- Código
- FE0145
- Tipo
- Diploma de Experto/a
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 26.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 2.600,00€
- Centro
- Facultade de Farmacia
- Dirección
- Matilde Casas Parada
- Contacto
matilde.casas [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Farmacia
MATILDE CASAS PARADA
881815225
matilde.casas [at] usc.es
Facultade de Farmacia
Datas
Duración: 27/01/2025 - 27/06/2025
Preinscrición: 14/10/2024 - 18/11/2024
Matrícula: 25/11/2024 - 10/12/2024
Número alumnos/as mínimo: 28
Número alumnos/as máximo: 35
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Graduado/a ou Licenciado/a en Farmacia. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo 9 créditos ECTS correspondentes a titulación de acceso requerida. Neste caso, non poderá obter o Diploma de Experto/a quen previamente non obtivese o título de Grao.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico do Grao ou da Licenciatura de Farmacia. Formación posgraduada relacionada coa Ortopedia e a Farmacia desde 2014. Experiencia profesional relacionada coa ortopedia. Reservaranse o 40% das prazas para graduados ou licenciados en paro cunha antigüidade de polo menos 6 meses, agás para os graduados en xuño ou xullo de 2022 que poderá ser inferior.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 1.820,00€ | 25/11/2024 - 10/12/2024 |
2 | 780,00€ | 17/02/2025 - 27/02/2025 |
Preténdese que o Graduado ou o Licenciado en Farmacia amplie os seus coñecementos anatómicos, fisiolóxicos, galénicos e de lexislación sanitaria e de produtos sanitarios que xa posúen coa finalidade de adquirir os coñecementos, habilidades e destrezas que lle capaciten para poder descifrar correctamente unha prescrición médica ortopédica, buscando, deseñando, creando e axustando ditas prescricións dunha maneira individualizada ao paciente.
Impartiranse clases expositivas por parte de especialistas de cada unha das materias e completaranse coa realización de prácticas dirixidas fundamentalmente por técnicos ortoprotésicos. As clases prácticas, se o tema o require, e é posible económicamente, impartiránse en grupos reducidos con dous profesores. As sesións virtuais faránse empregando a prataforma teams.
Avaliación
Asistencia con control de sinaturas nas sesións presenciais. Listas de asistentes por teams nas sesións virtuais
Exame.
Titorías
Xeneralidades (materia obrigatoria). Parte especial: columna (materia obrigatoria). Parte especial: extremidade superior (materia obrigatoria). Parte especial: extremidade inferior (materia obrigatoria).
As clases impartiránse durante 6 semanas e media (unha semana ao mes entre xaneiaro e xuño de 2025, agás no mes de xuño que será unha semana e media, en horario intensivo de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde de (16 a 20h) de luns a venres).
Observacións
As sesións virtuais levaránse a cabo coa prataforma teams.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Xeneralidades. | 10.0 |
2 | Parte Especial: Columna. | 3.0 |
3 | Parte Especial: Extremidade Superior. | 4.5 |
4 | Parte Especial: Extremidade Inferior. | 8.5 |