Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
Ao final do estudo desta materia, o alumno debe de adquirir coñecementos sobre o cambio climático e os inventarios de emisións.
O alumno coñecerá os datos fundamentais do fenómeno do cambio climático o que lle permitirá ter unha formación básica para enmarcar e formular propostas que contemplen este ámbito de actuación.
Coñecerá os inventarios de emisións e as emisións enerxéticas, en particular, dos diferentes países, o seu "mix" enerxético e aprenderá a valorar a súa importancia.
Aprenderá a facer propostas de plans enerxéticos con enerxías renovables tendo en conta as emisións das outras fontes enerxéticas para os distintos ámbitos competenciais.
Finalmente, o alumno aprendera a xestionar e elaborar un proxecto de axudas dos proxectos PIMA, da Pegada de Carbono e os proxectos do Mecanismo de Desenvolvemento Limpo ou da implementación conxunta xeradores de CERs.
A nosa percepción da enerxía e a súa relación co cambio climático
Sustentabilidade e transición
Breve descrición do fenómeno do cambio climático: acción-reacción
Descarbonización
Instrumentos para a xestión da enerxía ante o cambio climático
Básica
Portal de cambio clímático del Gobierno de España. http://www.mapama.gob.es/es/cambio-climatico/temas/
Intergovernmental panel on climate change: ipcc.ch
Portal de cambio climático del Goberno de Galicia. cambioclimático.xunta.gal
https://www.unenvironment.org/es/resources/informe-sobre-la-brecha-de-e…
https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/el-proceso-internac…
https://www.irena.org/publications/2019/Mar/Renewable-Capacity-Statisti…
https://www.iea.org/
http://large.stanford.edu/publications/coal/references/wood/
https://ec.europa.eu/eurostat
https://www.eurobserv-er.org/category/2019/
https://www.csn.es/home
https://www.foronuclear.org/
Complementaria
https://www.eea.europa.eu/themes/energy/renewable-energy/renewable-ener…
https://observatoriorenovables.org/informe/renewables-2019-global-statu…
https://digitallibrary.un.org/record/139811?ln=es
C:\Users\josen\Desktop\GALICIA 04052021\PERSONALES\NEGRO\DOCENCIA\MASTER RENOVABLES\MERYCSE\MERYCSE 2019-20\CLASES\CLASE 2020-21\ENERGIA Y CAMBIO CLIMATICO\ECC\ENERGIA Y CAMBIO CLIMATICO. BIBLIOGRAFIA\Fourth National Climate Assessment\NCA4 VI.pdf
C:\Users\josen\Desktop\GALICIA 04052021\PERSONALES\NEGRO\DOCENCIA\MASTER RENOVABLES\MERYCSE\MERYCSE 2019-20\CLASES\CLASE 2020-21\ENERGIA Y CAMBIO CLIMATICO\ECC\ENERGIA Y CAMBIO CLIMATICO. BIBLIOGRAFIA\Fourth National Climate Assessment\NCA4 VII.pdf
https://www.clubofrome.org/publication/the-limits-to-growth/
https://web.archive.org/web/20061209022829/http://www.hm-treasury.gov.u…
https://passivehouse.com/
https://passivhaus-spain.com/?gclid=EAIaIQobChMIutaFpoiF7QIVgdiyCh2u8wB…
https://icsid.worldbank.org/es/acerca
https://www.worldenergy.org/publications/entry/world-energy-trilemma-in…
https://calculator.carbonfootprint.com/calculator.aspx?lang=es
https://www2.deloitte.com/es/es/pages/strategy-operations/topics/monito…
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático
CG03 - Capacidade de realizar estudos de planificación e deseño de solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables e a sustentabilidade e o cambio climático, ben sexan modelos de planificación ou para a súa aplicación a instalacións.
CG08 - Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables no marco da sustentabilidade
CG07 - Coñecer a lexislación básica a nivel nacional e autonómico relacionada co campo das enerxías renovables, e ser capaz de acceder ás bases bibliográficas dispoñibles e ter capacidade para interpretalas
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT07 - Tratar, analizar e obter conclusións sobre uns conxunto datos resultantes dun estudo utilizando fontes documentais
CT13 - Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado
CT14 - Capacidade para analizar, organizar, xestionar e aplicar un proxecto técnico-científico tendo en conta as limitacións de persoal, económicas, legais, etc.
ESPECÍFICAS
CE08 - Avaliar os impactos ambientais asociados a proxectos enerxéticos, elaborar plans de redución de emisións de GEI e analizar os seus efectos sobre os procesos de cambio climático.
CE09 - Deseñar e xestionar proxectos enerxéticos enfocados á mitigación do cambio climático que xeren dereitos de emisión.
A materia desenvolverase en horas de clases maxistrais e actividades diversas (seminarios, mesas redonda, coloquios, etc.), utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios.
Os estudantes deberán desenvolver en grupo ou de forma individual ao longo do curso un traballo que deberán expoñer.
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A avaliación da materia será continua e compoñerase dunha combinación de:
Asistencia e actitude en clase: 10 %
Realización de actividades diversas (prácticas, problemas, tarefas diversas, etc.): 40 %
Desenvolvemento e presentación do seminario (individualmente ou en grupo): 50 %
De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o estudante poderá presentarse a un exame en primeira convocatoria e de non superalo poderá presentarse a outro exame en segunda convocatoria. A cualificación obtida nestes exames será a que o estudante obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
Aproximadamente unha hora de traballo persoal por cada hora de clase lectiva.
Clases maxistrais 9 h
Docencia interactiva. Seminarios 12 h
Titoría en grupo 3 h
Traballo persoal do alumno e outras actividades 51 h
Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información aconselladas polo profesor a parte dos apuntamentos recolleitos durante as clases.
Recoméndase asistir ás clases e intervir activamente nelas. Asistir ás titorías para resolver dúbidas e desenvolver os seminarios propostos para a súa exposición.
Traballar en grupo desde o primeiro día en todos e cada un dos puntos (estudo teórico, resolución problemas e cuestións, traballo a presentar e defender, etc.).
Asistir continuamente ao longo do curso xa que durante as clases vaise esbozando o exame final nos debates e nas cuestións que se expoñen en clase.
Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés. Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso mais directo e rápido á maior información posible.
Jose Antonio Rodriguez Añon
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
26.05.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
27.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |