Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O curso ten os seguintes obxectivos formativos (coñecementos, habilidades e competencias) a ser atinxidos ao fin da súa realización por parte do estudante: i) coñecer a importanza da viscoelasticidade e como afecta á deformación dun fluido cando se somete a esforzos de cizalla e extensionais; ii) coñecer que parámetros interveñen nas funcións reolóxicas dos fluidos, en particular en sistemas de polímeros; iii) entender o comportamento reolóxico de materiais multifásicos (suspensións, emulsións, mixturas de polímeros) de interese químico, alimentario, cosmético, etc., iv) coñecer os equipos experimentais e técnicas avanzadas híbridas para a determinación de fenómenos estructurais-reolóxicos e v) medición experimental de propiedades reolóxicas de diferentes tipos de fluidos.
A asignatura combinará os fundamentos básicos da mecánica con aplicacións prácticas no ámbito da enxeñaría mediante a resolución de problemas e casos.
a. Clases expositivas.
Tema 1. Importanza da reoloxía na industria. Fundamentos matemáticos sobre a deformación e o fluxo de fluidos. Viscoelasticidade: sólidos e líquidos. Textura. Fluidos newtonianos e non-newtonianos. Viscosidade aparente. (2 h expositivas)
Tema 2. Fluidos non newtonianos. Clasificación. Fluidos inelásticos e dependientes do tempo. Modelización. (1 h expositiva + 1 h seminario)
Tema 3. Fluidos viscoelásticos. Módulos de perda e almacenamento. Viscosidade complexa. Modelos mecánicos. SAOS e LAOS. Viscosidade extensional. (4 h expositivas + 2 h seminario)
Tema 4. Reoloxía de sistemas biopoliméricos. Efectos da velocidade de cizalla, temperatura (transicións sol-gel), presión, concentración, estrutura molecular, tamaño molecular medio e distribución de tamaño. Exemplos de interese na industria. (5 h expositivas + 2 h seminario)
Tema 5. Equipos para a determinación experimental de propiedades viscosimétricas, reolóxicas e texturais. Tipos de viscosímetros. Reómetros. Texturómetros. (1 h expositiva)
b) Clases interactivas:
Actividade 1. Tratamento de problemas. Seminarios. (6h)
Actividade 2. Realización de prácticas. Laboratorio de investigación do Grupo GI-1618.
- Descrición de equipos de determinación de viscosidades e adquisición de técnicas. Determinación de viscosidades de disolucións líquidas de comportamento newtoniano. Influencia da temperatura e da concentración. (2 h)
- Descrición do reómetro e das técnicas experimentais e do software correspondente. Determinación do comportamento viscoelástico. Avaliación dos módulos de perda e de almacenamiento. (4 h)
- Descrición do texturómetro e metodoloxía. Ensaios de rotura por compresión. Avaliación dos módulos de elasticidade e tensión de rotura. (2 h)
A titoría grupal (1 h) empregarase na presentación e defensa oral dos resultados atinxidos na parte práctica a partires da elaboración dunha memoria en formato artigo científico.
Bibliografía básica
BARNES, H.A., HUTTON, J.F., WALTERS, K. An Introduction to Rheology, Elsevier, Amsterdam: Elsevier. 1989. ISBN: 0‐444‐87469‐0. Sinatura: FS 3 (disponse de libro electrónico).
Biibliografía complementaria
GOODWIN, J.W., HUGHES, R.W. Rheology for Chemists: An Introduction. New York: RSC. 2008. ISBN: 978-0-85404-839-7
CARREAU, P.J., DE KEE, D.C.R., CHHABRA, R.O. Rheology of Polymeric Systems. Cincinnati: Hanser. 1997. ISBN: 978-1-56990-218-9
MORRISON, F.A. Understanding Rheology. Oxford: Oxford University Press. 2001. ISBN: 978-0-19514-166-5
Competencias básicas: CB6, CB7, CB9, CB10
Competencias xerais: CG1, CG6, CG7, CG8
Competencias específicas: CE1, CE3
Competencias transversais: CT1, CT4, CT5
Coñecemento da importanza en diferentes ámbitos das propiedades reolóxicas (calidade do produto, condicións de procesado, estabilidade) de sistemas mono e multifásicos.
A resolución de problemas, parte básica da asignatura, esixirá o aumento da capacidade de abstracción do alumno.
A realización das prácticas permitirá o coñecemento de novas técnicas e procedimentos aplicables a outras actividades técnicas, así como traballo en equipo.
A presentación de traballos orais permitirá a adquisición por parte do alumno de habilidades para a comunicación oral.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142204 - Reoloxía de biopolímeros
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142204 - Reoloxía de biopolímeros
-
Ramon Felipe Moreira Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816759
- Correo electrónico
- ramon.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade