Ir o contido principal

Instituto de Ciencias Forenses (INCIFOR)

O INCIFOR é un Instituto de carácter mixto, creado por mor dun convenio entre a USC e a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia no ano 1992, aínda que leva realizando labores de investigación e servizos desde o ano 1978. Inicialmente foi denominado Instituto de Medicina Legal.

Actualmente desenvolve funcións docentes e de investigación na área de Medicina Legal, así como de asesoramento á Administración de Xustiza. Ademais, ofrece unha ampla carteira de servizos que están ao dispor de organismos públicos, grazas á continuidade do convenio inicial (agora coa Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia), como de clientes privados.

As fronteiras do campo das Ciencias Forenses expandíronse notablemente nos últimos anos coa introdución de novas técnicas de análises tanto en xenética forense como en toxicoloxía forense.
 
A USC nos últimos anos organizou a súa estratexia de Investigación dentro dun espírito de especialización, promovendo Campus Vida, focalizado no ámbito das ciencias da vida e que mereceu o recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional. En Campus Vida intégrase un biocluster cos principais axentes rexionais do ámbito biosanitario e bioeconómico e a Rede de Campus de Excelencia Internacional Agroalimentarios.
 
Dentro deste marco encádrase o INCIFOR, que desenvolve unha intensa actividade investigadora en temas punteiros en ciencias forenses que teñen unha translación inmediata e que nos permiten ofertar á sociedade un servizo de resolución de casos de filiación cuestionada (paternidades...) e casos criminais (identificación de persoas desaparecidas, agresións sexuais etc), análises de toxicoloxía, patoloxía forense etc.
 
O Instituto é unha referencia internacional no campo, tanto polo impacto científico do seu traballo de investigación que o coloca nos primeiros postos do campo, como na resolución de casos criminais pola aplicación de técnicas novas en casos de difícil solución.

Directorio

Contacto

Instituto de Ciencias Forenses

Enderezo
Facultade de Medicina. Rúa San Francisco, s/n. 15782 Santiago de Compostela
Teléfonos
881 812 216
881 812 459 (Fax)
Email
instituto.cienciasforenses@usc.es

Directora

Ana María Bermejo Barrera

Teléfonos
881 812 230
Email
anamaria.bermejo@usc.gal

Secretaria

Inés Sánchez Sellero

Teléfonos
881 812 206
Email
ines.sanchez.sellero@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.07.2024.