Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Obxectivos instrutivos:
1. Adquirir unha visión de Aprendizaxe e Instrución como espazo disciplinar que se interesa polos procesos psicolóxicos que están implicados na aprendizaxe escolar e, polo tanto, polo modo en que os procesos de ensinanza axudan a dar forma aos citados procesos psicolóxicos.
2. Comprender a relación entre o desenvolvemento psicolóxico e a educación escolar, valorando a influencia que sobre a persoa teñen as prácticas educativas que acontecen na escola.
3. Proporcionar ao alumnado un marco teórico/conceptual que lle permita analizar e interpretar os procesos de ensinanza e aprendizaxe, e que lle sirva como ferramenta para a toma de decisións sobre a planificación das actividades didácticas.
4. Facilitar ao alumnado unha aprendizaxe funcional dos conceptos e das teorías que ofrecen explicacións sobre como alumnas e alumnos desenvolven unha comprensión dos contidos escolares e como é posible, desde a planificación didáctica e o desenvolvemento das actividades de ensinanza, contribuír, favorecer e impulsar esta comprensión.
5. Axudar ao alumnado a comprender e a valorar os factores, mecanismos e condicións que favorecen unha aprendizaxe comprensiva dos contidos escolares.
• Obxectivos formativos:
1. Que o alumnado desenvolva unha posición crítica sobre as aportacións que a psicoloxía ofrece ao campo da instrución para a comprensión das prácticas educativas escolares.
2. Que o alumnado aprecie o valor da discusión e do traballo cooperativo como fórmulas apropiadas para unha auténtica aprendizaxe significativa.
3. Que o alumnado desenvolva un enfoque profundo de aprendizaxe, que se interese por construír significados e, con tal propósito, que adquira estratexias de aprendizaxe que o capacite para a busca, selección e organización comprensiva da información relevante neste campo de estudo.
4. Que o alumnado desenvolva hábitos de traballo grupal cooperativo.
5. Que o alumnado desenvolva hábitos de traballo autónomo, independente e autodirixido.
1. Aprender na sociedade da información: Os instrumentos da sociedade da información: Tecnoloxías e redes, un novo escenario para a ensinanza e a aprendizaxe. Dos límites á exuberancia informativa. Promesas e mitos da sociedade da información: Sociedade da información non é sociedade do coñecemento. Formas de pensar e de actuar que se obteñen e se perden coas novas tecnoloxías. O proceso de converter a información en coñecemento.
2. Os problemas de comprensión nas aulas: As dificultades de aprender na escola: Malentendidos, concepcións erróneas e estereotipos na aprendizaxe escolar. As deficiencias na aprendizaxe: o coñecemento fráxil e o coñecemento pobre. As causas das deficiencias na comprensión: Dos límites psicolóxicos aos límites institucionais, con especial referencia ás concepcións implícitas do profesorado sobre a aprendizaxe.
3. Aprendendo a comprender: A construción da comprensión na aula e a aprendizaxe significativa: A natureza da comprensión. Como aprende o alumnado a comprender e como se expresa a comprensión. A atribución de significado e as condicións da aprendizaxe significativa: A estrutura disciplinar, a pertinencia psicolóxica e a disposición do alumnado para aprender. Unha proposta de ensinanza para a comprensión.
4. Aprendizaxe significativa de contidos escolares e o desenvolvemento de capacidades: A aprendizaxe verbal e conceptual: Da aprendizaxe mecánica á aprendizaxe de significados. A aprendizaxe de procedementos: Aprender procedementos ou como aprender a utilizar o coñecemento. Cara unha categorización dos contidos procedimentais. A aprendizaxe actitudinal: As actitudes, os valores e as normas como contidos educativos. Formación de actitudes valores na aula. Capacidades ou competencias? Un dilema nada inocente. Unha mirada crítica á lóxica das competencias.
Pola metodoloxía de traballo nesta materia, carece de sentido a distinción entre bibliografía básica e complementaria. O que se ofrece ao alumnado é un dosier documental cun conxunto de lecturas coas que procede realizar o informe-síntese ao que se fai referencia no apartado de metodoloxía. Esta bibliografía obrigatoria, xunto cunha ampla relación de referencias optativas figuran na Guía docente que esta á disposición do alumnado no Campus Virtual. A orde bibliográfica aquì expresada corresponde á secuencia temporal que o alumnado deberá seguir para poder desenvolver as actividades de aprendizaxe previstas no programa da materia.
1. Toffler, A. (1970). Educación en tiempo futuro. En A. Toffler, El 'shock' del futuro. Barcelona: Plaza & Janés. (Vers. Cast. 1981).
2. Bruner, J.S. (1984). El desarrollo de la mente. En J.S Bruner, Desarrollo cognitivo y educación. Selección de textos por Jesús Palacios. Madrid: Morata. (Artigo orixinal de 1965).
3. Monereo, C. (2004). La construcción virtual de la mente: implicaciones psicoeductivas. Interactive Educational Multimedia, núm. 9, pp. 32-47
4. Sancho, J.Mª. (1994). Hacia una tecnología crítica. Cuadernos de Pedagogía, 230, 8-12.
5. Silva, M. (2005). Educar en nuestro tiempo digital. En M. Silva, Educación interactiva. Enseñanza y aprendizaje presencial y on-line. Barcelona: Gedisa.
6. Kellner, D.M. (2002). Revolución tecnológica, alfabetismos múltiples y la reestructuración de la educación. En Snyder, I. (Comp.), Alfabetismos digitales. Comunicación, Innovación y Educación en la Era Electrónica. Málaga: Aljibe. (Vers. cast. 2004).
7. Coll, C. e Monereo, C. (2008). Educación y aprendizaje en el siglo XXI: nuevas herramientas, nuevos escenarios, nuevas finalidades. En C. Coll e C. Monereo (Eds.), Psicología de la educación virtual. Madrid: Morata.
8. Engel, A., Coll, C. e Bustos, A. (2010). Aprender y enseñar con tecnologías de la información y la comunicación en la educación secundaria. En C. Coll (Coord.), Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Barcelona: Graó.
9. De Corte, E. (1990). Aprender en la escuela con las nuevas tecnologías de la información: Perspectivas desde la psicología del aprendizaje y de la instrucción. Comunicación, Lenguaje y Educación, 6, 93-113.
10. Pardo, J.C. (2015). Construtivismo, construtivismos e o lugar que ocupan o suxeito e o contexto social na construción do coñecemento: unha mirada desde a posmodernidade. Conferencia pronunciada na I Xornada de Debate AíovaiEducación (www.edu.aiovai.org). Bertamiráns, 16 de maio de 2015.
11. Ausubel, D.P. (2002). Resumen de la teoría de la asimilación sobre el aprendixaje y la retención de carácter significativo. En D.P. Ausubel, Adquisición y retención del conocimiento. Una perspectiva cognitiva. Barcelona: Paidós (orix. 2000).
12. Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1990). A Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de D.P. Ausubel. Documento inédito.
13. Perkins, D. (1995). Las campanas de alarma. En D. Perkins, La escuela inteligente. Del adiestramiento de la memoria a la educación de la mente. Barcelona: Gedisa.
14. Gardner, H. (1999). El diseño de una educación para la comprensión. En H. Gardner, La educación de la mente y el conocimiento de las disciplinas. Lo que todos los estudiantes deberían comprender. Barcelona: Paidós (Vers. cast. 2000).
15. Gardner, H. e Boix-Mansilla, V. (1994). Enseñar para la comprensión en las disciplinas -y más allá de ellas. Teachers College Record, vol. 96, 2.
16. Stone, M. (1999). ¿Qué es la Enseñanza para la Comprensión? En M. Stone (Comp.), La enseñanza para la comprensión. Vinculación entre la investigación y la práctica. Buenos Aires: Paidós.
17. Boix, V.E. e Gardner, H. (1999). ¿Cuáles son las cualidades para la comprensión? En M. Stone (Comp.), La enseñanza para la comprensión. Vinculación entre la investigación y la práctica. Buenos Aires: Paidós.
18. Gimeno, J. (1994). Dilemas y opciones. Cuadernos de Pedagogía, 225, 8-14.
19. Delval, J. (1994). ¿Cantidad o calidad? Cuadernos de Pedagogía, 225-15-18.
20. Zabala, A. (1989). El enfoque globalizador. Cuadernos de Pedagogía, 168, 22-.27.
21. AA.VV. (1989). La selección de contenidos en las ciencias. Cuadernos de Pedagogía, 168, 38-43.
22. Del Carmen, L. (1991). Secuenciación de los contenidos educativos. Cuadernos de Pedagogía, 188, 20-23.
23. Coll. C. e Solé, I. (1987). La importancia de los contenidos en la enseñanza. Investigación en la Escuela, núm. 3, páxs. 19-27.
24. Pozo, J.I. (1999). Aprendizaje de contenidos y desarrollo de capacidades en la educación secundaria. En C. Coll (Coord.), Psicología de la instrucción: La enseñanza y el aprendizaje en la educación secundaria. Barcelona: ICE-Horsori.
25. Pozo, J.I. (2010). El aprendizaje de contenidos escolares y la adquisición de competencias. En C. Coll (coord.), Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. Barcelona: Graó. [Descargar documento]
26. Monereo, C. e Pozo, J.I. (2001). ¿En qué siglo vive la escuela? El reto de la nueva cultura educativa. Cuadernos de Pedagogía, núm. 208, 50-55. [Descargar documento]
27. Monereo, C. e Pozo, J.I. (2007). Competencias para (con)vivir con el siglo XXI. Cuadernos de Pedagogía, núm. 370, pp. 12-18. [Descargar documento]
28. Pardo, J.C. e García Tobío, A. (2015). A LOMCE, fábrica do suxeito competidor. Revista Galega de Educación, núm. 61, pp. 29-35.
• Básicas e xerais
CG1 – Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente
CG4 - Buscar, obter, procesar y comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital o multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensinanza a aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
CG8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais
CG9 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos
CG17 - Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao largo de seu posterior desenvolvemento profesional
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
• Transversaais
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
• Específicas
CEG14 - Identificar e valorar os factores e procesos que inciden na capacidade de aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento escolar
CEG15 - Analizar, elaborar e revisar propostas de materiais, situacións e contextos educativos a partir do coñecemento destes factores y procesos y de las teorías actuais da aprendizaxe e da instrución
CEG19 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula
CEG20 - Saber deseñar os distintos documentos de planificación do Centro e participar na definición do proxecto educativo, nos procesos de desenvolvemento curricular e nas actividades xerais do centro, atendendo a criterios de mellora da calidade da
educación, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia, e promoción do éxito escolar
CEE19 - Asesorar e colaborar co profesorado na revisión e mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe e de avaliación, y poñelos en práctica en caso de impartir algunha materia do curriculum.
CEP7 - Analizar a realidade escolar na que se leven a cabo as prácticas utilizando os marcos teóricos estudados no Máster.
CEP9 - Identificar posibles ámbitos de mellora da intervención realizada argumentando os fundamentos teóricos da proposta e como se avaliaría esta.
A actividade principal que dá sentido á organización e dinámica do curso é a elaboración dun informe-síntese (non superior a 10 páxinas), no que se articulen de forma comprensiva os contidos traballados sobre os núcleos citados no apartado de contidos.
O informe-síntese ha de responder á pregunta que se formula na introdución do programa ampliado (ver Guía Docente que figura no Campus Virtual), e que se enuncia aquí no apartado final de observacións.
A dinámica base pola que se opta é a do curso-seminario que esixe a constitución de grupos estables de entre 4-6 alumnas/os, aos que se lle propón o modo de traballo colaborativo para a elaboración do informe-síntese, facendo uso dos procedementos habituais de traballo intelectual: confección dun ficheiro, con fichas resume e fichas conceptuais, do que se valerán para dar forma ao esquema da síntese e para redactala.
O citado modelo de curso-seminario adoptará unha estrutura cíclica cos seguintes constituíntes:
1. O traballo sobre cada bloque de contido iníciase cunha exposición clarificadora, coa que o profesor presenta unha visión global e integradora dos temas e das proposicións conceptuais máis relevantes contidos nos textos.
2. A partir de aquí, e no número de sesións que se determine, os Equipos de Traballo desenvolverán de forma colaborativa actividades de reflexión crítica e discusión sobre os documentos e, de cara á elaboración do informe-síntese, organizarán o traballo correspondente: elaboración de resumes, fichas conceptuais, mapas de conceptos, esquemas, etc.
3. O traballo sobre o núcleo temático remata cun debate de gran grupo, que deberá ser preparado previamente por cada equipo de traballo, que determinará as cuestións que considere relevantes para a discusión.
No transcurso do traballo en pequenos grupos, é función do profesor orientar o traballo que os equipos desenvolven na aula.
Nesta materia utilízase o Campus Virtual, onde figura a planificación completa do traballo de ensinanza e aprendizaxe desde o inicio de curso.
Nesta materia non se contemplan Prácticas de campo.
De acordo coa organización e dinámica do curso exposto no apartado sobre a metodoloxía, prevense catro instrumentos de avaliación:
1. Informes-síntese.
2. Base de datos documental: Fichas resumo e conceptuais, mapas de conceptos, esquemas
3. Observación continuada da actividade desenvolta polos grupos de traballo, e participación individual nas sesións de debate.
