Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia pretende contribuír á formación do alumnado nas competencias vinculadas á investigación e innovación educativa. Así, buscará favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
- Conceptualizar a investigación e a innovación no contexto da orientación educativa.
- Sensibilizarse na significatividade da acción investigadora e innovadora na práctica orientadora; valorándoa como unha parte esencial da propia disciplina profesional.
- Coñecer os programas e os proxectos de investigación e innovación educativa do contexto institucional: sobre necesidades educativas, convivencia, atención á diversidade, promoción da igualdade, reforzo educativo…
- Adquirir e adestrar as competencias necesarias para a práctica da acción investigadora e innovadora.
- Coñecer metodoloxías e técnicas básicas de investigación en orientación.
- Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar accións de investigación e innovación educativa.
- Integrar os resultados da investigación na práctica da orientación.
Para a consecución dos obxectivos da materia, propóñense os seguintes contidos:
1. Conceptualización e fundamentación da innovación e investigación educativa:
1.1. Investigación:
1.1.1. Conceptos básicos e características da investigación educativa.
1.1.2. Metodoloxías e temas ou liñas de investigación no ámbito da orientación.
1.2. Innovación:
1.2.1. Conceptos básicos e características da innovación educativa.
1.2.2. Ámbitos, fases, estratexias, instrumentos e recursos.
1.3. A relación entre investigación e innovación en educación e orientación.
1.4. Ética profesional e deontoloxía.
2. Deseño de proxectos de investigación e innovación educativa no ámbito da orientación:
2.1. Diagnóstico de necesidades, -convivencia, igualdade, reforzo educativo...-; e persoas destinatarias, -alumnado, familias e profesorado-.
2.2. Condicións estruturais, institucionais e persoais que impulsan ou inhiben a práctica investigadora e innovadora.
2.3. Estratexias, técnicas e recursos para a acción investigadora e innovadora na práctica orientadora: accións institucionalizadas vs. outras propostas.
2.4. A construción do proxecto propio.
Bibliografía básica
Bisquerra, R. (coord.) (2004). Metodología de la investigación educativa. Editorial La Muralla, S.A.
Fernández, M. e Alcaraz, N. (coords.) (2016). Innovación educativa. Más allá de la ficción. Ediciones Pirámide.
Navarro, E. (coord.) (2017). Fundamentos de la investigación y la innovación educativa. UNIR editorial.
Bibliografía complementaria
Albert, M.J. (2006). La investigación Educativa. Madrid: McGraw-Hill.
Buendía, L.; González González, D. & Pozo Llorente, T. (2004). Temas fundamentales en la investigación educativa. La Muralla.
CIDE (2000). El sistema de investigación educativa en España. Áreas de estudios e investigación. CIDE. http://www.educación.es/cide/jsp/plantilla
Escudero, T. & Correa Piñero, A. D. (2006). Investigación en innovación educativa: algunos ámbitos relevantes. La Muralla.
Fullan, M. (2002). Los nuevos significados del cambio en la educación. Octaedro.
Latorre, A. (2005). La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Graó.
McMillan J. H. & Schumacher, S. (2006). Investigación educativa. Una introducción conceptual. Pearson Addison Wesley.
Murga, Mª. A. (Ed.). (2009). Escenarios de innovación e investigación educativa. Editorial Universitas.
Villar Angulo, L. M. (2009). Creación de la excelencia en Educación Secundaria. Pearson.
Revistas
Revista Innovación Educativa: https://www.ipn.mx/innovacion
Revista Innovaciones Educativas: https://revistas.uned.ac.cr/index.php/innovaciones
Revista de Investigación Educativa (RIE): https://revistas.um.es/rie
COMPETENCIAS XERAIS
X4. - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensinanza e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursada.
X12. - Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e a outrxs profesionais da educación.
X16. - Traballar en equipo con outrxs profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
X17. - Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
X18. - Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B6. - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7. - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8. - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular valoracións a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos y valoracións.
B9. - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10. - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T1. - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso por Internet.
T2. - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, sendas alternativas e identificando errores lóxicos na toma de decisión.
T3. - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E31. - Coñecer e utilizar algunhas ferramentas dixitais básicas pola súa utilidade nas tarefas de orientación e titoría e no desenvolvemento das funcións do orientador.
E39. - Identificar e formular problemas relevantes xurdidos nos centros educativos que leven a emprender actividades de investigación e mellora.
E40. - Participar e colaborar en proxectos de investigación e innovación orientados á análise e mellora das prácticas educativas.
E42. - Apoiar a formación continuada do profesorado aportando ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a reflexión colectiva e critica sobre a propia práctica.
E44. - Asesorar nos procesos de avaliación da calidade e a elaboración dos plans de mellora.
A metodoloxía proposta integra dous elementos fundamentais para o correcto desenvolvemento da materia: teoría e práctica. Polo tanto, combinaranse sesións de carácter teórico-expositivo e sesións de carácter interactivo que contribúan á posta en práctica dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado en tarefas concretas que permitan a reflexión persoal, a análise, a creación propia, o descubrimento ou a busca de información, entre outros aspectos. Asemade, o traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do alumnado fora da aula.
As sesións expositivas desenvolveranse na aula e incluirán diversas actividades:
- Exposicións por parte do profesorado sobre os contidos.
- Exposicións por parte do alumnado de actividades formativas realizadas de xeito autónomo, -mapas conceptuais, análise/comentarios de texto, análise de vídeo, entre outros.-.
- Discusións sobre os contidos do tema, previa análise por parte do alumnado.
As sesións interactivas servirán para o desenvolvemento de actividades prácticas individuais e grupais dentro da aula. Procurarase así o traballo en grupo e a aprendizaxe cooperativa.
As actividades nas aulas interactivas realizaranse tanto individualmente como en pequenos e grandes grupos, segundo requira cada proposta. Estes grupos serán conformados e reformados polo alumnado no desenvolvemento da materia.
É importante sinalar que a proposta de actividades terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia, ademais da coordinación coas materias do semestre.
No que respecta ao traballo autónomo fora da aula, concretarase en diversas actividades de aprendizaxe que se irán especificando para cada tema e para cada sesión interactiva. Ditas actividades deberán entregarse, en prazo e forma, a través da Aula Virtual ou ben no formato que indique o profesorado, se fose pertinente outro tipo de soporte.
Así, cómpre indicar que o uso da Aula Virtual será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta esencial a través da que acceder aos recursos e para a comunicación, favorecendo deste modo os procesos de ensino-aprendizaxe.
Ademais, serán fundamentais as titorías de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams. En calquera caso, salvo excepcións previamente acordadas, levaranse a cabo no horario do profesorado sinalado na páxina web da Universidade. Estas sesións servirán ao desenvolvemento teórico-práctico da materia e á orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso.
É importante sinalar que deberá empregarse o correo electrónico da USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-, polo que será imprescindible que estea activo ao inicio da materia.
Por último, recordar que a USC é unha Universidade presencial, así que a asistencia ás sesións de aula é obrigatoria. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial ou dispensa de docencia. O alumnado con exención de docencia debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
A modalidade de avaliación da materia é a avaliación continua formativa, que será de aplicación para todo o alumnado, incluído o alumnado con exención ou dispensa de asistencia á clase. Dita modalidade avaliativa contempla o emprego de diversos instrumentos, normas e circunstancias que inciden na avaliación e que se detallan a continuación:
1. Instrumentos de avaliación
1.A. Informes escritos e outras producións das actividades propostas en aula, -presencial ou virtual-.
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 75%, -7,5 puntos-. Máximo 7,5 puntos e mínimo 4 puntos.
Realización: en grupos ou individualmente, segundo indique o profesorado en cada caso.
Criterios xerais de avaliación:
- Axustarse ás directrices aportadas polo profesorado en canto a forma, contido e aspectos formais.
- Cumprir cos prazos de entrega establecidos.
- Claridade expositiva e coherencia na redacción dos contidos tratados.
- Empregar unha linguaxe de calidade e unha expresión lingüística sen erros ortográficos nin de sintaxe.
- Rigor científico na presentación dos contidos, -citas bibliográficas e referencias empregadas debidamente recollidas-.
1.B. Exame final
Na data oficial establecida no calendario do ano académico 2023-24, dispoñible na web da Universidade, celebrarase un exame final sobre os contidos teórico-prácticos da materia; baseado nos materiais de traballo propostos para cada tema e que se facilitarán ao alumnado a través da Aula Virtual.
Carácter da proba: obrigatorio.
Peso na cualificación: 25%, -2,5 puntos-. Máximo 2,5 puntos e mínimo 1,5 puntos.
Realización: individual.
Tipo de proba: poderá combinar preguntas de diferentes tipos, -elección, completar, desenvolvemento ou resolución de casos prácticos-.
2. Normativa e condicións da avaliación
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Cualificación mínima: establécese unha puntuación mínima de 5 puntos para obter a cualificación de aprobado na materia. Esta puntuación debe obterse a partir da puntuación mínima concretada nas epígrafes 1.A, -informes escritos e outras producións-, e 1.B, -exame final-.
- Para superar e acadar unha valoración positiva na materia, tendo en conta que se establece unha avaliación continua, será preciso realizar e entregar en prazo todas as actividades de avaliación requiridas, ademais de superar cada unha delas. Se non se entregan todas as actividades propostas a cualificación da materia será a de “suspenso”.
- Os traballos individuais ou grupais do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado total ou parcialmente suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. Nestes casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a normativa de avaliación do rendemento dxs estudantes e de revisión de cualificacións.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto, de ser o caso, nas actividades programadas de forma coordinada que impliquen a outras materias ou a participación en proxectos de innovación.
- Asistencia: controlarase a asistencia ás sesións presenciais, -aulas expositivas e interactivas-.
A asistencia terá unha incidencia directa na avaliación continua, polo que se deben ter en conta as seguintes diferentes situacións:
- Asistencia a un 80% ou máis das sesións presenciais: é preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións presenciais, ademais de implicarse activamente nas actividades que se soliciten.
- Alumnado que asista a menos do 80% das sesións presenciais: o alumnado con ausencias superiores ao 20% do total das sesións presenciais por razóns xustificadas ou non xustificadas deberán continuar o traballo de xeito individual.
*Segundo o caso, deberán realizar un traballo complementario de lectura e reflexión dunha serie de textos propostos polo profesorado.
- Alumnado con dispensa de asistencia a clase ou exención de docencia: o alumnado que solicite a dispensa ou exención e lle sexa concedida, deberá informar ao profesorado desta situación no prazo máximo dunha semana desde a concesión. As actividades e traballos a realizar así como as datas de entrega serán as mesmas que para o alumnado asistente; mais neste caso desenvolveranse individualmente.
*No caso de non asistir ás sesións expositivas, deberán realizar un traballo complementario de lectura e reflexión dunha serie de textos propostos polo profesorado.
- Alumnado con diversidade funcional: o alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento normalizado da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC (www.usc.es/gl/servizos/sepiu), e informar do seu caso ao profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de poder acordar o plan de traballo e as adaptacións e apoios oportunos para un adecuado seguimento da materia.
3. Indicacións sobre as actividades
As actividades resoltas que se entreguen ao profesorado para a súa valoración deberán cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:
- Estrutura: a non ser que se indique o contrario, todo traballo debe constar de portada, índice, introdución, corpo do traballo debidamente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias e, de ser o caso, anexos.
- Calidade lingüística: ortografía, sintaxe e linguaxe inclusiva.
- Referencias e citación adecuada das fontes. Realización adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto seguindo a normativa APA; Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: http:/ www.apastyle.org.
- Orixinalidade: o plaxio, total ou parcial, dun traballo será motivo de suspenso. Cando se trate dun traballo en grupo, a cualificación será extensible a todos os membros do grupo.
4. Recuperación da materia
- O alumnado que non supere a materia no período ordinario, -primeira oportunidade-, terá unha segunda oportunidade de avaliación en xullo. Así, o alumnado que se atope nesta situación deberá acudir a titoría unha vez feitas públicas as cualificacións para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación nesa segunda oportunidade.
- As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtiveran unha cualificación positiva manterán esta cualificación para a convocatoria de xullo. Porén, aquel alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas mesmas será avaliado, nesta convocatoria de xullo, a través dunha proba escrita que representará o 100% da cualificación.
- Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores; é dicir, alumnado repetidor. O alumnado que se atope nesta situación deberá asistir a titoría dentro das dúas primeiras semanas do semestre para concretar coa profesora un plan de traballo específico, tendo en conta as circunstancias e condicións da súa situación.
- As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manterán en cursos posteriores. O alumnado que repita, ou que non se presentara en convocatorias anteriores, será avaliado segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Así, este programa será válido para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2023/2024.
Ao tratarse dunha materia de 3 créditos ECTS, cuxas horas distribúense do seguinte xeito:
- Aulas expositivas: 8 horas.
- Sesións interactivas: 11 horas
- Titorías: 5 horas
- Traballo persoal do alumnado: 51 horas.
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma das actividades que se propoñan.
- Contar con coñecementos de informática a nivel básico.
- Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas, xa que a materia está formulada de tal forma que a realización dunhas actividades precisa de ter realizadas as anteriores.
- Amosar, tanto nas intervencións en aula como nas actividades, unha actitude ética e de compromiso co traballo pedagóxico.
- Titorías: recoméndase ao alumnado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente.
- Consulta frecuente da Aula Virtual e, por extensión, dos materiais e recursos aí postos á disposición do alumnado.
1. Observacións xerais
Obrigatoriedade de uso da conta de correo USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
O ensino-aprendizaxe, -aulas e titorías-, é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o alumando matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos, -https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos-.
2. Responsabilidade ambiental na elaboración de traballos
En relación ás actividades individuais ou de grupo que se realicen deberanse ter en conta as seguintes indicacións:
- Sempre que sexa posible e excepto que se dea outra indicación, entregaranse a través da Aula Virtual.
- No caso de ter que imprimir algún traballo:
evitaranse tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesario,
empregaranse grampas en lugar de encanutillados,
imprimirase a dúas caras e en calidade “aforro de tinta”,
non se empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes,
evitaranse anexos que non teñan referencia directa cos contidos desenvoltos.
3. Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nas actividades académicas propostas. Pódese obter información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
4. Utilización do teléfono móbil na aula
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |