- Código
- FD0327
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 14.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 800,00€
- Centro
- Facultade de Química
- Dirección
-
David Ferro Costas
Jose Antonio Coucheiro Failde - Contacto
david.ferro [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Química Física
DAVID FERRO COSTAS
881814289
david.ferro [at] usc.es
Facultade de Química
Datas
Duración: 28/07/2025 - 30/08/2025
Preinscrición: 24/03/2025 - 30/05/2025
Matrícula: 05/06/2025 - 30/06/2025
Número alumnos/as mínimo: 13
Número alumnos/as máximo: 40
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Dado que o curso está limitado a un máximo de 40 participantes, a selección basearase na avaliación do Currículo e dunha Carta de Motivación, cunha puntuación máxima de 30 puntos distribuídos do seguinte xeito: 1. Experiencia profesional (ata 10 puntos). 2. Experiencia investigadora (ata 10 puntos). 3. Carta de motivación (ata 10 puntos). Os candidatos serán admitidos en función da súa puntuación, en orde descendente, ata completar as 40 prazas dispoñibles. A igual puntuación, priorizarase a data de preinscripción.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 300,00€ | 05/06/2025 - 30/06/2025 |
2 | 500,00€ | 30/06/2025 - 10/07/2025 |
1. Desenvolvemento de Habilidades de Interpretación:
Potenciar a espontaneidade e a capacidade de resposta emocional dos participantes a través de exercicios, dinámicas grupais e escenas improvisadas, mellorando así as súas habilidades interpretativas.
2. Exploración da Dramaturxia Improvisada:
Fomentar a creatividade na creación de historias, personaxes e conflictos en tempo real, permitindo aos participantes comprender e aplicar os principios fundamentais da dramaturxia no contexto da improvisación teatral.
3. Introdución á Dirección Improvisada:
Brindar aos participantes as ferramentas e técnicas necesarias para dirixir escenas e deseñar formatos de improvisación, desenvolvendo a súa capacidade para guiar e estructurar narrativas espontáneas de maneira efectiva, e liderar aos seus equipos.
4. Fomento da Colaboración e do Traballo en Equipo:
Promover a creación dun ambiente colaborativo e dun espazo seguro, onde os participantes aprendan a construir xuntos, fortalecendo así as súas habilidades de traballo en equipo, liderazgo e comunicación.
S1.0 - comunicación, colaboración e creatividade
S1.4 - presentar información
S1.8 - traballar con outros
T2.4 - pensar de maneira creativa e innovadora
T4.1 - comunicarse
Avaliación
A avaliación do curso realizarase coa cualificación de APTO / NON APTO, baseada exclusivamente na presentación do traballo de fin de curso, que consistirá nun espectáculo de improvisación teatral aberto ao público.
Valoraranse a posta en escena do alumnado e a aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Para obter a cualificación de APTO, será imprescindible asistir polo menos ao 75% das horas lectivas.
Titorías
As clases serán presenciais e de carácter prático. As clases serán impartidas en castelán. O horario de titorías é, os mércores, de 17:00 a 19:00 durante o periodo de duración do curso.
Luns a venres de 10:00 a 15:00. Luns e martes de 17:00 a 19:30. Titorías os mércores de 17:00 a 19:00
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Teoria e Análise da Impro. | 1.0 |
2 | Práctica da Impro. | 1.0 |
3 | Corpo e Movemento. | 1.0 |
4 | Creación de Personaxes. | 1.0 |
5 | Dramaturxia do Texto. | 1.0 |
6 | Dramaturxia do Espazo. | 1.0 |
7 | Análise de Formatos. | 1.0 |
8 | Posta en Escena. | 1.0 |
9 | Impro Testimonial. | 1.0 |
10 | Impro Xestual. | 1.0 |
11 | Un Pé na Escena e unha Man no Papel. | 1.0 |
12 | Historia do Teatro e da Impro. | 1.0 |
13 | Proxecto Final. | 2.0 |