4. Autoavaliación realizada polo Equipo de Traballo.
Toda a documentación presentarase en formato dixital.
A cualificación final será o resultado da media ponderada da avaliación dos documentos de síntese (nos que, de acordo coa Guía docente, valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a expresión adecuada e a reflexión), da comprensión mostrada en relación co documento individual do traballo aportado ó grupo, das estratexias de aprendizaxe valoradas a través da confección da base de datos documental, das observacións realizadas polo profesor, e a avaliación realizada polo Equipo de Traballo sobre cada un dos seus compoñentes.
A Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase obriga a que os programas contemplen o dereito á avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase. Por este motivo, nesta materia óptase por propoñer a este alumnado a realización das mesmas probas, exame, traballos monográficos que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente.
1. Clases expositivas e clases interactivas (traballo en pequenos grupos e debates en gran grupo): 25 horas
2. Lectura individual e elaboración de fichas resume e conceptuais: 25 horas
3. Reunións do grupo de traballo para a redacción do informe-síntese: 30 horas
Sobre a asistencia ás sesións programadas:
Polas características da programación do curso, especificadas no apartado anterior, é imprescindible a asistencia ás sesións previstas no programa da materia. Para garantizar o funcionamento adecuado dos grupos, para o cal é necesario o compromiso activo de cada un dos seus compoñentes, establécese como condición a asistencia de polo menos ao 80% das sesións programadas.
Para a participación no traballo en pequenos grupos e para os debates programados de Gran grupo, é necesaria a lectura dos documentos, segundo a secuencia establecida no programa amplo desta materia.
O alumnado non asistente por dispensa académica ten que realizar a mesma actividade básica (lectura, selección e organización de información do dosier bibliográfico obrigatorio, elaboración de fichas conceptuais e creación do informe-síntese) que o alumnado asistente.
O programa que aquí se presenta, referida á materia de Aprendizaxe e Instrución, da especialidade de Orientación educativa do Master Universitario en Profesorado de Educación Secundaria, propón ao alumnado a elaboración dun informe-síntese que desa resposta a unha pregunta, que se formula no marco do seguinte enunciado:
Recoñecendo a natureza singular do ser humano, o punto de partida da materia é que a educación é o dispositivo a través do que unha xeración transmite á seguinte os coñecementos, as capacidades e as destrezas que permitirán aos seus membros adaptarse funcionalmente á cultura da que forman parte. Nas denominadas sociedades primitivas, esta transmisión cultural ten lugar dun modo relativamente simple, pois para aprender é suficiente a observación (sen palabras, ou case sen palabras) das accións inmediatas que os adultos desenvolven. No caso das sociedades máis complexas, a cultura comporta coñecementos e técnicas que superan ao que sabe cada individuo adulto da comunidade. De aí a necesidade da escola como institución especializada para educar, para transmitir a cultura, fundamentalmente a través da linguaxe e, polo tanto, fóra do contexto das actividades adultas. Esta nova fórmula para educar fai máis díficiles os actos de ensinar e de aprender, razón polo que necesitamos pensar o proceso de instrucción, necesitamos ideas teorías e técnicas instruccionais que permitan ao profesorado ensinar do modo en que mellor impulse a aprendizaxe o e desenvolvemento do alumnado.
En consoancia con esta formulación, invitamos ao alumnado a responder á seguinte cuestión: No contexto histórico-cultural no que vivimos, no que predominan as técnicas relativas á producción e transmisión de información, que teoría (ou teorías) da instrucción e que instrumentos derivados de tal teoría (ou teorías) nos proporcionan o medio máis adecuado para que as escolas e o seu profesorado contribúan, mediante a acción educativa, a crear e a amplificar diversas capacidades humanas no seu alumnado?
Unha versión ampla deste programa está dispoñible no Campus Virtual, no contexto da planificación completa e secuenciada para todool curso dos procesos de ensinanza e aprendizaxe.
Outras observacións:
1. Responsabilidade ambiental: Nesta materia pídese ao alumnado que presente en formato pdf, word ou libreOffice os traballos, tanto individuais como grupais, previstos na programación.
2. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo habitual da aula como nos traballos académicos. Máis información en: https://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/ servizos/ oix/descargas/ linguaxe_ non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
3. É obrigatorio o uso do correo rai.
4. Recoméndase o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Plataforma Firgoa, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC (Lifesize, etc.).
5. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións do/a docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
6. Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases, titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado.
7. Debe cumprirse a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |