Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia de Avaliación e Orientación de Competencias concrétanse nos seguintes:
1. Describir, analizar e interpretar a problemática das competencias e a súa orientación en contextos académicos e laborais.
2. Deseñar propostas formativas que contribúan ao desenvolvemento de competencias.
3. Capacitar para avaliar as competencias dun xeito rigoroso e cientificamente coherente.
Os contidos a abordar durante o desenvolvemento da materia, agrupados en catro bloques temáticos, son os seguintes:
1. Conceptualización: o termo de competencias, avaliación e orientación
1.1. Desenvolvemento histórico do concepto de competencias
1.2. Caracterización das competencias
1.3. Enfoques e clasificacións das competencias
1.4. Especificidades do concepto de avaliación
1.5. Especificidades do concepto de orientación
2. Avaliación de competencias en contextos académicos
2.1. Características da avaliación de competencias no contexto universitario
2.2. Características da avaliación de competencias en contextos non universitarios
2.3. Técnicas e instrumentos para a avaliación de competencias en contextos académicos
3. Avaliación de competencias en contextos laborais
3.1. Procedementos de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais
3.2. Técnicas e instrumentos para a avaliación de competencias en contextos laborais
4. Orientación de competencias en contextos académicos e laborais
4.1. Orientación nos procesos de adquisición e desenvolvemento das competencias
4.2. Itinerarios formativos e de inserción
4.3. Técnicas e instrumentos de orientación en contextos académicos e laborais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Buján, K., Rekalde, I. e Aramendie, P. (2011). La evaluación de competencias en la educación superior. Mad.
Trillo, F. (2023). La evaluación de las competencias mediante tareas de comprensión: una experiencia de deliberación y acción. En A. Rivera Morales e M. Á. Zabalza Beraza (Coords.), Educación superior y vida académica: En tiempos y contextos de contingencia (pág. 121-163). Narcea.
Zabalza, M. A. e Lodeiro Enjo, L. (2019). El desafío de evaluar por competencias en la universidad. Reflexiones y experiencias prácticas. Revista Iberoamericana de Evaluación Educativa, 12(2), 29–48. https://doi.org/10.15366/riee2019.12.2.002
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso, L., Fernández Rodríguez, C. e Nyssen, J. (2009). El debate sobre las competencias. ANECA.
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación. Síntesis.
Bain, K. (2012). Lo que hacen los mejores estudiantes de universidad. PUV.
Blanco, A. (Coord.). (2009). Desarrollo y evaluación de competencias en educación superior. Narcea.
Bolívar, A. (2010). Competencias básicas y currículo. Síntesis.
Carabias Herrero, M. e Carro Sancristóbal, L. (2018). De la formación a la validación: perspectiva europea y española del reconocimiento, validación y acreditación de competencias profesionales. Ediciones Universidad de Valladolid.
Casanova Rodríguez, M. A. (2012). La evaluación de competencias básicas. La Muralla.
Fraile Aranda, A., Manrique Arribas, J. C., Romero Martín, M. R. e Vallés Rapp, C. (Coords.). (2023). Evaluar competencias docentes del profesorado. Pirámide.
García Fraile, J. A. e Saban Vera, C. (Coords.). (2008). Un nuevo modelo de formación para el S.XXI: La enseñanza basada en competencias. Ediciones Davinci.
Gimeno Sacristán, J. (Comp.). (2008). Educar por competencias, ¿qué hay de nuevo? Morata.
Hargreaves, A. e Fullan, M. (2014). Capital Profesional. Morata.
Monográfico sobre Orientación y Formación en Competencias (2007). Educación XXI, 10.
https://revistas.uned.es/index.php/educacionXX1/issue/view/64
Monográfico sobre Competencias y Profesionalización (2009). Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, 16. https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/issue/view/2116
Olaz Capitán, A. J. (2018). Guía práctica para el diseño y medición de competencias profesionales. ESIC.
Pozo Flórez, J. Á. del (2015). Competencias profesionales. Herramientas de evaluación: el portafolios, la rúbrica y las pruebas situacionales. Narcea.
Ríos Muñoz, D. e Herrera Araya, D. (2017). Los desafíos de la evaluación por competencias en el ámbito educativo. Educação e Pesquisa, 43(4), 1073-1086. https://doi.org/10.1590/s1678-4634201706164230
Rodríguez Moreno, Mª. L. (2006). Evaluación, balance y formación de competencias laborales transversales. Laertes Educación.
Sobrado, L. e Ceinos, C. (2017). Modelos emergentes en Orientación Profesional. En Mª. F. Sánchez García (Coord.), Orientación para el desarrollo profesional (pp. 65-100). UNED.
Trillo, F. (2011). La evaluación de las competencias en la Universidad: ¿Qué va antes? En M. A. Zabalza e A. Rivera (Coords.), Trayectoria y configuración de la didáctica universitaria: espacios, prácticas y actores (pp. 249-284). Domzen.
Villa, A. e Poblete, M. (Dirs.). (2007). Aprendizaje basado en competencias. Una propuesta para la evaluación de las competencias genéricas. Universidad de Deusto.
A) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN
Ao longo desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas do Título de Máster:
Competencias Xerais:
CG1. Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
CG3. Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
CG5. Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
CG6. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
CG10. Saber situarse asimilando rapidamente conceptos, ideas e experiencias dándolle un carácter persoal ao apreso, o que supón curiosidade por saber sobre temas novos e utilizar estratexias para ampliar o coñecemento.
CG11. Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
CG12. Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
Competencias Específicas:
CE3. Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE4. Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
CE6. Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
CE8. Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9. Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción de accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
CE10. Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
CE12. Axudar a outros profesionais na elaboración de programas de formación tomando como soporte os medios e redes de información e comunicación.
CE14. Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación cos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, calidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que da antedita detección se derivará.
B) OUTRAS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
De modo específico, nesta materia, estimularase o desenvolvemento das seguintes competencias:
- Coñecer e interpretar conceptos inherentes ás competencias.
- Coñecer os modelos de formación baseados en competencias e elaborar unha proposta completa de formación que responda ás súas características.
- Planificar proxectos formativos segundo o deseño curricular por competencias.
- Seleccionar indicadores de impacto de formación en cursos impartidos polo sistema de competencias.
- Construír dispositivos para a avaliación de competencias de desempeño.
- Método expositivo, para a presentación do marco teórico conceptual e metodolóxico específico deste campo de estudo.
- Lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais.
- Sesións de debate presenciais e/ou virtuais.
- Aprendizaxe orientada a proxectos, para aplicar as aprendizaxes adquiridas ao deseño de traballos de investigación conducentes á solución de problemas propios do campo de estudo.
O alumnado realizará tarefas como as seguintes:
- Traballo persoal con apoio bibliográfico e tecnolóxico.
- Traballo e actividades prácticas en equipo.
- Presentación presencial e/ou virtual de actividades individuais e/ou grupais.
As sesións e actividades presenciais serán complementadas con outras de carácter online. No transcurso das devanditas sesións, os/as estudantes realizarán diversas actividades, baseadas -entre outros aspectos- na elaboración dun glosario e participación en diferentes foros, onde reflexionarán e debaterán sobre as cuestións expostas, así como na visualización de vídeos. Para o desenvolvemento das referidas actividades, activaranse os recursos necesarios na aula virtual da materia (glosario, chat e foro, entre outros), debendo entender esta como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará unha contorna virtual con diversas ferramentas para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
No caso de que a materia non alcance un número mínimo de estudantes, a metodoloxía de traballo poderá variarse en función das características do grupo.
A atención ao alumnado verase reforzada co desenvolvemento de titorías, que terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e que se levarán a cabo no horario especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos realizados ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos de curso, no cal se desenvolverá a atención das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que respecta aos contidos abordados na materia.
O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias levarase a cabo a través dos seguintes elementos:
a) Elaboración, presentación e discusión de diferentes actividades de carácter persoal e grupal, propostas polas docentes encargadas de impartir a materia, para valorar as nocións, saberes, coñecementos e información sobre avaliación e orientación de competencias. Terá un peso do 60% na cualificación final, sendo distribuído do seguinte xeito: 30% correspondente aos contidos impartidos pola profesora da Área de Didáctica e Organización Escolar e o 30% restante correspondente á parte impartida pola profesora pertencente á Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación.
b) Deseño e elaboración de proxectos orientadores con base en competencias: 40% para a avaliación conxunta a realizar polas profesoras responsables da materia.
Na avaliación das aprendizaxes terase en conta, fundamentalmente, a calidade do desempeño na realización das tarefas teórico-prácticas que deberá realizar cada alumno/a como preparación previa das clases interactivas, así como o nivel de participación no conxunto das sesións lectivas correspondentes.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia, tanto ás sesións presenciais como ás virtuais síncronas, e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado de acordo co sistema de avaliación continua establecido, sendo necesario para obter unha valoración positiva na materia, superar cada un dos elementos establecidos. En caso de non superar a materia na modalidade de avaliación continua establecida para a primeira oportunidade, o alumnado deberá realizar un exame na data oficialmente establecida para a segunda oportunidade (100% da cualificación).
As cualificacións obtidas nos diferentes elementos que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados serán avaliados segundo os criterios establecidos no presente curso académico.
No caso de estudantes procedentes dos complementos de formación farase unha proposta individualizada de actividades.
Para aquel alumnado con dispensa de asistencia á clase, contémplase o mesmo sistema de avaliación que o alumnado con asistencia regular, adaptando as actividades do apartado "a" á súa condición de non asistente e tendo que ser realizadas as actividades do apartado "a" e o proxecto do apartado "b" de forma individual.
Horas presenciais e en liña: 50 horas (18 expositivas -12 de carácter presencial e 6 online-, 24 interactivas -16 horas presenciais e 8 online- e 8 horas de titoría).
Horas de traballo persoal do estudante: 100 horas. Delas, polo menos o 40% corresponde á docencia impartida a través da aula virtual. Son distribuídas do seguinte modo:
- Estudo, lectura e análise de materiais: 50 horas.
- Realización dun proxecto/Análise de casos: 30 horas
- Realización de tarefas teórico-prácticas: 20 horas (correspondentes ás tarefas a desenvolver nas sesións online).
- Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo das diferentes fontes documentais recomendadas.
- Continuidade no seguimento da aula virtual.
REALIZACIÓN DE TRABALLOS:
Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente oportunidade, segundo o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións sobre a realización fraudulenta de exercicios ou probas: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12984
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA: Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020. Hai exemplares dispoñibles na Biblioteca da nosa Facultade.
Pode consultarse máis información no seguinte enlace:
https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
ASISTENCIA Á CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia á clase nos ensinos adaptados ao EEES: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189
Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, destacando, entre eles, "unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Debe recordarse que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é de obriga. A xustificación das faltas de asistencia axustarase á referida normativa.
Respecto da dispensa de asistencia á clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na Instrución Nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Neste caso, no prazo de 10 días a partir da concesión da dispensa, o alumnado debe poñerse en contacto coas profesoras para notificar a súa situación e estas convocaranno a unha titoría nos 10 días seguintes para fixar os criterios xerais de desenvolvemento da materia e da súa avaliación.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo diario da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
OBRIGATORIEDADE DO USO DA CONTA DE CORREO RAI: O alumnado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
OBRIGATORIEDADE DO EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade. Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada do mesmo.
PRIVACIDADE DA ENSINANZA-APRENDIZAXE (clases/titorías), enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
Rebeca Garcia Murias
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Esther Vila Couñago
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813831
- Correo electrónico
- esther.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
25.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |