Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación, Familias, Sociedade e Política Educativa, é unha materia obrigatoria do módulo xenérico no Master en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Orientación Educativa. Ten unha carga lectiva de 3,5 créditos e está adscrita ao Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Teoría e Historia da Educación)
O exercicio da Orientación Educativa require dunha materia destas características que achegue na formación inicial da futura Orientadora ou Orientador Educativo, a análise e comprensión crítica do proceso educativo nas sociedade educadoras; un proceso complexo que conxuga as influencias de familia, escola e comunidade nunha diversidade de contextos e de axentes. Que permita achegarse ao estudo das relacións entre educación e sociedade, e a súa concreción en propostas de política educativa que acompañan ao cambio social e ás novas necesidades que del se derivan.
Considerando as finalidades indicadas e os referentes que definen a formación inicial das Orientadoras e Orientadores no marco universitario, os OBXECTIVOS a conseguir nesta materia son:
- Analizar as relacións entre educación e sociedade así como as necesidades emerxentes do cambio social e o seu concreción en propostas de política educativa.
- Valorar a educación inclusiva como fundamento da igualdade e equidade na diversidade e deseñar estratexias educativas que permitan a súa concreción e práctica na contorna escolar.
- Coñecer e valorar a multiplicidade de axentes e institucións da comunidade implicados nos procesos formativos nas sociedades educadoras.
- Coñecer e valorar a evolución e diversidade de modelos familiares, así como as súas funcións e responsabilidades educadoras propias e compartidas.
- Comprender a posición relevante e as competencias do centro escolar, e particularmente do Departamento de Orientación, na coordinación de contextos e axentes da comunidade, para a optimización dos procesos educativos escolares e comunitarios.
Os contidos da materia organízanse arredor dos seguintes bloques:
1. CAMBIO SOCIAL E POLÍTICA EDUCATIVA
Procesos, teorías, axentes e institucións educativas nas sociedades educadoras. Fundamentos sociais da educación. Política educativa e evolución do sistema escolar.
2. EDUCACIÓN FAMILIAS E COMUNIDADE
2.1 Cambio social e novos modelos familiares. Funcións e responsabilidades educativas das familias. Participación familiar no centro educativo. Programas, recursos e iniciativas socioeducativos de apoio familiar no contexto comunitario.
2.2 A comunidade como referente para a educación escolar: institucións, servizos e programas culturais, sociais, educativos, de benestar e desenvolvemento local.
A educación escolar como estratexia e recurso para o desenvolvemento comunitario: o Departamento de Orientación como articulador de redes e plataformas de acción e participación socio-comunitarias.
3. DEREITOS, VALORES E INCLUSIÓN EDUCATIVA.
Valores. Educación en valores. A igualdade de xénero na educación secundaria. A educación inclusiva como fundamento do desenvolvemento persoal e social. Estratexias inclusivas: comunidades de aprendizaxe. O departamento de Orientación na educación en valores.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Booth, T., Ainscow, M. (2015) Guía para la Educación Inclusiva. Desarrollando el aprendizaje y la participación en los centros escolares. Organización de Estados Iberoamericanos / FUHEM. https://cutt.ly/HnoyRR1
McLaren, P., e Kincheloe, J. L. (Eds.) (2008). Pedagogía crítica. De qué hablamos, dónde estamos. GRAÓ.
Romero, C. e Núñez, L. (2017) Teoría de la Educación. Capacitar par la práctica. Pirámide
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alcalá, M.J. e Laiva, J.J. (2021) Educación inclusiva y atención a la diversidad, Una mirada desde la intervención psicopedagógica. Octaedro
Aubert, A., Flecha, A., García, C., Flecha, R. e Racionero, S. (2010). Aprendizaje dialógico en la sociedad de la información. Hipatia.
Carbonell, J. (2019) La educación es política. Octaedro.
Carrasco, S. (coord.) (2023) La coeducación secuestrada. Crítica feminista a la penetración de las ideas transgeneristas en educación. Octaedro.
Colom, A., Domínguez, E. e Sarramona, J. (2011). Formación básica para los profesionales de la educación. Ariel.
Diez, F.J. (2018) Neoliberalismo educativo. Educando al nuevo sujeto neoliberal. Octaedro
Díez, F.J. e Rodríguez, J.R. (2021) Educación crítica e inclusiva para una sociedad poscapitalista. Octaedro
España. Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. Boletín Oficial del Estado, 340, de 30 de diciembre de 2020, 122868-122953. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-17264
Feito, R. (coord.) (2010). Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
Fernández Enguita, M. (2020) Más escuela y menos aula. Morata
Fernández, R., Morán M.C. (2020) La educación como resistencia. Experiencias en secundaria. En Javier Díez, J., Rodríguez, J.R. (coords.): Educación para el Bien Común: hacia una práctica crítica, inclusiva y comprometida socialmente, pp. 480-494. Barcelona: Octaedro. ISBN 978-84-18083-56-3.
Galicia (2021) LEI 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 26, de 9 de febreiro de 2021,7880-7942 https://cutt.ly/LnorLwV
Marchesi, A. e Martín, E. (2014). Calidad de la enseñanza en tiempos de crisis. Alianza
Marí, R. e Barranco, R. (coords) (2021) La participación educativa en centros de secundaria. Conceptos, procedimientos y materiales. Graó.
Meirieu, P. (2020) La réplica: escuelas alternativas, neurociencias y métodos tradicionales, para acabar con los espejismos. Dr.Buk
Ministerio de Educación y Formación Profesional (2022). Sistema Estatal de Indicadores de la Educación. https://acortar.link/XIVBps
Puelles, M. de, Menor, M. (comps.) (2018). El artículo 27 de la constitución: cuaderno de quejas. Morata.
Sales, A. E Moliner, O. (2020) La escuela incluida en el territorio: la transformación educativa desde la participación ciudadana. Octaedro
Vázquez Recio, Rocío (Coord.) (2021) El profesorado ante el fracaso escolar y el abandono educativo. Dilemas, desafíos y propuestas. Octaedro
Xunta de Galicia (2020). Prácticas de igualdade na FP. Santiago de Compostela: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8564
Do conxunto de competencias previstas na materia (véxase memoria de verificación do título) considéranse prioritarias as que seguen:
COMPETENCIAS XERAIS
CG7- Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
CG10- Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
CG23- Identificar os servizos públicos e entidades comunitarias coas que poida colaborar o centro e promover e planificar, en colaboración co equipo directivo, as accións necesarias para unha mellor atención do alumnado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE-G4- Analizar as relacións entre os distintos contextos educativos do alumnado e deseñar estratexias de orientación e intervención orientadas a promover a súa articulación e complementariedade.
CE-G8- Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación, no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade ou en calquera outra circunstancia persoal ou social que poida supoñer un risco para a súa inclusión social e escolar.
CE-G9- Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación en xeral, e no rendemento escolar en particular.
CE-G10- Colaborar co Equipo Directivo na adopción de medidas para a coordinación do centro escolar coas familias e deseñar estratexias orientadas a favorecer a efectiva participación e colaboración destas nos procesos educativos.
CE-G12- Articular estratexias de coordinación e traballo en rede cos servizos profesionais existentes na comunidade.
CE-E10- Colaborar no establecemento de estruturas de traballo colaborativo cos docentes e outros membros da comunidade escolar, así como con outros profesionais que interveñen nos centros educativos.
CE-E11- Coordinar as actuacións na zona ou sector con todos os axentes educativos e outros servizos, con especial atención aos servizos sociais, de saúde e laborais para unha intervención coordinada.
CE-E17- Identificar as barreiras e os facilitadores dunha educación inclusiva tanto no centro escolar como no resto dos contextos que inflúen sobre o desenvolvemento e a educación do alumnado.
CE-E18- Deseñar e poñer en marcha, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garantan a presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias
Os procedementos propostos para lograr os obxectivos da materia de "Educación, Familias, Sociedade e Política Educativa" centrarase nos principios pedagóxicos da participación, discusión crítica, aprendizaxe autónoma e reflexión arredor das realidades educativas e sociais.
Tomando en conta os principios da materia, desenvolveranse as seguintes actividades:
-Sesións expositivas
-Sesións interactivas (actividades prácticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións, comentarios de lecturas, material audiovisual…)
-Titorías individuais e grupais
- Prácticas de campo: Visitas-estudo a institucións/recursos educativos vinculados coa materia (MUPEGA, Dptos. De Orientación, Servizos Sociais Comunitarios, Experiencias innovadoras...)
De ser posible, desenvolverase unha práctica de campo que poderá ser compartida con outras materias do Master na perspectiva dun traballo interdisciplinar, sendo neste caso abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
-Traballo persoal do alumnado que require tanto a lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e a busca de novas achegas, como a participación activa no desenvolvemento das sesións.
Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É indispensable a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
A tarefa avaliadora será integral, continua e formativa. Aplicarase a actividades individuais e grupais, en función das diversas tarefas de ensinanza e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.
A avaliación das e dos estudantes centrarase no proceso e os resultados, tomándose como referencia os seguintes criterios de avaliación:
a. habilidades docentes básicas (capacidade de traballo en equipo, sistematicidade e organización, claridade expositiva, capacidade de comunicación, empatía)
b. dominio dos contidos da materia (calidade de coñecementos, argumentación, capacidade de elaboración e relación conceptual)
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
INDIVIDUAIS
a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas e titoría).
b. Lectura de monografía e ensaio. Lectura dunha das monografías que se presentarán ao inicio da materia e elaboración dun ensaio crítico sobre a mesma relacionando a lectura cos contidos impartidos na materia.
GRUPAIS
c. Prácticas. Realizarase unha por cada bloque temático:
Práctica 1: concepto de educación
Práctica 2: experiencias de participación familiar/iniciativas comunitarias en centros de
secundaria
Práctica 3: actividades e recursos educativos para a igualdade de xénero
As prácticas indicadas serán desenvolvidas en grupo e durante o período de clase, non contemplándose outra modalidade de realización.
No transcurso das aulas realizaranse outras actividades tales como discusión crítica de lecturas, análise de audiovisuais, comentarios de texto, simulacións, reflexiones sobre as realidades educativas …
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividade a requisito para proceder á avaliación
- Actividade b 50% cualificación
- Actividade c 50% cualificación
- Actividades voluntarias: ata un 10% a maiores na cualificación
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://cutt.ly/eb9KiQz), con exención total de docencia (https://cutt.ly/rb9KkQC), ou que por circunstancias imprevistas inescusables debidamente acreditadas, non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de clase e realización de todas as actividades de aula), seguirá as seguintes actividades e criterios de avaliación:
Actividade b. 50% da cualificación: Lectura de monografía e ensaio.
Actividade c. 50% da cualificación: Realización individual das tres prácticas indicadas. A súa elaboración e entrega realizarase nos mesmos prazos que se establezan para o alumnado asistente
A profesora indicará en titoría persoal as características das prácticas e do ensaio.
REQUIRIMENTOS PARA A AVALIACIÓN FORMATIVA
Para proceder á avaliación da materia, será preciso ter realizadas e entregadas no prazo que se estableza (único para todo o alumnado) todas as actividades de avaliación especificadas.
Para superar a materia e ter en conta as valoracións das outras actividades obrigatorias e optativas, a cualificación mínima no ensaio deberá ser de aprobado 5.
Aprobado o ensaio, se a avaliación sumativa das actividades non acada a puntuación mínima de aprobado (5), repetiranse individualmente para a segunda oportunidade as prácticas suspensas.
Todas as alumnas e alumnos matriculadas nesta materia, avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas en calquera das oportunidades previstas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Seguindo as indicacións recollidas na memoria do Master, estímase que cada crédito cursado nesta materia require dezasete horas de estudo e traballo persoal por parte das e dos estudante, seis horas de docencia presencial e dúas horas de titorías grupais e/ou individuais.
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Xerar e manter un ritmo de traballo que permita a vinculación continuada cos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos na materia.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia coas outras do master.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas pola profesora, ou persoalmente seleccionadas, arredor do tema obxecto de estudo.
-Facer uso das titorías como un dereito das e dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e de personalizar o proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
TITORÍA
Realizaranse no despachos da profesora na facultade de Ciencias da Educación no Campus Vida.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP ). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
FERRAMENTAS INSTITUCIONAIS
Lémbrase a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO MÓBIL E ORDENADOR
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil e ordenador persoal na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes. A actividade académica (clases/titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e os alumnado matriculado na materia, responsabilizándose quen incumpra das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2012-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se a docente da materia solicita a entrega en papel, prégase cumprir as seguintes indicacións que
mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/wb9NEzs
PROTECCIÓN DE DATOS Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Julio José Conde López
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- julio.conde [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Antonio Garcia Vinuesa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- a.garcia.vinuesa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |