Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia buscará favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
- Desenvolver competencias para a análise do contexto escolar e extraescolar onde ten lugar a inclusión.
- Coñecer como impulsar, coordinar e apoiar a labor de diferentes profesionais na atención á diversidade.
- Promover e potenciar o funcionamento dos diferentes centros educativos en relación á diversidade.
- Deseñar, aplicar e avaliar programas educativos/formativos adaptados a diferentes suxeitos segundo aptitude, intereses, historia previa.
- Deseñar e promover programas que faciliten a atención e inclusión da diversidade de persoas presentes no contexto escolar e extraescolar.
- Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a inclusión, a interculturalidade, a garantía de oportunidades para diferentes sexo-xéneros, etc.
- Aplicar técnicas de detección de factores de exclusión e discriminación que dificultan a inserción social e laboral de suxeitos e colectivos.
Para a consecución dos obxectivos da materia, propóñense os seguintes contidos:
- Contexto socio-educativo e atención á diversidade: a inclusión como referente para evitar desigualdades e deseñar actuacións de atención á diversidade no contexto educativo; conceptos e clasificacións; intervención en contextos de inclusión; liñas de investigación no ámbito das NEAE.
- Atención en altas capacidades: conceptualización; diagnóstico de necesidades; resposta educativa/formativa.
- Outras diversidades: étnicas, culturais, sexo-xenéricas, afectivas e relacionais e a súa consideración nos contextos educativos e formativos.
- TIC para a inclusión.
A. Bibliografía básica
Artiles, C., Jiménez, J., Rodriguez, C., & Garcia, E. (2013). Necesidades específicas de apoyo educativo derivadas de AA CC intelectuales: identificación e intervención temprana. Revista de Psicología y Educación, 8(2), 135-154.
Elices, J., Palazuelo, M. & Del Caño (2013). Alumnos con AA CC Intelectuales. CEPE.
Fernández de la Iglesia, J. C., Fiuza Asorey, M. J., & Zabalza Cerdeiriña, M. A. (2013). A propósito de cómo analizar las barreras a la inclusión desde la comunidad educativa. Revista de Investigación en Educación, 11(3), 172-191.
Marín Suelves, D. & Fajardo Bravo, I. (2018) (Coord.). Intervención psicoeducativa en alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo. Tirant Humanidades.
B. Bibliografía complementaria
Brody, L (2015). El estudio de Julián C. Stanley sobre talento excepcional: Una aproximación personalizada para dar respuesta a las necesidades de los estudiantes con AA CC. Revista de Educación, 368, 174-195.
Campo, E. (2021). IE, resiliencia, mujeres y otras cuestiones a considerar en la dotación intelectual, en las altas capacidades. International Journal of Developmental and Educational Psychology: INFAD. Revista de Psicología, 1(2), 275-280. https://doi.org/10.17060/ijodaep.2021.n2.v1.2181.
Fernández Menor, I., & Parrilla Latas, Ángeles. (2021). Apuntes para la lucha contra la exclusión desde la comunidad socio-educativa. Revista Prisma Social, (33), 183–201. https://revistaprismasocial.es/article/view/4261
Freeman, J. (2015). Por qué algunos niños con AA CC son notablemente más exitosos en la vida que otros con iguales oportunidades y habilidad. Revista de Educación, 368, 255-278.
Gagné, F. (2015). De los genes al talento: la perspectiva DMGT/CMTD. Revista de educación, 368, 12-39.
Gómez Mas de Vall, M. T., & Mir Costa, V. (2011). Altas capacidades en niños y niñas: detección, identificación e integración en la escuela y en la familia. Narcea.
López Garzón, J.C. (2012). Didáctica para alumnos con altas capacidades. Síntesis.
Martínez, M. & Guirado, A. (2012). AA CC intelectuales: Pautas de actuación, orientación, intervención y evaluación en el período escolar. Graó.
Pérez, M. A. (2017). Aulas inclusivas: experiencias prácticas. Altamira.
Pichardo, J.I. (2020) Somos diversidad. Actividades para la formación de profesionales de la educación en diversidad sexual, familiar, corporal y de expresión e identidad de género. Instituto de la Juventud de España, Madrid.
Pichardo, J.I. (2019). Guía ADIM LGBT+. Inclusión de la diversidad sexual y de identidad de género en empresas y organizaciones. Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, Madrid. Traducción al inglés y portugués.
Renzulli, J.y Reis, S. (2016). Enriqueciendo el currículo para todo el alumnado. Ápeiron.
Sastre, S. (2014). Intervención psicoeducativa en la alta capacidad: funcionamiento intelectual y enriquecimiento extracurricular. Revista Neurol, 58, 89-98.
Sánchez Dauder, M. (2019). Las altas capacidades en la escuela inclusiva. Estrategias y recursos. Almoraima: revista de estudios campogibraltareños, 50, 215-222.
Tourón, J. (2020). Las Altas Capacidades en el sistema educativo español: reflexiones sobre el concepto y la identificación. Revista de Investigación Educativa, 38(1), 15-32. http://dx.doi.org/10.6018/rie.38.1.396781.
Van Tassel-Baska (2015). La diferenciación en acción: el Modelo de Currículo Integrado. Revista de Educación, 368, 232-254.
COMPETENCIAS XERAIS
X2. - Presentar e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creative).
X3. - Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional
X4. - Organizar e xestionar a utilización y o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
X6. - Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
X7. - Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
X8. - Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
X9. - Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e as persoas.
X10. - Saber situarse asimilando rapidamente conceptos, ideas e experiencias dándolle un carácter persoal ao aprendido, o que supón curiosidade por saber sobre temas novos e utilizar estratexias para ampliar o coñecemento.
X11. - Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
X12. - Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B6. - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7. - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8. - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9. - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10. - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E4. - Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
E8. - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
E10. - Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
E13. - Deseñar materiais didácticos e contornos formativos en rede axustados ás características dos suxeitos e os contextos nos que van ser aplicados.
E14. - Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación aos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, calidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que de dita detección se derivara.
E15. - Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
A metodoloxía proposta integra dous elementos fundamentais para o correcto desenvolvemento da materia: teoría e práctica. Así, combinaranse sesións de carácter teórico-expositivo e sesións de carácter interactivo que contribúan á posta en práctica dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado en tarefas concretas que permitan a reflexión persoal, a análise, a creación propia, o descubrimento ou a busca de información, entre outros aspectos. Asemade, o traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do alumnado fora da aula.
As sesións expositivas desenvolveranse na aula ou en liña, segundo o caso, e incluirán diversas actividades:
- Exposicións por parte do profesorado sobre os contidos.
- Exposicións por parte do alumnado de actividades formativas realizadas de xeito autónomo, -mapas conceptuais, análise/comentarios de texto, análise de vídeo, entre outros.-.
- Discusións sobre os contidos do tema.
As sesións interactivas servirán para o desenvolvemento de actividades prácticas, -individuais e grupais-, tanto dentro da aula como durante as sesións en liña. Procurarase así o traballo en grupo e a aprendizaxe cooperativa.
*Os grupos de traballo serán conformados e reformados polo alumnado no desenvolvemento da materia, en función das particularidades de cada proposta de traballo.
É importante sinalar que las actividades terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia, ademais da coordinación coas materias do semestre.
No que respecta ao traballo autónomo fora da aula, concretarase en diversas actividades de aprendizaxe que se irán especificando. Ditas actividades deberán entregarse, en prazo e forma, a través da Aula Virtual ou ben no formato que indique o profesorado, se fose pertinente outro tipo de soporte.
Así, cómpre indicar que o uso da Aula Virtual será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta esencial a través da que acceder aos recursos e para a comunicación.
O 40% da materia realizarase de maneira non presencial, a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación individual e/ou en grupo a través de foros onde se analizarán temas de interese e actividades específicas que complementen os contidos impartidos nas sesións. Cando se requira, será imprescindible activar a cámara e o micrófono.
Ademais, serán fundamentais as titorías de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams. En calquera caso, salvo excepcións previamente acordadas, levaranse a cabo no horario do profesorado sinalado na páxina web da Universidade.
Deberá empregarse o correo electrónico da USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-, polo que será imprescindible que estea activo ao inicio da materia.
Por último, recordar que a USC é unha Universidade presencial, así que a asistencia ás sesións de aula é obrigatoria. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar a dispensa de docencia. O alumnado con dispensa de docencia debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
A modalidade de avaliación da materia é a avaliación continua formativa, que será de aplicación para todo o alumnado, incluído o alumnado con dispensa de asistencia á clase; contempla o emprego de diversos instrumentos, normas e circunstancias que se detallan a continuación:
1. Instrumentos de avaliación
1.A. Informes escritos e outras producións a partir das actividades propostas, presencial ou virtualmente.
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 50%, -5 puntos-. Máximo 5 puntos e mínimo 2,5 puntos (imprescindibles para proceder co sumatorio entre as diferentes partes).
Realización: en grupos ou individualmente, segundo indique o profesorado en cada caso.
1.B. Traballo final
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 50%, 5 puntos-. Máximo 5 puntos e mínimo 2,5 puntos (imprescindibles para proceder co sumatorio entre as diferentes partes).
Realización: en grupos ou individualmente, segundo indique o profesorado en cada caso.
Criterios xerais de avaliación, tanto no caso dos informes escritos, actividades ou traballo final:
- Axustarse ás directrices aportadas polo profesorado en canto a forma, contido e aspectos formais.
- Cumprir cos prazos de entrega establecidos.
- Claridade expositiva e coherencia na redacción dos contidos tratados.
- Empregar unha linguaxe de calidade e unha expresión inclusiva e sen erros de sintaxe.
- Rigor científico na presentación dos contidos, -citas bibliográficas e referencias empregadas debidamente recollidas-.
2. Normativa e condicións da avaliación
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Cualificación mínima: establécese unha puntuación mínima de 5 puntos para obter o aprobado na materia. Esta puntuación debe obterse a partir da puntuación mínima concretada nas epígrafes 1.A, -informes escritos e outras producións-, e 1.B, -traballo final-.
- Para superar e acadar unha valoración positiva na materia, tendo en conta que se establece unha avaliación continua, será preciso realizar e entregar en prazo todas as actividades de avaliación requiridas, ademais de superar cada unha delas. Se non se entregan todas as actividades propostas a cualificación da materia será a de “suspenso”.
- Os traballos individuais ou grupais do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado total ou parcialmente suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. Nestes casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a normativa de avaliación do rendemento do alumnado e de revisión de cualificacións.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto, de ser o caso, nas actividades programadas de forma coordinada que impliquen a outras materias ou a participación en proxectos de innovación.
- Asistencia: controlarase a asistencia ás sesións presenciais, -aulas expositivas, interactivas e virtuais-.
A asistencia terá unha incidencia directa na avaliación continua, polo que se deben ter en conta as seguintes diferentes situacións:
- Asistencia a un 80% ou máis das sesións presenciais: é preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións presenciais, ademais de implicarse activamente nas actividades que se soliciten.
- Alumnado que asista a menos do 80% das sesións presenciais: o alumnado con ausencias superiores ao 20% do total das sesións presenciais por razóns xustificadas ou non xustificadas deberán continuar o traballo de xeito individual.
*Segundo o caso, deberán realizar un traballo complementario de lectura e reflexión dunha serie de textos propostos polo profesorado.
- Alumnado con dispensa de asistencia a clase: o alumnado que solicite a dispensa e lle sexa concedida, deberá informar ao profesorado desta situación no prazo máximo dunha semana desde a concesión. As actividades e traballos a realizar serán semellantes ás do alumnado asistente, modificándose, segundo o caso, o seu carácter individual-grupal, ou algún outro elemento.
- Alumnado con NEAE: o alumnado que presente calquera tipo de necesidade específica de apoio educativo, sexa esta permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC (www.usc.es/gl/servizos/sepiu), e informar do seu caso ao profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de poder acordar o plan de traballo e as adaptacións e apoios oportunos para un adecuado seguimento da materia.
3. Indicacións sobre as actividades e o traballo final
As actividades resoltas que se entreguen ao profesorado para a súa valoración deberán cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:
- Estrutura: a non ser que se indique o contrario, todo traballo debe constar de portada, índice, introdución, corpo do traballo debidamente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias e, de ser o caso, anexos.
- Calidade lingüística: sintaxe e linguaxe inclusiva.
- Referencias e citación adecuada das fontes bibliográficas. Realización adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto, seguindo a normativa APA; Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: http:/ www.apastyle.org.
- Orixinalidade: o plaxio, total ou parcial, dun traballo será motivo de suspenso. Cando se trate dun traballo en grupo, a cualificación será extensible a todos os membros do grupo.
4. Recuperación da materia
- O alumnado que non supere a materia no período ordinario, -primeira oportunidade-, terá unha segunda oportunidade de avaliación en xullo. Así, o alumnado que se atope nesta situación deberá acudir a titoría unha vez feitas públicas as cualificacións para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación nesa segunda oportunidade.
- As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtiveran unha cualificación positiva manterán esta cualificación para a convocatoria de xullo. Porén, aquel alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas mesmas será avaliado, nesta convocatoria de xullo, a través dunha proba escrita que representará o 100% da cualificación.
- Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores; é dicir, alumnado repetidor. O alumnado que se atope nesta situación deberá asistir a unha titoría dentro das dúas primeiras semanas do semestre para concretar coa profesora un plan de traballo específico, tendo en conta as circunstancias e condicións da súa situación.
- As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manterán en cursos posteriores. O alumnado que repita, ou que non se presentara en convocatorias anteriores, será avaliado segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Así, este programa será válido para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2024/2025.
As horas de traballo dentro da materia, distribúense do modo en que sigue:
- Sesións expositivas: 18 horas.
12 presenciais, -6 sesións de 2 horas-, e 6 en liña, -3 sesións de 2 horas-.
- Sesións interactivas: 24 horas.
16 presenciais, -8 sesións de 2 horas-, e 8 en liña, -4 sesións de 2 horas-.
- Traballo autónomo sobre contidos teóricos: 52 horas.
- Traballo autónomo sobre contidos prácticos: 57 horas.
- Titorías: 8 horas.
- Actividades de avaliación: 3 horas.
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma das actividades que se propoñan.
- Contar con coñecementos de informática a nivel básico.
- Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas, xa que a materia está formulada de tal forma que a realización dunhas actividades precisa de ter realizadas as anteriores.
- Amosar, tanto nas intervencións en aula como nas actividades, unha actitude ética e de compromiso co traballo.
- Titorías: recoméndase ao alumnado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente.
- Consulta frecuente da Aula Virtual e, por extensión, dos materiais e recursos postos aí a disposición do alumnado.
- Preparación previa dos materiais que se vaian a traballar en aula cando se indique.
1. Observacións xerais
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- O ensino-aprendizaxe, -aulas e titorías-, é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o alumando matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos, -https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos-.
- Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
2. Responsabilidade ambiental na elaboración de traballos
En relación ás actividades individuais ou de grupo que se realicen deberanse ter en conta as seguintes indicacións:
- Sempre que sexa posible e excepto que se dea outra indicación, entregaranse a través da Aula Virtual.
- No caso de ter que imprimir algún traballo: evitaranse tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; empregaranse grampas en lugar de encanutillados; imprimirase a dúas caras e en calidade “aforro de tinta”; non se empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitaranse anexos que non teñan referencia directa cos contidos desenvoltos.
3. Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nas actividades académicas propostas. Pódese obter información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
4. Utilización do teléfono móbil na aula
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Bibiana Regueiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813889
- Correo electrónico
- bibiana.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Aixa Permuy Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- aixa.permuy.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
24.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |