Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Dar a coñecer o marco legal en España e Europa que regula o ámbito da análise de riscos e da seguridade industrial e ambiental. Dar a coñecer a aplicación das normas internacionais nestes ámbitos. Presentar unha estrutura ben organizada de xestión de riscos nos procesos industriais e a integración da seguridade neles.
Recopilar e aplicar os fundamentos técnicos máis importantes desta materia para axudar ao alumno a aplicalos correctamente en diferentes casos prácticos.
Segundo establece a memoria do Máster, os contidos da materia están relacionados con: Lexislación relacionada coa análise de riscos. Normalización. Xestión de riscos: normas internacionais. Modelización real de escenarios de perda de contención (LOC). Análise de riscos cuantitativos (ACR). Niveis de protección (LOPA) e cálculo dos niveis de integridade (SIL). Matrices de risco.
ENSINANZA EXPOSITIVA.
Tema 1. Marco normativo e normas relacionada coa análise de riscos. Importancia da internacionalización no desenvolvemento de proxectos de enxeñaría. Xestión de riscos na industria.
Tema 2: Modelización real de escenarios de perda de contención (LOC). Fugas de gases y líquidos. Rotura catastrófica.
Tema 3. Análise cualitativa e cuantitativa do risco. Métodos cualitativos. HAZOP. Metodoloxía TNO para ACR.
Tema 4. Matrices de risco. Análise LOPA. A matriz de riscos na avaliación das recomendacións para a toma de decisións relacionadas coa xestión de riscos. A matriz de risco na determinación do índice SIL. Análise LOPA.
Tema 5. Deseño de Sistema Instrumentado de Seguridade (SIS). Especificacións das funcións de seguridade. Deseño conceptual do SIS.
DOCENCIA INTERACTIVA. SEMINARIOS
Seminario 1. Lexislación e normas. Recursos en liña para localizar e actualizar información. Xestión de documentos e guías.
Seminario 2. Perda de contención. Manexo do Software Chef Calculation Aid.
Seminario 3. Análise cualitativa de riscos. HAZOP.
Seminario 4. Análise Cuantitativa de Riscos. TNO e outros.
Seminario 5. Caso práctico. Análise LOPA dunha instalación sinxela. Estudo de caso: cálculos, cousas para recordar e consellos prácticos.
Seminario 6. Caso práctico. Deseño de seguridade funcional. Estudo de caso: cálculos, cousas para recordar e consellos prácticos.
DOCENCIA INTERACTIVA. SALA DE INFORMÁTICA
Modelización de escenarios de perda de contención (LOC), líquidos e gases. Utilización de método rigoroso do TNO. Elaboración dun caso práctico para o Deseño Conceptual de Procesos. O traballo realizado nesta materia presentarase na memoria preparada para a materia de Deseño Conceptual de Procesos. A clase interactiva de titoría en grupo adicarase a esta presentación.
Bibliografía básica
FERNÁNDEZ, I. Y OTROS. Seguridad funcional en instalaciones de proceso. Sistemas instrumentados de seguridad y análisis SIL. 1ª Edición. Madrid: Ed. Díaz de Santos, 2012. ISBN 978-84-9969-210-4
Bibliografía complementaria
GRUHN, P.E. and CHEDDIE, H. Safety Instrumented Systems: Design, Analysis, and Justification 2nd Edition. United States of America: ISA Ed., 2006. ISBN-13 978-1-55617-956-3.
CROWL, D.A. and LOUVAR J.F. Chemical Process Safety. Third Ed. Boston (USA): Prentice Hall. Pearson Education, Inc., 2011. ISBN-13: 978-0-13-138226-8
ECHA. Guidance on information requirements and chemical safety assessment Chapter R.16: Environmental Exposure Estimation. Guidance for the implementation of REACH. 2010. Dispoñible en: https://echa.europa.eu/documents/10162/23047722/draft_guidance_ir_csa_r…
Recursos en liña para análise de risco industrial e ambiental:
Pola especificidade da materia facilitarase directamente material docente aos alumnos procedente de diversos fondos específicos da temática tratada.
- WEB DO INSTITUTO NACIONAL DE SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO (INSHT). Dispoñible en http://www.insht.es/portal/site/Insht/
- WEB DO INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAUDE LABORAL.
Dispoñible en http://www.issga.es/index.php
- EUROPEAN CHEMICAL BUREAU (ECB). EUSES Documentation – The European Union System for the Evaluation of Substances. National Institute of Public Health and Environment (RIVM), the Netherlands, available from European Chemical Bureau (EC/DGXI), Ispra, Italy; 1997.
BÁSICAS E XENERAIS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT3 - Dominio da xestión de tempo e de situacións críticas.
CT6 - Compromiso ético no marco do desenvolvemento sustentable.
ESPECÍFICAS
CE6 - Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte,
operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
CE8 - Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas
coa enxeñaría química.
CE10 - Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de subministracións e residuos, sólidos, líquidos e gaseosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142103 - Análise e xestión de riscos industriais
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142103 - Análise e xestión de riscos industriais
-
Enrique Roca Bordello
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816774
- Correo electrónico
- enrique.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade