Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Física Aplicada, Produción Vexetal
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquisición de coñecementos básicos sobre algúns aspectos das enerxías renovables, e máis concretamente da Biomasa, que non se abordan nos estudos de grao.
Capacitar ao alumno para propoñer iniciativas aplicables a diferentes comunidades seleccionando a mellor alternativa (biocombustibles sólidos, líquidos ou gaseosos), e dar a coñecer as vantaxes económicas e sociais da implantación deste sistema de produción de combustibles sustentable no ámbito rural galego como alternativa ao uso de combustibles fósiles.
Desenvolver no alumno a capacidade de análise dos proles e contras da implantación da biomasa como fonte enerxética sustentable, e dar a coñecer a actualidade desta alternativa enerxética usando os modelos en funcionamento en España.
Capacitar ao alumno para expoñer a posibilidade de utilizar a curto prazo esta fonte enerxética como substituto dos combustibles convencionais en gran parte da xeografía rural galega englobando na proposta o modelo de sustentabilidade do recurso.
Formar ao alumno para recoñecer, seleccionar, dimensionar e expoñer os sistemas de produción enerxética máis eficientes, sustentables e con menos impacto ambiental a partir de biomasa.
Coñecemento das características e propiedades básicas dos combustibles líquidos de maior relevancia no ámbito do transporte, as materias primas e procesos de produción asociados.
Conceptos e clasificación de biomasa.
Modelos de xestión sustentable de biomasa.
Transporte e loxística de biomasa.
Interactivo de rendementos enerxéticos.
Biocombustibles sólidos residuais e lignocelulósicos.
Procesos de produción e características de leñas, achas e densificados.
Biocombustibles líquidos.
Biocombustibles gaseosos.
Sistema de combustión e caldeiras.
Caracterización enerxética dun biocombustible.
Interactivo: normas de calidade de biocombustibles sólidos.
Revisión rápida do estado actual e perspectivas de futuro dos biocombustibles.
Bibliografia Básica:
Camps, M., Marcos, F., 2008. Los biocombustibles. Ed. Mundo Prensa.
Energy and Climate Change. David A. Coley. John Wiley & Sons, Ltd. 2008. England.
Bibliografia complementaria:
Energías renovables. Jaime González Velasco. Editorial Reverté. 2009. Barcelona.
Alternative Energy Densified. Stan Gibilisco. McGraw Hill. 2007. New York.
Sustainable Energy-without the hot air. David J. C. MacKay. UIT Cambridge Ltd. 2009. Cambridge.
J. A. Carta González, R. Calero Pérez, A. Colmenar Santos, M. A. Castro Gil, Centrales de energías renovables: generación eléctrica con energías renovables, PEARSON EDUCACIÓN S.A., 2009.
J. M. de Juana. Energías renovables para el desarrollo. Ed. Thomson Paraninfo 2007
http://www.inega.es/enerxiasrenovables/
http://www.idae.es/index.php
http://www.mityc.es/energia/es-ES/Paginas/index.aspx
http://www.energy.gov/
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación
profesional ao campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático.
CG02 - Desenvolver a suficiente autonomía para iniciarse na investigación e poder incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos tres ámbitos do Máster.
CG03 - Capacidade de realizar estudos de planificación e deseño de solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables e a sustentabilidade e o cambio climático, ben sexan modelos de planificación ou para a súa aplicación a instalacións.
CG08 - Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables no
marco da sustentabilidade.
CG07 - Coñecer a lexislación básica a nivel nacional e autonómico relacionada co campo das enerxías renovables, e ser
capaz de acceder ás bases bibliográficas dispoñibles e ter capacidade para interpretalas.
CG04 - Dimensionar, executar, explorar,manter, xestionar e avaliar obras e instalacións de tecnoloxías renovables.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades.
TRANSVERSAIS
CT01 - Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
CT02 - Analizar, razoar críticamente, pensar con creatividade e comunicar as súas ideas defendéndoas e discutíndoas asertiva e estructuradamente.
CT10 - Capacidade de análise e de síntese.
ESPECÍFICAS
CE02 - Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas eficientes, renovables e sostibles, aplicando ferramentas de modelización, planificación e optimización.
CE03 - Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, analizar, desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos enerxéticos e propoñer solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares.
CE06 - Optimizar os mecanismos de crecemento e produción de formacións forestais mediante o uso de simuladores.
CE10 - Comprender e establecer metodoloxías para a diagnose, xestión e planificación enerxética sostible a través da valorización de recursos enerxéticos propios en diferentes tipos de asentamento e aplicar este tipo de procedemento en casos sinxelos.
A materia desenvolverase en horas de clases maxistrais e actividades diversas (seminarios, mesas redonda, coloquios, etc.), utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios.
Os estudantes deberán desenvolver en grupo ou de forma individual ao longo do curso un traballo que deberán expoñer.
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A avaliación da materia será continua e compoñerase dunha combinación de:
Asistencia e actitude en clase e en titorías: 10 %
Realización de actividades diversas (prácticas, problemas, tarefas diversas, etc.): 30 %
Exame final (pode ser tipo test ou combinado): 60 %
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
Horas presenciais (clases maxistrais): 9 h expositivas
Seminarios: 6 h
Laboratorio: 6 h
Titorías en grupo e individuais: 3 h
Exame: 2 h
Horas presenciais para preparar cada un dos apartados anteriores: 24 h
Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 5 h
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 6 h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 5 h
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 5 h
Outras tarefas propostas polo profesor: 15 h
Horas non presenciais para preparar cada un dos apartados anteriores: 51 h
Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información aconselladas polo profesor a parte dos apuntamentos recolleitos durante as clases.
Recoméndase asistir ás clases e intervir activamente nelas. Asistir ás titorías para resolver dúbidas e desenvolver os seminarios propostos para a súa exposición.
Traballar en grupo desde o primeiro día en todos e cada un dos puntos (estudo teórico, resolución problemas e cuestións, traballo a presentar e defender, etc.).
Asistir continuamente ao longo do curso xa que durante as clases vaise esbozando o exame final nos debates e nas cuestións que se expoñen en clase.
PLAN OF CONTINGENCY in front of a possible change of stage
1) Objective: unchanged.
2) Contained: unchanged.
3) bibliographic Material: unchanged.
4) Competitions: unchanged.
5) Methodology:
Stage 2. Distance do not expect modifications in the type of teaching expositiva and interactive if they keep the traditional parameters of matrícula. If the measures of distance did not allow that all the students of the matter assist to the face-to-face classes in the classroom assigned and does not have of an educational space wider to receive to all the students, then would arbitrate any of these measures:
- Broadcast in streaming the class for part of the students that would follow them from another educational space of the faculty. They would establish turns so that all the students will follow the classes in the same conditions.
- Broadcast in streaming the class for part of the students that would follow them from his house. They would establish turns so that all the students will follow the classes in equal conditions.
It will prioritise to the hour to program the activity of the matter the presencialidad in the proofs of evaluation. If because of an unavoidable rotation of the students, the proofs of evaluation consumed a number inasumible of hours, the corresponding teaching would give telemáticamente.
The tutorías will be able to be face-to-face or telematic, will require of previous appointment.
Stage 3. Closing of the installations of the USC The teaching will be telematic and the classes will develop of synchronous form in the official schedule of class. It can be that, by causes sobrevenidas, any of the classes will develop of asynchronous form what will communicate to the students previously. The tutorías late-telematic night and will require of previous appointment.
6) System of evaluation
Stage 2. Distance The system of evaluation will be the same that the described for the stage 1.
The final examination will be face-to-face if the sanitary rules allow it. If it is not possible a face-to-face examination, east will be telematic. It will consist in proofs gone up to the digital platform of the subject with questions type test and/or questions test with thematic theoretical and theoretical-practical.
Stage 3. Closing of the installations of the USC
The system of evaluation will be the same that the described for the stage 1.
It will increase the quantity and quality of the activities evaluativas comprised in the continuous evaluation.
In the stage 3 the final examination will be telematic.
7) Time of study and personal work: unchanged.
8) Recommendations for the study of the matter: unchanged. Likewise,
it would be recommended a basic knowledge of English. Also it would be recommended a knowledge to level of user in computing to familiarise with the new technologies to the hour to give quality to the public oral exhibitions, programs of treatment of data to analyse the data obtained in the work of laboratory, and navigation by Internet to have the most direct access and fast to the greater possible information.
The educational programming is designed for the stage 1 (adapted normality) but has a Plan of contingency to end to minimise the impact of a possible burgeon of the COVID-19, incorporating a stage 2 (distance) and a stage 3 (closing of installations).
Roque Rodríguez Soalleiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Rodriguez Añon
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
10.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
02.07.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |