021, sobre propostas de traballos académicos do tipo proxecto de investigación e/ou intervención con seres humanos, as súas mostras e os seus datos, o alumnado que opte pola modalidade de investigación para a elaboración do TFM, deberá contar coa autorización do Comité de Ética da USC para poder recoller os datos precisos para a elaboración do traballo.
A solicitude realizarase a través do/a profesor/a titor/a, que remitirá ao Decanato toda a información necesaria (formulario de solicitude oficial, consentimento informado, declaración responsable e compromiso de confidencialidade, etc.) para o Comité de Ética da Facultade, que revisará e tramitará o informe positivo para enviar ao Comité de Ética da USC, que é quen emite a autorización definitiva que o alumnado debe presentar no centro e/ou ás persoas para recoller os datos para o TFM.
Para poder defender o TFM na modalidade de investigación, onde polas súas características necesita a autorización do Comité de Ética da USC, é necesario contar con esta autorización, que se engadirá ao documento final que o alumnado debe subir á súa Secretaría Virtual no momento de depositar o TFM.
As Comisións de avaliación emitirán a cualificación obtida por cada TFM, que será a media aritmética das emitidas polos seus tres membros, utilizando unha escala de 0 a 10.
As Comisións avaliadoras que consideren que algún TFM con cualificación superior a 9 é merecedor de Matrícula de Honra deberán presentar unha proposta na coordinación do Máster. Se o número de traballos propostos é igual ou inferior ao autorizado, a distinción concederáselles a todos; se é superior, a asignación farase de acordo cos criterios establecidos pola Comisión Académica do Máster.
Será obrigatoria a presentación dunha bibliografía inicial e unha parte sustancial do marco teórico ante o director/a na segunda quincena do mes de febreiro.
Os criterios básicos para a avaliación dos traballos seguirán o cumprimento dos apartados sinalados na "Guía do TFM".
Para presentar este traballo, que remata as ensinanzas do master, hai que ter aprobadas todas as materias da titulación. O TFM conclúe coa defensa pública ante un tribunal.
No caso de haber mais dunha proposta para matrícula de honra, acadará a MH o estudante con mellor expediente no máster.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O TFM é unha materia de 9 ECTS, que se distribúen en sesións de traballo presencial co director/a do TFM ao longo de todo o proceso e de traballo individual do alumnado organizado arredor das fases e tarefas que se indican no apartado "Metodoloxía de ensinanza" deste Programa.
1.- Para presentar o TFM é necesario ter superados todos os demais créditos do Máster.
A matrícula dá dereito a unha convocatoria, podendo escoller os estudantes entre a de xullo e a de setembro. Haberá tamén unha convocatoria a finais do primeiro semestre (febreiro), pero só para alumnado de cursos anteriores e que só teña esta materia pendente.
2.- En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos