Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é desenvolver a competencia de deseñar, planificar e avaliar unidades, actividades e propostas didácticas de Ciencias Experimentais para a educación secundaria.
Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
– Ser capaz de identificar as tarefas implicadas nun modelo de deseño de propostas didácticas de Ciencias Experimentais para a educación secundaria e aplicalas á análise e deseño das mesmas.
- Ser capaz de empregar criterios susceptibles de ser contrastados na análise didáctica dos contidos de ciencias experimentais en materiais curriculares de Secundaria e de propoñer modificacións para o seu uso en clase.
- Ser capaz de aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos de ciencias experimentais.
- Ser capaz de formular actividades de aprendizaxe baseadas en problemas auténticos para traballar nas clases de ciencias experimentais en secundaria (ESO e Bacharelato).
1. DESEÑO CURRICULAR NA ESO E NO BACHARELATO
- Modelo de deseño, planificación e avaliación de propostas de ensinanza en Ciencias Experimentais: Criterios para a formulación de obxectivos e organización dos contidos.
- Papel do alumnado, profesorado e currículo.
- Deseño de unidades didácticas: formular obxectivos de aprendizaxe; establecer e estruturar contidos de - conceptos, procedementos e actitudes; organizar os contidos en secuencia; ter en conta os problemas de aprendizaxe.
- Estratexias de instrución: metodoloxías, actividades e recursos de aprendizaxe.
- Estratexias de avaliación: avaliación da aprendizaxe, de obxectivos e contidos.
2. O CURRÍCULO OFICIAL DAS MATERIAS DE CIENCIAS
- O currículo oficial: estrutura nas materias de ciencias
- Significado e consecuencias de tomar as competencias como eixo do currículo.
- Análise dos criterios de avaliación dunha selección de materias de ciencias e as súas implicacións no deseño curricular.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
- Puig, B., Bravo Torija, B. y Jiménez Aleixandre, M. P. (2012). Argumentación na aula: Dúas unidades didácticas. Santiago de Compostela: Danú (descargable en www.rodausc.eu).
- Sanmartí, N. (2000). El diseño de unidades didácticas. En J. Perales e P. Cañal (Eds.) Didáctica de las ciencias experimentales. Alcoy: Marfil.
– Sanmartí, N. (2007). 10 Ideas clave: Evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
Bibliografía complementaria
– Brañas Pérez, M., González Adán, C., Jiménez Aleixandre, M.P (Eds.) (1995) Traballando coas Ciencias da Terra. ICE Universidade de Santiago de Compostela.
– Bravo Torija, B. e Jiménez Aleixandre, M. P. (2011). ¿Cómo gestionar una bahía? Uso de pruebas y modelos de Ecología. Centro virtual www.leer.es (http://docentes.leer.es/materiales/)
- Domínguez Castiñeiras, J. M. (editor), (2007). Actividades para la enseñanza en el aula de ciencias. Fundamentos y planificación. Santa Fe (Argentina): Ediciones UNL (Universidad Nacional del Litoral).
- Driver, R. Squires, A.; Rushworth, P.; y Wood-Robinson, (1999). V. Dando sentido a la ciencia en secundaria. Madrid: Aprendizaje Visor.
- García-Carmona, A. (2011). Aprender Física y Química mediante secuencias de enseñanza investigadoras. Fundamentación y propuestas para Educación Secundaria. Málaga: Aljibe.
- García-Rodeja, E.; Lorenzo, F. e Domínguez, J. M. (1994) Proyecto AcAb. Física. Actividades Abiertas para una enseñanza integrada de la Física. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da U.S.C.
- Garrido, J. M., Perales Palacios, F.J. y Galdón Delgado, M. (2007). Ciencia para Educadores. Madrid: Pearson Prentice Hall
- Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), (2003), Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre, M. P., Lorenzo, F. e Otero, L. (coords.) (1997) ACES. Aprendiendo Ciencias en la Enseñanza Secundaria. Materiales para el alumno. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións.
- Jiménez Aleixandre, M. P., Lorenzo, F. e Otero, L. (coords.) (2002). ACES. Aprendiendo Ciencias en la Enseñanza Secundaria. Materiales para el Profesorado. Santiago de Compostela: Maxín.
- Geli, A.M. (2000). La evaluación de los procesos y de los resultados en la enseñanza de las ciencias. En J. Perales e P. Cañal (Eds.) Didáctica de las ciencias experimentales. Alcoy: Marfil.
- Sampson, V. y Schleigh (2013). Scientific argumentation in Biology. 30 Classroom Activities. NSTA press.
- Sanchez, G. Pro, A. y Valcarcel, M.V. (1997) La utilización de un modelo de planificación de unidades didácticas: el estudio de las disoluciones en educación secundaria. Enseñanza de las ciencias. 15(1), 35-50
- Sanchez, G. y Valcarcel, M.V. (1993) Diseño de unidades didácticas en el área de ciencias experimentales. Enseñanza de las ciencias, 11(1), 33-44- Shayer,M.y Adey, P.S. (1984) La ciencia de enseñar ciencias. Madrid: Narcea.
Outro material:
Libros de textos de Bioloxía, Física, Química, Xeoloxía.
- Revistas especializadas:
Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales: https://www.grao.com/es/alambique
Boletín das Ciencias (ENCIGA): https://www.enciga.org/?q=boletin_todos
Enseñanza de las ciencias. Revista de investigación y experiencias didácticas: https://ensciencias.uab.es/
Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias: https://revistas.uca.es/index.php/eureka
Educación Química http://www.revistas.unam.mx/index.php/req/index
International Journal of Science Education https://www.tandfonline.com/toc/tsed20/current
Journal Research in Science Teaching https://onlinelibrary.wiley.com/journal/10982736
Research in Science Education https://www.springer.com/journal/11165
Revista de Educación http://www.educacionyfp.gob.es/revista-de-educacion/inicio.html
Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias http://reec.uvigo.es/
Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
Science Education https://onlinelibrary.wiley.com/journal/1098237x
Xerais
Que os estudantes sexan capaces de:
- CG3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- CG4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
- CG6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupales como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
- CG7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidad, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia no aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- CG10. Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
- CG12. Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
- CG16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G3. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- CE-E11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
- CE-E13. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
- CE-E14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Transversais:
Que os estudantes sexan capaces de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo/a docente, adicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de computadora, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do/a estudante ou grupo de estudantes relacionada coa materia.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias.
Parte 1. Avaliación continua:
a. Asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas e de titoría. Realización escrita de informes e análises na aula.
b. Elaboración e presentación oral dunha proposta didáctica en grupo ou individual.
Parte 2: Proba final
c. Proba final individual dos contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
Contribución de cada un dos apartados á cualificación final:
Parte 1
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 25%
Parte 2
- Apartado c: 60%
Para obter puntuación no apartado a será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as Partes 1 e 2 anteriormente citadas. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
A cualificación obtida na Parte 1 terase en conta na segunda oportunidade da primeira convocatoria.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 ( apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na Parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar o 60% do total non será superior a 6.
Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia
Debido ao carácter práctico da materia, o alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia deberá asistir igualmente ás sesións interactivas, xa que son imprescindibles para desenvolver as competencias da materia, especialmente a CG3, CG12, CG16, CT3, as cales se desenvolverán a través do deseño da proposta didáctica grupal na aula.
O alumnado que se atope nesta situación deberá contactar na primeira semana do curso co/a docente, coa fin de programar as sesións concretas adicadas ao desenvolvemento de ditas competencias.
O sistema de avaliación será o seguinte:
Parte 1. Avaliación continua
a. Entrega de actividades equivalentes ás realizadas polo alumnado ordinario nas sesións de aula que se xestionará a través do campus virtual (15%).
b. Elaboración dunha proposta didáctica grupal ou individual sobre algún contido da area de ciencias experimentais na que se poña de manifesto o aprendido ao longo da materia (25%).
Parte 2: Proba final
c. Proba final individual dos contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva (60%).
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores. A/o estudante deberá contactar co/a docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia. Este plan de traballo será acordado entre o/a docente e o/a estudante. Se este alumnado non asiste ás titorías, ou non se pon en contacto co/a docente dentro deste prazo para pautar o plan de traballo, entenderase que se atén á avaliación ordinaria.
Alumnado con necesidades educativas especiais. Deberá falar co/a docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o xustificante oportuno, a fin de adaptar o plan de avaliación ás súas necesidades.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: total 24 horas
- Clase expositiva presencial en grupo completo: 9 horas.
- Titorías: 3 horas.
- Clases Interactivas (clases prácticas, participación activa na aula en debates, presentación oral de traballos, etc.): 12 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (NON presencial): total 51 horas. Recomendacións:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 22 horas.
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia (individual ou en grupo): 7 horas.
- Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas.
- Lecturas recomendadas: 10 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 4 horas.
Recoméndase a consulta da bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais e virtuais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
É conveniente que o alumnado consulte regularmente a aula virtual da materia xa que será a canle de comunicación empregada entre o profesorado e o alumnado.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Jose Romero Castro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821068
- Correo electrónico
- mariajose.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |