Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é responder á cuestión: Como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia científica? Noutras palabras, como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se promova a construción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a capacidade de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en contextos e situacións diversas.
Este obxectivo pode concretarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de deseñar actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado en prácticas científicas, como construír modelos ou usar probas.
- Ser capaz de formular problemas auténticos para traballar nas clases de bioloxía, xeoloxía e ciencias da natureza en secundaria (ESO e Bacharelato), relativos, por exemplo, aos seres vivos e á organización celular, aos procesos de nutrición, á orixe do relevo, ao tempo en xeoloxía e aos cambios xeolóxicos, aos ecosistemas, á herdanza biolóxica e á evolución, e á tectónica de placas ou ás causas dos procesos internos.
- Ser capaz de identificar distintos problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas, e estratexias docentes que pretenden resolvelos.
- Ser capaz de modificar prácticas e actividades convencionais e transformalas en problemas que demanden participación activa do alumnado, que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas nas prácticas de laboratorio e nas saídas de campo.
- Ser capaz de utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do entorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- Ser capaz de identificar dimensións do traballo científico, modelos teóricos e métodos en exemplos da historia da ciencia, e integrar unha imaxe contemporánea do traballo científico no ensino.
Tema 1. MODELOS TEÓRICOS E METODOLOXÍAS DE INVESTIGACIÓN EN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA.
Modelos e teorías. Exemplos das grandes preguntas das Ciencias da Vida e da Terra.
Métodos de investigación en Bioloxía y Xeoloxía.
Tema 2. MODELOS DE ENSINANZA E ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.
O modelo construtivista.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias.
Estratexias para aprender a aprender
Tema 3. A APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E A XEOLOXÍA: CONSTRUCIÓN E USO DE COÑECEMENTOS.
A construción de coñecementos e o seu uso.
A linguaxe na aprendizaxe das ciencias.
O desenvolvemento de destrezas en Bioloxía y Xeoloxía.
Dimensións afectivas na aprendizaxe das ciencias.
Tema 4. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE E TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTOS NA BIOLOXÍA E A XEOLOXÍA.
Dificultades na transferencia de conceptos. Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
Actitudes e interese polas ciencias.
Tema 5. O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS E PRÁCTICAS CIENTÍFICAS.
A competencia científica. As prácticas científicas.
Construción, uso, revisión e avaliación de modelos.
Argumentación en ciencias. Uso de probas para avaliar o coñecemento.
A indagación nas clases de Bioloxía e Xeoloxía en Secundaria.
Estratexias docentes para acadar estas competencias
Tema 6. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS E TRABALLO EXPERIMENTAL EN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en ciencias.
O traballo de campo en Secundaria.
Tema 7. O ENSINO DA BIOLOXÍA E A XEOLOXÍA NO CONTEXTO SOCIAL.
O contexto social da ciencia.
Educación Ambiental.
O traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Nas sesións interactivas realizaranse prácticas de laboratorio sobre algunhas das temáticas sinaladas nas sesións expositivas e unha saída de campo. Estas sesións servirán de exemplo para promover a aprendizaxe en Bioloxía e Xeoloxía e o desenvolvemento da competencia científica en Educación Secundaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Cañal, P. (Ed.). 2010. Didáctica de la Biología y la Geología. Barcelona: Graó (para o alumnado que se prepara para ser docente de Bioloxía e Xeoloxía)
- Jiménez Aleixandre M.P. 2010 10 Ideas Clave: competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Pedrinaci, E.; Caamaño, A.; Cañal, P.; De Pro, A. El desarrollo de la competencia científica. 2012. Barcelona: Graó.
- Sanmartí, N. 2007 10 Ideas clave: Evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Anguita, F. 1988 Origen e Historia de la Tierra. Madrid: Rueda.
- Banet E. 2001 Los procesos de nutrición humana. Síntesis, Madrid.
- Bermúdez de Castro, J. et al 2004 Hijos de un tiempo perdido. Barcelona: Crítica.
- Del Carmen L. (coord) 1997 La Enseñanza y el Aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza en la Educación Secundaria. Barcelona, ICE U.B. / Horsori.
- Delibes de Castro, M. 2001 Vida: la Naturaleza en peligro. Temas de Hoy, Madrid.
- Díaz de Bustamante J. e Jiménez Aleixandre M.P. 1998 Indagación en las clases prácticas de Biología. El uso del microscopio. En Banet y de Pro (eds) Investigación e innovación en la Enseñanza de las Ciencias. Murcia, DM.
- Jiménez Aleixandre M.P. 1996 Dubidar para Aprender. Vigo, Xerais.
- Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. y de Pro, A. 2003 Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
- Jiménez Aleixandre, M. P., Gallástegui Otero, J. R., Eirexas Santamaría, F. y Puig Mauriz, B. 2009 Actividades para traballar o uso de probas e a argumentación en ciencias. Santiago de Compostela: Danú. Descargable en www.rodausc.eu
- Latour B. e Woolgar S. 1995 La vida en el laboratorio. La construcción de hechos científicos. Madrid, Alianza.
- Lemke J. 1997 Aprender a hablar ciencia: lenguaje, aprendizaje y valores. Barcelona, Paidós.
- Lewontin, R. C., Rose, S. y Kamin, L. J. (1987) No está en los genes. Racismo, Genética e Ideología. Barcelona: Crítica.
- Ogborn J., Kress G., Martins I. e McGillicuddy K. 1998 Formas de explicar: la enseñanza de las ciencias en Secundaria. Madrid, Santillana, Aula XXI
- Osborne R. e Freyberg P. 1991 El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
- Pedrinaci, E. 2001 Los procesos geológicos internos. Madrid: Síntesis
- Perales Palacios J. 2000 Resolución de Problemas. Síntesis, Madrid.
- Perales Palacios J. e Cañal de León P. 2000 Didáctica de las Ciencias Experimentales. Marfil, Alcoy.
- Pozo J.I. e Gómez Crespo M.A. 1998 Aprender y enseñar Ciencia. Madrid, Morata
- Puig, B., Bravo Torija, B. e Jiménez Aleixandre, M. P. 2012. Argumentación na aula: Dúas unidades didácticas. Santiago de Compostela: Danú. Descargable en www.rodausc.eu
- Sanmartí, N. 2002 Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. Madrid: Síntesis.
- Velázquez de Castro F. e Fernández M.C. 1998 Temas de Educación Ambiental en las Ciencias de la Vida. Madrid, Narcea.
- Virgili, C. 2003 Lyell. El fin de los mitos geológicos. Madrid: Nivola
Revistas
Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales: https://www.grao.com/es/alambique
Aula de Secundaria: https://www.grao.com/es/aula-de-secundaria
Boletín das Ciencias (ENCIGA): https://www.enciga.org/?q=boletin_todos
Enseñanza de las ciencias. Revista de investigación y experiencias didácticas: https://ensciencias.uab.es/
Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias: https://revistas.uca.es/index.php/eureka
XERAIS
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenrolo profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornos educativos novos ou pouco coñecidos.
ESPECÍFICAS ASOCIADAS Ó MÓDULO XENÉRICO
- CE-G1. Coñecer as características do alumnado, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
ESPECÍFICAS ASOCIADAS Ó MÓDULO ESPECÍFICO
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
TRANSVERSAIS
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do docente. As clases interactivas procurarán unha maior implicación dos estudantes mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no alumnado. Recollerán o estudo de casos, a análise de proxectos, textos ou artigos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio e coa contorna. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, saídas, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo docente tanto na aula como nas sesións de titoría. Nelas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno/a ou do grupo de alumnos/as relacionada coa materia.
Ao ser unha metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Utilizarase tamén a Aula Virtual da materia como espazo de comunicación e traballo. Nela estarán dispoñibles tanto os contidos da materia como as actividades realizadas.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias. Comprenderá:
Parte 1: Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula, asistencia a prácticas de laboratorio e á saída e informe escrito das mesmas, realización escrita de informes, análises e exposicións orais. Contribución á nota final: 50%
a) Asistencia e participación activa: 10%
b) Realización e entrega de informes e actividades escritas: 20%
c) Exposición oral dunha proposta didáctica: 10%
d) Portfolio: 10%
Parte 2: Proba final individual sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva, incluíndo resolución de supostos prácticos. Contribución á nota final: 50%
Consideracións na avaliación:
- Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. A puntuación neste apartado verase mermada gradualmente conforme diminúa a asistencia á clase sen motivo xustificado.
- A cualificación acadada na parte 1 terase en conta na segunda oportunidade.
- Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente oportunidade. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
-O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá contactar co/a docente en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre para acordar co/a docente o plan de traballo a seguir para superar a materia. O alumnado de segunda convocatoria e posteriores que non contacte coa profesora dentro deste período será avaliado da mesma forma que o alumnado de primeira convocatoria.
- O alumnado con dispensa de asistencia deberá porse en contacto co docente en horario de titorías na mesma semana da solicitude da dispensa, a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia. O sistema de avaliación será o mesmo que o establecido de modo xeral para a parte 2 e os puntos b), c) e d) da parte 1. Para a avaliación do apartado a) da parte 1 serán valorarase a comunicación activa co docente e a asistencia e participación nas sesións prácticas, saídas de campo ou outras actividades que serán determinadas ao comezo do curso e que se consideran esenciais para acadar os obxectivos e adquirir as competencias da materia. A información a este respecto así como as actividades e materiais serán comunicados a través da aula virtual da materia.
- O alumnado con diversidade funcional deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servicio acreditado da USC a estes efectos e informar do seu caso aos docentes da materia dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de que se poida acordar un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumnado: total 48 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6 horas.
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 15 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
- Realización e revisión de exame: 2 horas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais, virtuais ou de titorías. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero. Buscarase o uso de linguaxe non sexista.
Outras observacións:
- Será obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Correo da USC conta @rai, Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- A información sobre as tarefas e a entrega de actividades realizarase preferentemente a través da Aula Virtual da materia.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos persoais.
Mario Outeiro Iglesias
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- mario.outeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |