O IPsiUS créase en 2024 como unha estrutura de coordinación e colaboración na investigación, básica e aplicada, en Psicoloxía para que os grupos e persoas que o integren poidan acadar un maior impacto e desenvolvemento do seu potencial de transferencia e proxección internacional. A súa estratexia científica afronta tres retos: Promover saúde e benestar; desenvolver sociedades inclusivas e diversas; e contribuír á sociedade dixital e á sostibilidade. Abrangue campos desde fomento do envellecemento saudable até o desenvolvemento de ferramentas dixitais para a intervención psicolóxica, pasando pola atención á vulnerabilidade psicosocial e a resiliencia, entre outras, que están firmemente orientadas ao benestar das persoas e as comunidades.
O Instituto
Contacto
O estudo lonxitudinal ELISA inicia unha nova fase coa mocidade como protagonista
Á espera do estudo nesta nova etapa sobre a adolescencia, os resultados ata agora apuntan unha predominancia dos problemas de conduta na infancia temperá que diminúen co tempo, mentres que os problemas emocionais van en aumento
Ler máis