Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia pretende que o alumnado adquira os coñecementos básicos do funcionamento dos sistemas litorais a longo, medio e curto prazo, coa fin de ser capaces de avaliar o estado, fraxilidade e riscos existentes nas zonas costeiras.
O alumnado adquirirá as destrezas necesarias para poder abordar a xestión e ordenación das zonas costeiras como interface en termos de planificación e xestión territoriais. Para iso, ademais dos coñecementos teóricos, aprenderá a manexar as fontes de datos e a aplicación das técnicas de análise adecuadas.
1. Introdución: Definición de Costa e litoral de cara á ordenación territorial. Marco competencial. O Dominio Público Marítimo Terrestre
2. Os litorais como sistemas morfodinámicos: factores climáticos, mariños, litoestruturais e vexetación costeira
3. Dinámica sedimentaria: Morfodinámica dos sistemas prai-duna, fluviomariños e intermareais e costas rochosas.
4. Actividade humana na zona costeira: fraxilidade e impactos
5. Xestión integrada das zonas costeiras (GIZC): usos, recursos e infraestruturas
6. Calidade ambiental e vulnerabilidade costeira. Riscos e medidas de protección.
7. Plans autonómicos na ordenación dos sistemas costeiro-litorais.
8. Enfoques emerxentes na ordenación dos sistemas costeiro-litorais: a planificación de paisaxes mariñas (seascapes) e do espazo marítimo (marine spatial planning)
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. Marco competencial. Lei de Costas e Dominio Público Marítimo Terrestre. (1 h Exp.)
2. Factores da dinámica litoral (mariños: ondas, mareas) e continentais (litoloxía, estrutura, e vexetación costeira) (2h Exp., 1h Int.)
3. Morfodinámica de sistemas costeiros: praia-duna, estuarinos e rochosos (1.5 h Exp., 2 h Int.)
4. Cambios do nivel do mar. Cambios recentes e proxeccións (0.5 h Exp., 0.5 h Int.)
5. Actividade humana na zona costeira: fraxilidade e impactos (1.5 h Exp., 2.5 h. Int.)
5. Xestión integrada das zonas costeiras (XIZC): usos, recursos e infraestruturas (1 h Exp., 2 h Int.)
6. Calidade ambiental e vulnerabilidade costeira. Riscos e medidas de protección (1 h Exp., 2 h. Int.)
7. Plans autonómicos na ordenación dos sistemas costeiros (0.5 h Exp., 2 h Int.)
Un contido obrigatorio desta materia é a saída de campo de día enteiro en desenvolvemento do temario práctico. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
Básica
Barragán Muñoz, J.M. (1997) Medio ambiente y desarrollo en las áreas litorales: guía práctica para la planificación y la gestión integradas. Oikos-Tau.
Masselink, G.; Hughes, G. (2003) Introduction to coastal processes and geomorphology. Arnold, 354 pp.
Complementaria
Bird, E.C.F. (2000) Coastal geomorphology. An introduction. Wiley. 322 pp.
Flor, G. (2005) Geología Marina. Univ. de Oviedo
García Sanabria, J.; García Onetti, J.; Barragán Muñoz, J.M. (2011) Las Comunidades Autónomas y la gestión integrada de las áreas litorales de España: materiales para un debate sobre gobernanza. Universidad de Cádiz, 337 p.
Haslett, S.K. (2000) Coastal systems. Routledge, Londres.
Rodríguez Arana, J. (Ed.) (1996) As costas e a súa problemática. Fund. Alfredo Brañas. Col. Dereito nº8/1996.
Trenhaile, A.S. (1997) Coastal dynamics and landforms. Clarendon Press. Oxford.
Básicas e Xerais
CG01 - Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG02 - Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Transversais
CT02 - Capacidade analítica e de síntese.
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT06 - Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT08 - Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
Específicas
CE01 - Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02 - Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de plan en ordenación do territorio e urbanismo.
CE04 - Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do chan e da propiedade da terra dende un punto de vista económico, social e ambiental.
CE06 - Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
CE07 - Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, plan urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08 - Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.).
CE09 - Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do chan, así como de propiedade da terra.
CE12 - Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doutoral nos ámbitos propios da planificación e xestión territorial.
A docencia articúlase en:
- Clases expositivas centradas na explicación de conceptos, técnicas e métodos de traballo.
- Clases interactivas centradas no uso das fontes, técnicas e ferramentas idóneas nos estudos costeiros, incluíndo o uso de cartografía, manexo de SIG e técnicas de laboratorio. Estudos de casos prácticos, sesións de debate. Lectura e comentario de textos.
- A materia inclúe polo menos unha Práctica de Campo de día enteiro a realizar nas datas oficiais na que se aplicarán os contidos teóricos sobre o terreo. A asistencia á Práctica de Campo será obrigatoria, salvo xustificación. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
A avaliación da aprendizaxe consistirá en:
A) Avaliación contínua: O proceso de avaliación contempla a suma de:
• Proba de avaliación de coñecementos e competencias (10%) (avaliación de competencias CG02, CB6, CB7, CB8, CT02, CE01, CE02, CE06, CE08).
• Entrega de prácticas encargadas nas clases interactivas. Valorarase a participación na aula e o aproveitamento das clases prácticas (20%) (avaliación de competencias CT02, CT04, CT08, CE01, CE02, CE04, CE06).
• Entrega dun Traballo final aplicando os conceptos e técnicas aprendidas (50%) (avaliación de competencias CE04, CE06, CE07, CE09).
B) Control da asistencia a clase e a Práctica de Campo, así coma a memoria resultante da saída de traballo de campo de día enteiro obrigatoria (20%) (avaliación de competencias CG02, CB6, CB7, CT02, CT04, CT08, CE01, CE02, CE04, CE06, CB08, CB09, CE12).
Na 2ª Oportunidade, poderase concorrer soamente coa parte suspensa (proba de avaliación de coñecementos e competencias, traballo final, memoria de prácticas).
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico, acordado co profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
A superación da materia precisa dun tempo de adicación por parte do alumno quivalente ó total de horas prácticas e teóricas na aula.
As prácticas teñen un marcado carácter secuencial e de aprendizaxe progresiva, polo que se recomenda a asistencia regular a clase.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
Manuela Costa Casais
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- manuela.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
20.05.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |