- Código
- CE0177
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 30.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 2.900,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Maria Mercedes Gallas Torreira
Jose Manuel Pose Rodriguez - Contacto
mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
MARIA MERCEDES GALLAS TORREIRA
881812354
mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 29/11/2024 - 15/07/2025
Preinscrición: 01/09/2024 - 14/10/2024
Matrícula: 15/10/2024 - 15/11/2024
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 15
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Título de licenciado/graduado en Odontoloxía. Título de licenciado/graduado en Medicina. Especialista en Estomatoloxía e/ou Cirurxía maxilofacial.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculum Vitae
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 1.450,00€ | 15/10/2024 - 15/11/2024 |
2 | 1.450,00€ | 28/02/2025 - 10/03/2025 |
- Adquirir competencias en odontoloxía dixital mediante unha formación teórico-práctica regrada.
- Coñecer os dispositivos dixitais, as súas indicacións de uso, vantaxes e limitacións.
- Coñecer os distintos softwares gratuitos e de pago e as súas aplicacións na clínica e no laboratorio.
- Desenvolver habilidades de comunicación e colaboración interdisciplinaria no traballo en equipo empregando a tecnoloxía dixital como ferramenta.
Durante os 5 módulos formativos e nas titorías virtuais establecidas, os alumnos recibirán a formación regrada necesaria para adquirir os coñecementos teóricos e prácticos básicos destas ferramentas tecnolóxicas (softwares e aparellos) para incorporalos á súa práctica clínica diaria profesional da odontoloxía. A metodoloxía didáctica deste curso de especialización baséase nunha estrutura en cinco módulos, dous módulos iniciais introdutorios (módulo 1 e 2), 2 módulos centrais específicos (módulos 3 e 4): protocolos de ortodoncia dixital e deseño de sorrisos; deseño e realización de restauracións dixitais (coroas, pontes e carillas) e próteses completas ; protocolo de cirurxía guiada implantolóxica e xinxivectomía e un módulo final de resolución de casos (módulo 5). A formación basearase en sesións teórico-prácticas interactivas presenciais e virtuais (web), demostracións clínicas en directo do equipo docente do curso e obradoiros prácticos, presentación e discusión de casos clínicos.
COMPETENCIAS
C1.- Coñecemento do fluxo dixital e elementos compoñentes.
C2.- Competencia no uso e interpretación de recursos radiolóxicos relacionados co fluxo dixital: ficheiros DICOM, visores 3D, sistemas de planificación do tratamento.
C3.- Coñecemento dos sistemas de captura intraoral e facial (escáneres), rexistro da cor dental e fotografía dixital e a súa incorporación á práctica clínica diaria.
C4.- Coñecemento dos principais protocolos de deseño de sorrisos dixitais e a súa adaptación aos diferentes software do mercado.
C5. - Coñecemento do software "deseñador dental" para a produción de fluxos "cadeira".
C6.- Adestramento no uso de sistemas clínicos CAD / CAM e incorporación de fluxo dixital na rehabilitación oral: adquisición, deseño de restauracións / rehabilitacións orais e produción directa cunha fresadora na clínica.
C7.- Coñecemento de técnicas de impresión 3D aditivas na clínica dental.
C8.- Uso de software de reparación de malla, zócalo, modificación STLS, transformación de ficheiros, ortodoncia, cirurxías guiadas, deseño de próteses, etc.
MATERIAS
Os contidos teóricos e prácticos serán impartidos en 3 materias:
CE0177103 - Iniciación a odontoloxía dixital integral (100 h);
CE0177102- Diagnóstico e planificación 3D en odontoloxía (150 h)
CE0177101- Dixitalización 3D no laboratorio dental (50h).
Avaliación
Avaliación continua (participación nas clases interactivas, presentación e discusión de casos clínicos, defensa casos ao final do curso).
Titorías
O diploma programse por MÓDULOS presenciais (venres e sábados) con contidos teóricos e prácticos en clases interactivas, talleres prácticos e WEBTUTORÍAS grupais e individuais (sábados 10:00-13:00h). O diploma estructurase en 3 materias ou asignaturas de carácter obrigatorio: CE0177103 - Iniciación a odontoloxía dixital integral (100 h); CE0177102- Diagnóstico e planificación 3D en odontoloxía (150 h) CE0177101- Dixitalización 3D no laboratorio dental (50h).
Venres e sábados de 9:00 a14:00h e 16:00 a 20:00h
Observacións
Título propio impartido en modalidade HÍBRIDA (70 % presencial)
Podes consultar mais información na páxina web do curso na seguinte ligazón: https://odontologiadigitalintegral.com
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Dixitalización 3D no Laboratorio Dental. | 5.0 |
2 | Diagnóstico e Planificación 3D en Odontoloxía. | 15.0 |
3 | Iniciación a Odontoloxía Dixital Integral. | 10.0 |