Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Desenvolver unha actitude positiva cara á investigación como ferramenta por excelencia para a comprensión e mellora da formación nas súas diversas manifestacións.
2. Definir problemáticas relevantes de investigación, relativos á detección de necesidades de formación, a planificación e a xestión da formación en contextos educativos, sociais e produtivos.
3. Proxectar plans de formación desde o diagnóstico de necesidades e o establecemento de prioridades até a concreción en accións de formación, o seguimento e a avaliación.
4. Contribuír ao establecemento de relacións entre a investigación, as políticas, e as prácticas da formación posibilitando a transferencia dos achados á mellora das prácticas profesionais.
- Procesos de deseño, xestión e validación de estudos de investigación social, aplicados á formación. Estudos de demandas sociais e mercado dos servizos da Administración Pública.
- Diagnóstico de necesidades de formación atendendo aos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
- As organizacións internacionais e comunitarias con competencias na formación profesional.
Plan de detección de necesidades e demandas sociais e produtivas de formación. Análise da realidade: fases, obxecto de estudo, recollida de información, etc.
- A análise e descrición do traballo, e a determinación de perfís profesionais como referente para a planificación (métodos de recollida de información, descrición de postos e construción do perfil profesional).
- A dimensión microdidáctica da formación. Definición de grupos destinatarios e itinerarios. Deseños curriculares de programas, actividades formativas e cursos. Estruturación e contidos. Estratexias de intervención e metodoloxía didáctica. Avaliación de actividades formativas.
- A dimensión macrodidáctica ou de planificación e xestión da formación. O perfil do directivo e as súas funcións.
Plan estratéxico de xestión comercial e mercadotecnia da oferta formativa. Deseño, desenvolvemento e avaliación e avance.
- A investigación sobre o profesorado, a súa formación, desenvolvemento profesional e competencias: estado da cuestión (perspectivas, temáticas e metodoloxías).
Albizu, E. (2011). Dirección estratégica de los recursos humanos. Teoría y práctica (2ª edic.). Pirámide.
Berrocal, F. e Alonso, M.A. (2020). Técnicas de formación y desarrollo de personas en las organizaciones. Editorial Universitaria Ramón Areces
Lieberman, A. e Miller, L. (Eds.) (2003). La indagación como base de la formación del profesorado y la mejora de la educación. Octaedro.
Pineda, P. (Coord.) (2008). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Complementaria:
Alles, M. (2008). Desarrollo del talento humano. Gránica
Alles, M. (2019). Formación, capacitación, desarrollo. Diseñar, planificar e implementar actividades formativas efectivas y eficaces. Gránica.
Andrés, M. P. (2020). Gestión de la formación en la empresa. Pirámide
Bermejo, B. (2006). La formación a lo largo de la vida: exigencias sociolaborales- desarrollo personal. Educar, 38, 15-32. https:/ educar.uab.cat/article/view/v38- bermejo
Calvo, R. e Gómez, J. (2007). El papel de las técnicas de investigación social en ciencias laborales y recursos humanos. Un análisis de las salidas profesionales desde la perspectiva académica. Revista Trabajo, 19, 77-92.
Diz, M. J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de estudios e investigación en psicología y educación, Extr.(6), 6-10. DOI: https:/ doi.org/10.17979/reipe.2017.0.06.2132
Fernández, M. D. (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega. Grupo Editorial Universitario.
Gairín, J. (2011). Formación de profesores basada en competencias. Bordón, 63(1), 93-108.
Gairín, J. (2017). Creación y gestión del conocimiento intergeneracional: reflexiones y propuestas. Revista Vasca de Gestión de Personas y Organizaciones Públicas, 1, 42-59
Gan, F. e Berbel, G. (2007). Manual de recursos humanos. 10 programas para la gestión y el desarrollo del Factor Humano en las organizaciones actuales. UOC.
Llorens, S. (s.f.). Detección de necesidades formativas: una clasificación de instrumentos. Universidad Jaume I. https:/ ldiazvi.webs.ull.es/detnecfor.pdf
Mad Comunicación (2019). EL plan de formación de la empresa 2019. Guía práctica para su elaboración y desarrollo. Fundación Confemetal.
Martín, F., Romero, P. M. e Sánchez, G. (2009). La investigación en dirección de recursos humanos: análisis empírico de los procesos de construcción y comprobación de la teoría. Revista Europea de Dirección y Economía de la Empresa, 18(3), 37-64.
Molina, N. y Contreras, A. (2007). Detección de las necesidades formativas de los equipos directivos: paso previo para el diseño de planes de formación. Acción pedagógica, 16, 70-81.
Moreno, A., Mataix, C. e Mahou, A. (2010). Claves para la gestión de puestos de trabajo en las organizaciones en red. Dirección y Organización (On line), 43, 2171- 6323.
Patricio Jiménez, D. (2007). Manual de recursos humanos. ESIC.
Pérez, M. P. (2000). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea.
Rodríguez, M. M. (2006). Diseño y organización de puestos en nuevos entornos de trabajo. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga.
Rodríguez, D. e Gairín, J. (2015). Innovación, aprendizaje organizativo y gestión del conocimiento en las instituciones educativas. Educación, 24(46), 73-90. https:/ dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5061324
Tomás, M. (2006) (coord.). La cultura i el clima organitzacional a l’Educació Secundària. Educar, 32, 195-225. https:/ educar.uab.cat/article/view/v38-tomas- castro-graells-et-al/155
CG1 - Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación
CG4 - Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns derradeiras que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CE1 – Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como ferramenta de comprensión e mellora da realidade educativa.
CE2 - Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
CE3 - Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE7 - Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos achados da investigación educativa á práctica profesional.
CE8 - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9 - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
A materia desenvolverase mediante unha metodoloxía activa-participativa. Fomentarase o traballo autónomo e en equipo, propoñendo estratexias de traballo colaborativo.
Tamén hai que ter en conta que esta materia comparte espazo modular con outras dúas do máster (Investigación en formación e recursos humanos; Investigación en e-learning). As materias que compartan módulo realizarán un obradoiro conxunto en tres sesións dentro da programación da materia para abordar os procesos formativos con achegas das distintas áreas de especialización e promover a interdisciplinariedade á hora de abordar a resolución de casos prácticos. Esta tarefa non é obrigatoria para os alumnos de Complementos Formativos. Neste contexto, establécense relacións explícitas na docencia e nas propostas de traballo conxunto que se propoñan.
Co fin de establecer conexións entre as tres materias que forman parte do Módulo de Investigación (Avaliación de programas e institucións; Formación e recursos humanos; en E-Learning) realizarase un traballo colaborativo interdisciplinar do Módulo.
O traballo interdisciplinar do Módulo realizarase sobre un caso real do mundo profesional que se abordará conxuntamente entre as materias do módulo. O caso definirase dende o principio con materiais seleccionados polo profesorado. O traballo interdisciplinar do módulo será elaborado e presentado en equipos de tres alumnos. Para preparar o traballo do módulo interdisciplinar, cada equipo aplicará os coñecementos específicos traballados nas tres materias. O obradoiro desenvolverase en tres sesións coa participación de todo o profesorado do módulo para orientar e axudar ao alumnado na realización do traballo.
As materias que integran o módulo incluirán nas súas avaliacións o traballo interdisciplinar do módulo, asumindo a puntuación obtida na avaliación por todo o profesorado e co mesmo peso específico en cada materia.
As sesións presenciais distribuiranse en clases expositivas-interactivas. Nas sesións telemáticas continuarán as actividades iniciadas nas sesións presenciais e o apoio ao traballo individual a través do campus virtual.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas.
A avaliación será continua e basearase nunha serie de elementos con diferentes cargas porcentuais. Estamos a falar de:
(1) participación activa do alumnado (10%),
(2) A elaboración, en pequeno grupo (3-5 membros), das actividades e informes propostos ao longo do desenvolvemento da materia a partir das lecturas dos documentos extraídos da bibliografía e dos casos propostos na materia (60%) e
(3) Traballo de Módulo Interdisciplinar (30%). Este último apartado avaliarase tomando como referencia a avaliación conxunta do profesorado de todas as materias do módulo a partir dunha rúbrica.
Este traballo requirirá unha exposición en grupo ante o profesorado das tres materias e estará apoiado por un informe escrito.
Para aprobar a materia é imprescindible ter aprobada cada unha das partes detalladas anteriormente.
Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira. Tamén se manteñen para os alumnos repetidores. No caso do alumnado que curse complementos formativos, a súa avaliación prescindirá do traballo interdisciplinar e a carga porcentual de traballo conxunto incorporarase ao apartado 2, supoñendo que sexa do 90 % e incorporando outras actividades específicas equivalentes que deban realizar o alumnado con este. perfil.
Para obter unha valoración positiva da materia, e especialmente tendo en conta o seu carácter práctico mediante prácticas de laboratorio, será necesario cumprir o requisito de asistencia, tendo realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas (memorias de actividade e prácticas).
Dispensa de asistencia a clase
Nos casos excepcionales definidos na normativa contemplase a dispensa de asistencia a clase. A avaliación nesres casos consistirá en:
(1) Realización dun exame escrito na data oficial que implicará a aplicación dos coñecementos da materia e a súa aplicación en contextos reais para demostrar a adquisición das competencias da materia (70%)
(2) Traballo interdisciplinar de Módulo realizado individualmente (30%). Neste último apartado avaliarase tomando como referencia a avaliación conxunta do profesorado de todas as materias do módulo baseada nunha rúbrica.
Indicación sobre plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos alumnos e a revisión das cualificacións.
Deberá referirse ao uso de ferramentas xerativas, de Intelixencia Artificial, para a elaboración do traballo do curso, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso o uso destas ferramentas pode substituír ou suplantar as habilidades e coñecementos necesarios. O que suporá suspender a materia.
Horas presenciais: 48 horas
12 h. expositivas presenciais, 6h expositivas a distancia,
16 h. interativas presenciais, 8 h. interativas a distancia
6 h. de titoría.
Documentación estudo: 30 h.
Lecturas recomendadas: 30 h.
Elaboración do traballo grupal: 40 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, desde a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia alcanzando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo alcanzar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interativas, salvo dispensa autorizada.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación ativa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumno/a dun modo progresivo para alcanzar a comprensión da materia.
- Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
RECOMENDACIÓN PREVIAS
Recoméndase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ó procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ó EEES https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/descarga…
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Debido ás características das materias que compoñen o Módulo de Investigación, NON SE CONTEMPLA A POSIBILIDADE DE ESTUDIANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Recomendase consultar a Guía Práctica do estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
http://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudant…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar no seguinte enderezo:
https://bibliotecascampusavila.usal.es/wp-content/uploads/sites/45/2020…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero e ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ó respecto no enlace:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación ós traballos persoais ou de grupo que se realicen para la materia deben terse en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ó seu emprego como instrumento de traballo seguido as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ó alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI. OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e/ou estudantado matriculado na materia.
Ana Parada Gañete
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- ana.parada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |