Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 7 Clase Expositiva: 44 Clase Interactiva: 26 Total: 77
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Procura-se que tras aprobar a materia o alumno:
* Coñeza os fundamentos e características dos distintos tipos de lentes oftálmicas.
* Atinxa unha boa comprensión do seu deseño.
* Coñeza e manexe con soltura e precisión os métodos de medida básicos dos parámetros necesarios para a adaptación correcta dos elementos ópticos compensadores.
* Estea preparado para asimilar facilmente os procesos de adaptación das lentes oftálmicas.
I. LENTES ESFÉRICAS
1. Introdución
2. Poténcia superficial
3. Poténcias dunha lente
4. Características mecánicas
II. LENTES ASTIGMÁTICAS
1. Introdución (tipos de superfícies)
2. Tipos de lentes astigmáticas
3. Notacións astigmáticas e transposicións
4. Medida de poténcias
III. LENTES ASFÉRICAS
1. Superfícies asféricas
2. Superfícies atóricas
3. Características mecánicas
IV. A LENTE DIANTE DO OLLO
1. Compensación das ametropias
2. Ampliación de lente
3. Campo de visión
4. Acomodación
V. PRISMAS OFTÁLMICOS E EFEITOS PRISMÁTICOS
1. Conceitos básicos
2. Composición e descomposición de prismas
3. Efeito prismático por descentramento
4. Lentes prismáticas
5. Prismas de Fresnel
VI. LENTES MULTIFOCAIS
1. Lentes bifocais
a. Tipos de lentes
b. Descrición xeométrica
c. Características ópticas
2. Lentes trifocais
3. Lentes progresivas
a. Superfícies progresivas
b. Elementos de deseño de lentes progresivas
c. Comportamento dunha lente progresiva
d. Lentes progresivas ocupacionais
VII. ABERRACIÓNS E DESEÑO DE LENTES
1. Aberracións cromáticas
2. Aberracións xeométricas
3. Deseño de lentes
a. Deseño clásico
b. Deseño actual
VIII. LENTES ESPECIAIS
1. Anisometropia
2. Lentes de altas poténcias
3. Lentes de contacto
4. Lentes intraoculares
Bibliografía básica e complementaria
1) Fannin T. E. e Grosvenor T., Óptica clínica, ed. OMEGA, Barcelona 2007 (2ª edición).
2) Fowler C. e Petre K.L., Spectacle Lenses. Theory and practice, ed. Butterworth-Heineman, Oxford 2001.
3) Illueca C. e Domenech B., Problemas de tecnología óptica, ed. Universidad de Alicante, Alicante 1991
4) Jalie M., The principles of ophthalmic lenses, ed. por The Association of British Dispensing Opticians, Londres 1988 (4ª edición)
5) Jalie M., Ophthalmic lenses and dispensing, ed. Butterworth-Heineman, Oxford 2008 (3ª edición).
6) Rabbetts R.B., Clinical Visual Optics, Elsevier-Butterworth Heinemann, 2007 (4ª edición).
7) Salvadó Arqués J., Fransoy Bel, M. (editores), Tecnología óptica. Lentes oftálmicas, diseño y adaptación, ed. UPC, Barcelona 1997
8) Salvadó Arqués J., Vera Tenza M., Guisasola València L. e Fransoy Bel M., Lentes oftálmicas. Problemas, ed. UPC, Barcelona 1993
9) Tunnacliffe A.H., Introduction to visual optics, ed. por The Association of British Dispensing Opticians, Canterbury 1993 (4ª edición)
Material bibliográfico: O profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico se pode atopar en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles, así como outros recursos como páxinas web, blogs, etc.
Coñecemento
• Con_30. Comprender os parámetros xeométricos, ópticos e físicos máis relevantes que caracterizan todos os tipos de lentes oftálmicas empregadas en prescricións optométricas e relacionalos coas propiedades implicadas no proceso de adaptación.
Habilidades e capacidades:
• HyD_1. Pensar dun xeito integrado e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais específicos dos campos da Óptica e a Optometría.
• HyD_12. Manexar materiais e técnicas básicas de laboratorio.
• HyD_17. Calcular os parámetros xeométricos, ópticos e físicos máis relevantes que caracterizan todo tipo de lentes oftálmicas empregadas en prescricións optométricas e saber relacionalos coas propiedades implicadas no proceso de adaptación.
Competencias:
• Comp_1. Que o alumnado teña a capacidade de recompilar e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
• Comp_3. Que o alumnado desenvolvese as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na titulación de xeito profesional e sexa competente para formular e resolver problemas, así como para desenvolver e defender argumentos en contextos tanto académicos como profesionais relacionados coa Óptica e a Optometría.
• Comp_5. Capacidade para aprender de forma independente, traballar en equipo, organizar o tempo e os recursos e adquirir novos coñecementos e técnicas en óptica e optometría.
• Comp_8. Capacidade para calcular os parámetros xeométricos de sistemas específicos de compensación visual: baixa visión, lentes intraoculares, lentes de contacto e lentes oftálmicas.
Aulas teóricas e seminarios, con sistemas multimedia, para desenvolver de forma lóxica e consistente o programa docente da materia, mostrando a súa relación con outras materias da titulación.
Distribución temporal:
- 3 horas semanais expositivas, para impartir os contidos teóricos
- 1 hora quincenal de seminarios
- 2 horas semanais de aulas interactivas no obradoiro de tecnoloxía
AVALIACIÓN XERAL
============
Avaliarase por separado a parte teórica e a parte práctica. A parte teórica avaliarase mediante un exame escrito, onde os erros das respostas poderán ser obxecto de penalización na cualificación, e a parte práctica mediante un exame práctico ao rematar as sesións prácticas. Ademais, haberá unha avaliación continua a través dos seminarios.
Na cualificación final, o 50% da nota global corresponderá á parte teórica, o 10% ao traballo nos seminarios, e o 40% restante á parte práctica.
Para ser avaliado da parte práctica, cumpre asistir a un mínimo de 6 das sesións.
Non poderán presentarse á convocatoria de Xullo aqueles alumnos que durante o período normal de aulas non teñan asistido ao dito mínimo de 6 das sesións prácticas.
Para aprobar a materia é imprescindíbel obter en cada unha das partes teórica e práctica, como mínimo unha cualificación de 4 sobre 10. E unha nota global de como mínimo 5 sobre 10.
AVALIACIÓN CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
==================================
Serán a mesma que no caso xeral, pero sen o requisito de asistencia ao mínimo de sesións prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Depende significativamente da adicación e capacidade de cada estudante. De maneira que as seguintes cifras deben considerar-se como unha estimativa aproximada:
Estudo autónomo individual: 50 h
Realización de exercícios: 16 h
Leituras recomendadas, actividades en biblioteca: 5 h
Outras actividades: 4 h
Total de traballo persoal: 75 h
Recomendacións para o estudo da materia
1) Repaso dos coñecimentos xa adquiridos en Óptica Xeométrica.
2) Estudar, ou como mínimo ter lida a teoria, antes da sesión prática correspondente a cada apartado.
3) Facer uso das tutorias para consultar e esclarecer dúvidas.
4) Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
Rosa María González Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Dolores Mouriz Cereijo
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Gómez Varela
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- anaisabel.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula de Informática |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática |
20.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |