- Código
- MP0192-FD0214
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 12.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 1.000,00€
- Centro
- Facultade de Dereito
- Dirección
- Miguel Abel Souto
- Contacto
miguel.abel [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa
Miguel Abel Souto
881814687/649060653
miguel.abel [at] usc.es
Facultade de Dereito
Datas
Duración: 07/07/2025 - 18/07/2025
Preinscrición: 12/07/2024 - 16/05/2025
Matrícula: 19/05/2025 - 12/06/2025
Número alumnos/as mínimo: 30
Número alumnos/as máximo: 50
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0192 | Máster de Formación Permanente internacional en prevención e represión do branqueo de diñeiro, fraude fiscal e compliance |
Requisitos de acceso
Sen requisitos
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Por orde de preinscrición ata esgotar as prazas
O obxectivo principal deste curso (10ª edición) é atender á manifesta demanda social, científica e económica sobre a prevención e represión do branqueo de diñeiro, a responsabilidade criminal das persoas xurídicas e a fraude fiscal.
Sobre todo o curso pretende, neste eido sometido a constantes modificacións nas normativas nacionais e internacionais, actualizar e perfeccionar a formación, ante as reformas dos últimos meses, penais, tributarias, administrativas e comunitarias.
O curso responde tamén ás esixencias legais de formación segundo a normativa de prevención do branqueo de diñeiro e vai destinado a todo tipo de profesionais do dereito, economistas, asesores fiscais, directivos de empresas e a todos os interesados nesta importantísima materia, sen distincións, pero de xeito moi especial aos avogados, porque, lamentablemente, existe un evidente perigo de que se instrumentalice aos letrados para o branqueo de diñeiro, como poñen de manifesto tanto o Grupo de Acción Financeira Internacional, nun informe sobre a vulnerabilidade das profesións xurídicas para ser utilizadas polos branqueadores, como a Asociación Internacional de Avogados, a Asociación de Avogados de Estados Unidos e o Consello de Colexios de Avogados de Europa na súa guía de prevención do branqueo, e as posibilidades de comisión imprudente polos avogados do delito de branqueo de diñeiro son ilimitadas.
Así as cousas, convén que os avogados, individualmente ou asociados como persoas xurídicas, xestionen o risco, evalúen e
monitoricen o perigo de branqueo respecto aos seus clientes, mediante programas de cumprimento ou "compliance programs", que desempeñan un importante papel na determinación da responsabilidade criminal das persoas xurídicas, malia que non bastará a mera existencia dun protocolo de boas prácticas para atenuar ou excluir a responsabilidade dunha persoa xurídica ou evitar a de certos obrigados individuais.
A metodoloxía para conseguir estes obxectivos consistirá na exposición dun temario completo, que aborda todolos aspectos relevantes da prevención e represión do branqueo, a responsabilidade criminal das persoas xurídicas e a fraude fiscal, por monografistas, catedráticos, profesores titulares de universidade e especialistas. Todolos docentes tamén facilitarán recomendacións bibliográficas e, despóis das súas exposicións, poranse a disposición do alumnado para resolver as súas dúbidas.
Avaliación
Control de asistencia
Titorías
Acordaranse durante as clases co alumnado
Do 7 ao 18 de xullo de 2025 clases presenciais de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 16.00 a 22.00
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Compliance e Exención da Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. | 0.5 |
2 | Normativa Internacional sobre o Branqueo e a súa Recepción Penal. Expansión das Condutas Típicas. | 1.5 |
3 | Delito Fiscal e Branqueo de Diñeiro. | 1.0 |
4 | A Protección da Sociedade Dixital. | 0.5 |
5 | Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. | 0.5 |
6 | Responsabilidade Penal da Empresa e Programas de Prevención. | 0.5 |
7 | Persoas Xurídicas na Loita Contra o Branqueo e o Delito Fiscal. | 1.0 |
8 | Secreto Profesional e Obrigación de Comunicar. | 0.5 |
9 | Dilixencia Debida e Obrigacións de Información no Regulamento de 2014 e a súa Adaptación ás Directivas de 2015 e 2018. | 0.5 |
10 | Comisión Imprudente do Branqueo. | 0.5 |
11 | O Autobranqueo. | 0.5 |
12 | Drogas, Branqueo de Diñeiro e Estatísticas. | 0.5 |
13 | Corrupción e Branqueo de Diñeiro. | 0.5 |
14 | Urbanismo e Branqueo. | 0.5 |
15 | Criminalidade Organizada e Branqueo de Diñeiro. | 0.5 |
16 | Decomiso e Branqueo de Diñeiro. | 0.5 |
17 | Utilización das Novas Tecnoloxías no Branqueo. | 0.5 |
18 | As Directivas 2015/849, 2018/843 e 2018/1673 sobre o Branqueo. | 0.5 |
19 | Normativa Europea e Responsabilidade Criminal das Persoas Xurídicas. | 0.5 |
20 | Financiamento do Terrorismo e o Branqueo de Diñeiro. lo 2/2015. | 0.5 |