Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 20 Total: 75
Linguas de uso Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento do fundamento das técnicas espectroscópicas e espectrométricas e da información estrutural que pode obterse delas.
- Obter unha visión xeral dos métodos e as técnicas experimentais espectroscópicas e espectrométricas utilizadas na química biolóxica e os materiais moleculares.
- Manexo das técnicas espectroscópicas e espectrométricas con seguridade e competencia.
- Capacidade de interpretación dos resultados espectroscópicos e espectrométricos para obter información estrutural.
- Ser capaz de propoñer a estrutura molecular dos compostos orgánicos e inorgánicos mediante o uso das técnicas espectroscópicas e a espectrometría de masas.
- Coñecer as posibles aplicacións deste campo da ciencia.
- Espectroscopías vibracionales de infravermello e Raman: similitudes e diferenzas. Preparación de mostras. Técnicas experimentais. Interpretación.
- Espectroscopía de absorción visible- ultravioleta. Dicroísmo circular.
- Espectroscopía de fluorescencia. Rendemento cuántico.
- Espectrometría de masas. Técnicas de ionización e analizadores de masas.
- Interpretación de espectros.
- Aplicacións en diferentes campos da química.
Básica
- Michael G. Gore, Spectrophotometry and Spectrofluorimetry: A Practical Approach, Oxford University Press, 2000. ISBN 978-0199638123.
- Alison Rodger, Bengt Norden. Circular Dichroism and Linear Dichroism (Oxford Chemistry Masters). Oxford University Press: New York, 1997. ISBN 0-19-885897-X.
Complementaria
- Bernard Valeur, Mário Nuno Berberan-Santos. Molecular Fluorescence. Principles and Applications. Wiley-VCH, 2012. ISBN 978-3527328376.
- Mark A. Williams, Tina Daviter (Eds.). Protein-Ligand Interactions. Methods and Applications (Methods Mol. Biol. 1008). Springer Science+Business Media New York, 2013. ISBN 978-1-62703-398-5.
- Andrea Bellelli, Jannette Carey. Reversible Ligand Binding. Theory and Experiment. Wiley-VCH, 2018. ISBN: 978-1119238485.
Básicas
CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto da investigación.
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10: Que os estudantes posúan as habilidades da aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Xenerais
CG1: Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas prácticos no ámbito da investigación e a innovación no contexto multidisciplinar da química biolóxica e os materiais moleculares.
CG2: Saber aplicar o método científico e adquiran habilidades na elaboración dos protocolos necesarios para o deseño e avaliación crítica de experimentos químicos.
CG3: Ser capaces de debater e comunicar as súas ideas, de forma oral e escrita, a públicos especializados e non especializados (congresos, etc.) dun modo claro e razoado.
CG5: Dispoñer das habilidades que lle permitan desenvolver un modo de estudo e aprendizaxe autónomo.
CG8: Manexar a bibliografía científica avanzada de fontes primarias e adquirir as ferramentas necesarias para desenvolver a súa interpretación crítica, con capacidade de establecer a estado da arte (“ state of the art”) de liñas temáticas novas nos campos da química biolóxica e os materiais moleculares.
Transversais
CT3: Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4: Aplicar os conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados coa Química Biolóxica e os Materiais Moleculares a contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos multidisciplinares.
CT5: Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT6: Ser capaces de adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar con iniciativa as tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes.
CT7: Demostrar razoamento crítico e autocrítico en busca da calidade e o rigor científico. Manexar as ferramentas informáticas e as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o acceso ás bases de datos científicas, contextualizando críticamente os precedentes en campos de investigación novos como a química biolóxica e/ou o desenvolvemento de novos materiais.
Específicas
CE1: Coñecer o impacto da química, a química biolóxica e os materiais moleculares na industria, o medio ambiente, a saúde, a agroalimentación e as enerxías renovables.
CE2: Ser capaz de confrontar críticamente os datos experimentais e as hipóteses teóricas.
CE3: Coñecer as normas sobre a prevención de riscos no laboratorio e na industria relacionada coa química.
CE4: Coñecer e entender as ferramentas químicas e as técnicas analíticas que se usan na química biolóxica e os materiais moleculares.
CE5: Saber analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas.
CE8: Adquirir destreza técnica para levar a cabo a caracterización estrutural de moléculas, biomoléculas, supramoléculas e nanopartículas e na interpretación dos datos experimentais obtidos.
- Aula virtual (Moodle). A materia contará cunha aula virtual na que se incluirá todo o material de apoio docente do curso, os calendarios, ligazóns a páxinas de interese, etc. Será o medio a utilizar para a realización das probas finais no escenario 3. Esta plataforma tamén contén foros de discusión e correo interno o que proporciona unha excelente comunicación entre profesores e estudantes.
- MSTeams. A plataforma de MSTeams utilizarase para as clases telemáticas e en xeral para as comunicacións de voz e vídeo entre alumnos e profesores.
- Prácticas de laboratorio que permitan chegar a dominar experimentalmente as distintas técnicas espectroscópicas e espectrométricas.
- Fomento do autoaprendizaje para desenvolver a capacidade de análise dos datos espectroscópicos.
- Clases interactivas que fomenten a participación do alumnado para resolver exercicios prácticos de interpretación e procesamento de datos espectroscópicos.
O proceso de avaliación non só servirá para coñecer se o alumno adquiriu as competencias programadas senón tamén para revisar a metodoloxía de ensino.
- Proba escrita sobre contidos básicos teóricos e prácticos da materia.
- Avaliación continua asociada á participación activa e á aprendizaxe autónoma.
- Avaliarase a adquisición de competencias a través dos diferentes sistemas: Exame: 50%-70%; Exposicións orais: 15%-25%; Traballos/Actividades: 15%-40% ; Titoría: 0%-10%. O alumno haberá de superar unha nota mínima de 4 puntos no exame (puntuable entre 0-10) para poder aprobar a materia.
Actividades formativas:
Presenciais: Clases presenciais teóricas: 3 h; Seminarios e clases prácticas de lousa, 4 h; Titorías programadas, 1 h; Clases prácticas de laboratorio ou de informática, 16 h; Avaliación e/ou exame, 3 h.
Non presenciais: Preparación de probas e traballos dirixidos 10 h; Estudo e traballo persoal do alumno, 35 h; Procuras bibliográficas e utilización de bases de datos, 3 h.
Marco Eugenio Vazquez Sentis
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815738
- Correo electrónico
- eugenio.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Tomas Gamasa
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815760
- Correo electrónico
- maria.tomas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Mayra Maritza Queme Peña
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- mayramaritza.queme [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula Matemáticas (3º andar) |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula Matemáticas (3º andar) |
18.12.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |