Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia son:
· Introducir ao alumno nas Infraestruturas de Datos Espaciais (IDEs), os seus principios, compoñentes e normativa.
· Introducir aos alumnos nas tecnoloxías web e coñecer as linguaxes e arquitecturas relacionadas a Información Xeográfica.
· Coñecer a información xeográfica de referencia, a cartografía na internet, os metadatos, os catálogos e as súas normas.
· Coñecer os Xeoservicios e proporcionar aos estudantes as habilidades para utilizar os servizos dunha IDE. Crear e xestionar os seus propios xeoservicios e compartir a información xeográfica.
· Coñecer as aplicacións das IDES, no ámbito da información territorial, a planificación e xestión do territorio.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
· Conceptos básicos das IDE e a información xeográfica na internet: Actores, políticas, tecnoloxías e normativas nunha IDE.
· Os servizos web de información xeográfica: visualización, descarga, procesamento e localización.
· Os servidores de mapas e información xeográfica: catálogos, dicionarios e metadatos .
· A creación e xestión de xeoservicios web para a planificación e xestión do territorio.
Estes contidos configuran o programa teórico e práctico da materia, que se desenvolverá de acordo aos seguintes programas teórico e práctico (A continuación do título indícase o tempo estimado de dedicación, tanto presencial como de traballo e/ou estudo individual do estudante, estes tempos son indicativos e poderán variar lixeiramente, en función da dinámica do grupo e do propio estudante):
PROGRAMA TEÓRICO:
· Tema 1. Introdución ás IDE. Conceptos básicos das IDE e da información xeográfica na internet: Actores, políticas, tecnoloxías, marco regulatorio e normativas IDE. Nodos IDE (Tempo presencial: 1 horas. Tempo de traballo individual: 2 horas)
· Tema 2. Tecnoloxías web e linguaxes de información xeográfica. Visualizadores e clientes (Tempo presencial: 2 horas. Tempo de traballo individual: 3 horas)
· Tema 3. Os servizos web de información xeográfica: visualización, descarga, procesamento e localización. Estándares (OGC, INSPIRE), Directrices Técnicas e Guías de implementación (Tempo presencial: 2 horas. Tempo de traballo individual: 4 horas)
· Tema 3. Os servidores de mapas e información xeográfica: catálogos, dicionarios e metadatos (Tempo presencial: 2 horas. Tempo de traballo individual: 3 horas)
· Tema 4. A creación e xestión de xeoservicios web para a planificación e xestión do territorio. Aplicacións e nodos IDE no ámbito da información territorial, a planificación e xestión do territorio (Tempo presencial: 2 horas. Tempo de traballo individual: 3 horas)
PROGRAMA PRÁCTICO:
· Práctica 1. Localización, acceso e visualización de datos xeográficos públicos para a planificación e xestión do territorio. (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 6 horas)
· Práctica 2. Estrutura de documentos XML e creación de metadatos de información xeográfica (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 6 horas)
· Práctica 3. Manexo de servizos de visualización e descargar para a planificación e xestión do territorio. (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 6 horas)
· Práctica 4. Implementación dun servizo de visualización e construción dun cliente web para a planificación e xestión do territorio. (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 6 horas)
Os contidos prácticos desenvólvense en clases interactivas nas cales se profunda e poñen en práctica os contidos teóricos anteriores, unha vez finalizada a súa exposición teórica. Ademais, os alumnos realizarán un TRABALLO individual onde analizarán un nodo IDE para a planificación e xestión do territorio a nivel local, provincial ou autonómico. (Tempo de traballo individual: 12 horas).
Bibliografía básica
• Iniesto, M., Nuñez, A. et al. (2014). Introducción a las Infraestructuras de datos espaciales. Ed. Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG) (http://www.ign.es/ign/layoutIn/libDigitalesPublicaciones.do)
• Especificaciones del Open Geospatial Consortium (OGC). (http://www.opengeospatial.org/standards/is)
• INSPIRE. Directive 2007/2/EC of the European Parliament and of the Council of 14 March 2007 establishing an Infrastructure for Spatial Information in the European Community.( http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2007:108:000…)
Bibliografía complementaria
• Blake, L., Olaya, V. (2011). Metadatos. Sistemas de Información Geográfica de Olaya, V. Capítulo 31. (http://wiki.osgeo.org/wiki/Libro_SIG)
• Crompvoets, J., Rajabifard, A., Van Loenen,B., Delgado Fernández, T. (2008). A Multi-View Framework to Assess Spatial Data Infrastructures. Ed. Space for Geo-Information (RGI), Wageningen University and Centre for SDIs and Land Administration, Department of Geomatics, The University of Melbourne. (http://www.csdila.unimelb.edu.au/publication/books/mvfasdi.html)
• Infraestructura de Datos de Espaciales de España. (http://www.idee.es/web/guest/inicio)
• Infrastructure for Spatial Information in the European Community (INSPIRE): http://inspire.jrc.ec.europa.eu/#
• International Journal of Spatial Data Infrastructures Research (http://ies.jrc.ec.europa.eu/SDI/resources/ijsdir-onlinejournal.html)
• Jornadas Ibéricas IDE (https://www.idee.es/web/guest/jornadas)
• Normas ISO/TC 211. (http://www.isotc211.org/Outreach/Overview/Overview.htm)
• Olaya, V., Turton, I. (2011) Estándares Sistemas de Información Geográfica de Olaya, V. Capítulo 31.(http://wiki.osgeo.org/wiki/Libro_SIG)
• Valencia, J. (2012). Pasado, presente y futuro de las IDE. Ed. Bubok, 2012. (http://blogidee.blogspot.com.es/2012/02/pasado-presente-y-futuro-de-las…
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CG01 - Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para o sobre problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG03 - Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes integrala en bases de datos espaciais.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan, a públicos especializados e non especializados, dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de procura e selección de información.
CT03 - Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo.
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE05 - Formación para extraer analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental
CE08 - Coñecer as técnicas ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.)
· Clases teóricas/ Sesión maxistral (Competencias: CG01, CT04, CE05 e CE08). O profesor explicará os contidos teóricos do programa teórico da materia.
· Clases prácticas/ Prácticas explicadas a través de TIC (Competencias: CG03, CB7, CB9, CB10, CT04, CE05 e CE08). O alumno realizará as prácticas, aplicando o guión elaborado polo profesor, e entregará os resultados correspondentes en forma de memoria breve.
· Traballos tutelados (Competencias: CG01, CB9, CB10, CT01, CT04 e CE05). O alumno deberá realizar un traballo individual relacionado cos contidos da materia cuxo obxectivo será demostrar o dominio dos contidos teóricos e prácticos adquiridos.
· Exposición de traballos (Competencias: CB9 e CT03). O alumno preparará e realizará unha presentación do traballo individual realizado. O profesor revisará a exposición en clase de cada traballo.
· Titorías. O profesor estará dispoñible para a resolución de dúbidas na realización de traballos e prácticas.
Os coñecementos e competencias serán avaliados por un sistema baseado en probas, avaliación continua e a realización dun traballo individual. De tal xeito que os aspectos a avaliar e a correspondente ponderación na nota final serán os seguintes:
· Seguimento continuado da asistencia e participación activa en clase (10%), Competencias: CB7, CB9 e CB10..
· Realización das prácticas propostas (40%), Competencias: CG01, CG03, CB7, CB9, CB10, CT04, CE05 e CE08.
· Probas de avaliación (25%). Competencias: CT04, CE05 e CE08.
· Elaboración e presentación do traballo individual (25%), Competencias: CG01, CB9, CB10, CT01, CT03, CT04 e CE05.
As prácticas teñen carácter obrigatorio e non se gardará a nota durante cursos consecutivos.
El sistema descrito de evaluación será el empleado tanto en la oportunidad ordinaria como en la extraordinaria de recuperación.
Os requisitos necesarios para aprobar serán os mesmos para os estudantes de primeira matrícula que para os repetidores.
A cualificación mínima para superar a materia será de 5 puntos.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Respecto ao plaxio e o uso indebido das tecnoloxías e importante salientar que: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A continuación indícase o tempo que cada estudante debe de adicar ás diferentes actividades de aprendizaxe (Horas presenciais; horas de traballo persoal):
· Clases teóricas: 9; 15 h.
· Clases prácticas: 12; 24 h.
· Traballo Tutelado: 0; 12 h.
· Titorías: 3; 0 h.
· Total: 24; 51 h.
Coñecementos previos de informática básica como usuario e paquetes de oficina.
Asistencia ás clases expositivas e charlas. As clases prácticas son obrigatorias.
Estudo continuado da materia
Asistencia ás titorías individuais ou en grupo reducido para discutir, comentar e resolver calquera dúbida
A materia tamén utiliza a USC virtual: https://cv.usc.es/
María José Iniesto Alba
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mariaj.iniesto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador