Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Entender á historia da Ciencia da Conservación e o seu contexto na ética ambiental.
• Coñecer as evidencias científicas sobre a rareza das especies e a perda de biodiversidade e comprender as causas que explican tales cambios.
• Comprender e ser capaz de expresar os impactos ecolóxicos, sociais e económicos da p• Entender á historia da Ciencia da Conservación e o seu contexto na ética ambiental.
• Coñecer as evidencias científicas sobre a rareza das especies e a perda de biodiversidade e comprender as causas que explican tales cambios.
• Comprender e ser capaz de expresar os impactos ecolóxicos, sociais e económicos da perdida de biodiversidade.
• Ser capaces de sintetizar e expoñer en público os beneficios que prové a biodiversidade.
• Saber aplicar os principios e as ferramentas que se empregan para conservar a biodiversidade a diferentes escalas.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa conservación da biodiversidade.
erdida de biodiversidade.
• Ser capaces de sintetizar e expoñer en público os beneficios que prové a biodiversidade.
• Saber aplicar os principios e as ferramentas que se empregan para conservar a biodiversidade a diferentes escalas.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa conservación da biodiversidade.
Temario de teoría/seminarios:
1. As bases históricas e éticas da conservación. Breve historia do conservacionismo. Conservación en España. Ecoloxía e ecoloxismo. O método científico.
2. Biodiversidade: moito mais ca xenes e especies. O concepto de biodiversidade. Diversidade intraespecífica (xenética), ecolóxica e paisaxística. Diversidade taxonómica, etolóxica e funcional. Valoración da biodiversidade.
3. Causas e consecuencias da extinción. Rareza das especies. Estimación das taxas de extinción. Criterios da Lista vermella da IUCN. Causas de extinción: destrución de hábitats, sobre-explotación, especies exóticas invasoras. Análise de viabilidade de poboacións.
4. Xestión de poboacións. Obxectivos da xestión. Importancia da variabilidade xenética. Unidades de xestión. Xestión de recursos e ameazas. Traslados e cría en catividade. O papel dos zoolóxicos e xardíns botánicos. Etoloxía e conservación
5. Xestión de especies. A Bioloxía da Conservación como ciencia multidisciplinar. Factores sociais. Educación ambiental. Economía da conservación. Política e conservación. Plans de recuperación e xestión de especies ameazadas.
6. Xestión de ecosistemas. Sustentabilidade. Xestión ecosistémica. Análise de decisións. Ecosistemas modificados (forestales, agropecuarios, ecosistemas acuáticos). Restauración de ecosistemas.
7. O método científico en conservación. Principios do deseño experimental. Experimentos manipulativos e observacionais. Paradigmas estatísticos (frecuentista, teoría da información, bayesiano).
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
Parte práctica: A investigación en Bioloxía da Conservación. Exposición e xustificación dun traballo de investigación aplicada a un problema de conservación
Leopold, Aldo, A sand county almanac (versión española: Una ética de la tierra), Oxford University Press, 1949, Oxford
Hunter, M.L., Fundamentals of Conservation Biology, Blackwell Science, 2002, Oxford
BÁSICAS e XERAIS
CG02 - Uso de la terminoloxía adecuada no ámbito da biodiversidade terrestre
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír o análise e xerar información específica.
CG05- Contribuír ao desenvolvemento do coñecemento no ámbito da biodiversidade.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e os podan transferir a resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE5- Coñecer e saber aplicar a metodoloxía para o seguimento de poboacións naturais e recoñecer, de ser o caso, o grao de ameaza dunha especie, ou ben o seu potencial invasor.
Lección-explicación: procedemento docente por o cal o profesor presenta conceptos e/o procedementos, aportando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica o un procedemento práctico, promovendo a participación dos alumnos.
Clase práctica: presentación de traballos monográficos sobre Bioloxía da Conservación, baseados nunha revisión da literatura científica.
O libro “A sand county almanac”, de Aldo Leopold (Oxford University Press, 1949), é lectura obrigatoria. Debe presentarse un traballo monográfico sobre dito libro, que será imprescindible para a avaliación final. Versión en español dispoñible baixo os títulos “Una ética de la Tierra”, Ediciones de la Catarata, e “Un año en Sand County”, de edicións Errata Naturae.
PONDERACIÓN
Traballos individuais entregables 30
Exposición de traballos 35
Traballo sobre “A sand county almanac” 35
Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas 10 100
Clases interactivas 11 100
Titorías 3 100
Estudio persoal 51 0
Total horas de traballo 75