- Código
- FD0328
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.5
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Delegado/a para a igualdade
- Dirección
-
Sonia Esperanza Rodriguez Boente
Aixa Permuy Martinez - Contacto
soniaesperanza.rodriguez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Oficina de Igualdade de Xénero
SONIA ESPERANZA RODRIGUEZ BOENTE
14724
soniaesperanza.rodriguez [at] usc.es
Delegado/a para a igualdade
Datas
Duración: 02/04/2025 - 29/04/2025
Preinscrición: 17/03/2025 - 20/03/2025
Matrícula: 21/03/2025 - 25/03/2025
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 25
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Non se esixen.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
O público ao que vai dirixido é o estudantado da USC e profesores/as de ensinanza primaria e secundaria. O criterio de selección será a orde de preinscrición.
1. Colectivizar as ideas preconcibidas, os estereotipos e prexuízos, estimulando a súa análise e transformación, -persoal e grupalmente-
2. Apoderar a mocidade, buscando liberala de posibles restricións asociadas a calquera categoría social ou corporal encarnada: sexo-xénero, orientación sexual, orixe étnica, poder adquisitivo, aspecto...
3. Educar as persoas na busca da liberdade, potenciando a conciencia, o pensamento crítico, a voluntariedade e o desexo, á vez que o sentimento de interdependencia e unha actitude coidadosa coas outras persoas
4. Contribuír ao desenvolvemento de competencias afectivas chave para a saúde relacional: a conciencia sensible, a regulación, a autonomía crítica, a comunicación -expresiva e receptiva- e a toma de decisións.
5. Previr as violencias sexuais, así como posibles condutas de risco, promovendo estratexias e técnicas de seguranza en prácticas sexuais alternativas.
T2.1. Pensar de maneira crítica.
T4.1. Resolver conflitos.
T4.5. Axustarse á regulamentación.
T6.1. Preservar o benestar psicolóxico.
T6.3. Exercer dereitos e responsabilidades.
Avaliación
Para avaliar as aprendizaxes do alumnado, na derradeira sesión, pediráselle ás persoas participantes que elaboren un texto breve no que deberán indicar os coñecementos adquiridos en relación aos contidos tratados; neste senso, pediráselles que, por exemplo, presenten algunha referencia a prácticas sexuais nas que non exista consentimento ou, tamén, que expliquen cando unha practica sexual alternativa non cumpre o estándar de consentimento. Este texto quedará entregado ao remate da actividade e será avaliado polxs docentes.
Titorías
Constituirase un espazo de reflexión colectiva sobre saúde relacional, centrado, máis concretamente, nos vínculos amorosos e sexuais, na sexualidade non convencional e nas prácticas corporais extremas. Tamén, presentaranse ferramentas para o desenvolvemento dun pensamento crítico que reforce a adquisición de competencias para a toma de decisións conscientes, baseadas na voluntariedade e o desexo, e para un afrontamento satisfactorio da vida vincular e sexual. Ao longo de 5 sesións -de 3 horas de duración cada unha- levaranse a cabo actividades e dinámicas moi diversas: de expresión verbal e non verbal, xogo grupal, análise de obxectos e prácticas culturais, debates, etc.; adaptándonos ás características, necesidades e intereses das persoas participantes, en consonancia cos obxectivos do obradoiro e desde unha perspectiva queer emancipadora e libertaria. Idioma: Galego. Titorías: Non se prevén.
2, 9, 22, 23 e 29 de abril, de 16:00 a 19:00 h.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Saúde Relacional: Vínculos e Prácticas Amorosas e Sexuais. | 1.5 |