Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son que o alumnado coñeza as normativas e estratexias para a protección e xestión dos espazos naturais protexidos. É dicir, que adquira capacidade para deseñar, redactar e poñer en práctica os plans de declaración e os diferentes instrumentos de planificación e xestión de espazos naturais protexidos.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos: Marco lexislativo. Figuras de protección e procedementos de declaración de espazos naturais protexidos. Plans de ordenación e xestión de espazos naturais protexidos.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas.
Programa de teoría (12 h.):
1. Introdución e definicións: Concepto de xestión de espazos protexidos. Definición e finalidades dun espazo natural protexido (ENP). Tipos e categorías de protección dos ENP. Percepción actual dos ENP. Os obxectivos (de desenvolvemento) do milenio. 2 h.
2. Lexislación e "actores" internacionais da xestión de ENP: Principais "actores" internacionais da xestión de ENP: UICN, UNESCO (Reservas da Biosfera, Patrimonio da humanidade, Xeoparques, Convención Ramsar), PNUMA (ZEPIM). Principais "actores" europeos da xestión de ENP e lexislación relacionada: OSPAR (AMP), Unión Europea (Rede Natura 2000, Directivas de Aves e Hábitats), Consello de Europa (Reservas Bioxenéticas), Federación Europarc. 3 h.
3. Lexislación e "actores" nacionais da xestión de ENP: Principais "actores" españois da xestión de ENP e lexislación relacionada: Europarc España, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e Ministerio para la Transición Ecológica (Organismo Autónomo Parques Nacionales, OAPN), Ministerio de Cultura y Deporte (BICs). Principais "actores" galegos da xestión de ENP e lexislación relacionada: Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. 3 h.
4. Planificación dos ENP como paso inicial da xestión: Elementos fundamentais para a xestión. Planificación participativa. Planificación en fervenza: Plans Directores, Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN), Plans de Xestión, Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUG), Plans ou Programas Sectoriais. 1 h.
5. Elaboración dos plans de xestión: Deficiencias habituais nos plans xestores. Metodoloxía para a elaboración dun plan de xestión: Identificación de obxectivos a longo prazo (obxectivos xerais); Diagnóstico; Formulación de obxectivos operativos; Definición de medidas e resultados a obter; Avaliación. Preguntas ás que debe responder un plan de xestión. 1 h.
6. Deseño de plans de seguimento: A necesidade da avaliación dos espazos protexidos. Definición e contido básico dun plan de seguimento. Metodoloxía para o deseño dun plan de seguimento: Identificación de obxectivos; Definición dun modelo de funcionamento do sistema; Selección de indicadores; Establecemento de protocolos para a medida dos indicadores, a adquisición de datos e o seu tratamento. 0,5 h.
7. A custodia do territorio como elemento de conservación da natureza: definición de custodia do territorio. Acordos de custodia. Entidades públicas e privadas de custodia. Exemplos nacionais e galegos. 1 h.
8. Xestión de montes nos ENP: Métodos de ordenación aplicables a bosques en espazos naturais protexidos. 0,5 h.
Prácticas de laboratorio/seminarios (2 h.):
1. Análise e avaliación dun documento de xestión dun ENP. 2 h.
Prácticas de campo (10 h.):
1. Dúas visitas de campo a Espazos Naturais Protexidos (fundamentais para coñecer a aplicación á realidade dos coñecementos impartidos). 10 h.
Bibliografía básica
EUROPARC-España (2005). Diseño de planes de seguimiento en espacios naturales protegidos. Manual para gestores y técnicos. Serie manuales EUROPARC-España nº 2. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 176 p. Dispoñible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual_2.pdf
EUROPARC-España (2008). Planificar para gestionar los espacios naturales protegidos. Serie manuales EUROPARC-España nº 7. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 120 p. Dispoñible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual_7.pdf
EUROPARC-España (2021). Anuario 2020 del estado de las áreas protegidas en España. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 131 p. Disponible en:
https://redeuroparc.org/wp-content/uploads/2022/01/anuario2020finalweb…
BASORA ROCA X., SABATÉ I ROTÉS X. 2006. Custodia del territorio en la práctica. Fundació Territori i Paisatge, Obra Social Caixa Catalunya, Xarxa de Custòdia del Territori. Disponible en:
https://www.custodia-territorio.es/manual-de-custodia-del-territorio-en…
MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE. Recopilación de legislación en materia de naturaleza de aplicación a nivel nacional, europea e internacional. Dispoñible en: http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/legislacion/
Bibliografía complementaria
EUROPARC-España (2002). Plan de Acción para los espacios naturales protegidos del Estado Español. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid 168 p. Dispoñible en: http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/planaccion.pdf
EUROPARC-España (2010). Herramientas para la evaluación de las áreas protegidas: modelo de memoria de gestión. Serie manuales EUROPARC-España nº 8. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid. 121 p. Dispoñible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual8.pdf
EUROPARC-España (2013). Proyectos de ordenación de montes. Herramientas para la conservación en los espacios protegidos. Serie manuales EUROPARC-España nº 11. Ed. Fundación Interuniversitaria Fernando González Bernáldez. Madrid. 80 p. Dispoñible en:
http://www.redeuroparc.org/system/files/shared/manual11.pdf
Lausche B. (2012). Directrices para la legislación relativa a áreas protegidas. UICN, Gland, Suiza. Dispoñible en: http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/EPLP-081-Es.pdf
Leverington F., Lemos Costa K., Courrau J., Pavese H., Nolte C., Marr M., Coad L., Burgess N.D., Bomhard B., & Hockings M. (2010). Management effectiveness evaluation in protected areas: a global study: second edition. IUCN, Gland; Switzerland. Dispoñible en:
http://data.iucn.org/dbtw-wpd/edocs/2010-092.pdf
MMAM (1999). Estrategia española para la conservación y el uso sostenible de la diversidad biológica. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid.
UICN (1994). Guidelines for Protected Area Management categories. CNPPA and WCMC. UICN, Gland, Suiza y Cambridge, UK. Dispoñible en: http://www.wild.org/wp-content/uploads/2010/01/IUCN-Protected-Area-Cata…
Os estudantes que superen esta materia, coñecerán:
- COM2-17. O marco lexislativo español e galego sobre declaración e xestión de espazos naturais protexidos.
- COM2-18. As ferramentas administrativas para a xestión de áreas protexidas (plans directores, PORN, etc.) e a metodoloxía para súa elaboración.
- COM2-19. As metodoloxías para o deseño de plans de seguimento do estado de conservación do espazo.
Ademais, serán capaces de:
- HAM2-10. Deseñar propostas para a declaración de espazos naturais protexidos.
- HAM2-11. Deseñar plans de xestión e seguimento de espazos naturais protexidos.
Esta materia contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específica:
- CEM2-02. Capacidade para deseñar plans de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
B) Xeral:
- CG02. Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
A docencia desta materia será presencial. As sesións expositivas, de teoría e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e de medios audiovisuais. Tamén se considera a realización de sesións interactivas, como seminarios e conferencias a cargo de especialistas na materia (na aula ou visitando os seus centros de traballo), prácticas de campo (visitando espazos naturais protexidos, que servirán para coñecer a aplicación á realidade dos coñecementos impartidos), e a elaboración por parte dos estudantes dun traballo práctico que consistirá na análise crítica dun documento de xestión dun espazo natural protexido, incluíndo a exposición final do traballo e o debate dos resultados obtidos (o traballo e a súa exposición servirán para a avaliación continua da materia).
Tanto nas sesión expositivas como nas interactivas, e coa realización e exposición dos traballos, o alumnado traballará as competencias CG02 e CEM2-02.
As actividades de ensino/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado).
Nas titorías individuais atenderase ao alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación dos traballos...).
Será unha combinación entre avaliación continua, participación dos alumnos e proba final, coa seguinte ponderación na cualificación final da materia:
- Avaliación continua (60%): a medida que se avance na materia propoñerase un traballo de prácticas consistente no análise e valoración dun documento de xestión dun espazo natural protexido (seleccionado polos propios alumnos), que deberá realizarse individualmente a lo longo do curso e entregarse no prazo que se especifique (como moi tarde o día da proba final).
- Proba final (30%): consistirá na exposición do traballo de prácticas de forma presencial no lugar e data fixados pola Dirección do Centro para cada unha das convocatorias oficiais de exames.
- Participación do alumnado nas actividades da aula e nas prácticas de campo (10%). Conservarase a nota desta parte ata a segunda oportunidade.
Tanto o traballo da avaliación continua como a súa presentación na proba final son obrigatorios para aprobar a materia, e será necesario obter nas dúas como mínimo 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. A asistencia ás prácticas de campo es tamén obrigatoria.
Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor o teña concedido dispensa de asistencia).
Todas as competencias indicadas (CG02 e CEM2-02) serán traballadas e avaliadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calcificacións" (articulo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten unha carga de 3 ECTS, divididos en 12 horas de docencia expositiva, 12 horas de clase interactiva de laboratorio e 1,5 horas de titorías (total: 25,5 horas). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con outras dúas horas de traballo do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula mediante o estudo dos aspectos teóricos explicados e a elaboración do traballo de curso que se empregará para a avaliación parcial da materia.
Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas. Ordenar e asimilar a información recibida (apuntamentos, material complementario, etc.). Completar a información recibida coa bibliografía recomendada. Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflectir esas aclaracións na documentación (apuntamentos, etc.). Preparar a exposición en clase dalgúns dos temas da materia (opcional pero moi recomendable).
Existe unha materia co mesmo nome na USC virtual.
Alberto Rojo Alboreca
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
16.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |