Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 20 Total: 44
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os principios, descripción e características dos instrumentos ópticos fundamentais e dos instrumentos utilizados na práctica optométrica e oftalmolóxica.
Comprender o fundamento óptico dalgunhas técnicas utilizadas en optometría.
PROGRAMA TEÓRICO
INSTRUMENTOS ÓPTICOS FUNDAMENTAIS
-Introdución ao estudo de Instrumentos Ópticos.
-Lupas.
-Microscopios.
-Sistemas Telescópicos.
AXUDAS ÓPTICAS PARA BAIXA VISIÓN
INSTRUMENTOS ÓPTICOS E OFTALMOLÓXICOS
-Retinoscopios.
-Queratómetros.
-Optómetros e Refractómetros.
PROGRAMA PRÁCTICO
Montaxe e estudo en laboratorio dalgúns instrumentos ópticos e optométricos.
Bibliografía específica:
Matinez Corral, M. et al.: "Instrumentos ópticos y optométricos. Teoría y prácticas", Ed. Univ. Valencia. Valencia (1998).
Begunov, B.N. et al.: "Optical instrumentation". Theory and design, Ed. MIR, Moscow.
Arasa Martí, J.: "Instrumentos ópticos y optométricos: problemas", Ed. UPC, Barcelona (1995).
Antó Roca, J. et al.: "Óptica instrumental", Ed. UPC, Terrasa (1996).
Bennett and Rabbetts,"Clinical Visual Optics",Ed. Butterworth - Heinemann, London (1995).
Smith, G. and Atchison, D. A.,"The eye and visual optical instruments", Ed. Cambridge University Press, Cambridge (1997).
Henson D. B.: "Optometric Instrumentation", Butterworths, London (1983)
Bibliografía xeral:
Casas, J.: "Óptica", Librería Pons (1997).
Freeman, M.H.: "Optics", Butterworths, London. 10th Edition (1990)
Jenkins, F.A. and White, H. E.: "Fundamentals of optics", Mac Graw Hill, New York (1976).
COÑECEMENTO
• Con_22. Comprender os principios, as descricións e as características dos instrumentos ópticos fundamentais, así como os instrumentos empregados na práctica optométrica e oftalmolóxica.
HABILIDADES E CAPACIDADES:
• HyD_1. Pensar dun xeito integrado e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais específicos dos campos da Óptica e a Optometría.
• HyD_12. Manexar materiais e técnicas básicas de laboratorio.
COMPETENCIAS:
• Comp_1. Que o alumnado teña a capacidade de recompilar e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
• Comp_3. Que o alumnado desenvolvese as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na titulación de xeito profesional e sexa competente para formular e resolver problemas, así como para desenvolver e defender argumentos en contextos tanto académicos como profesionais relacionados coa Óptica e a Optometría.
• Comp_5. Capacidade para aprender de forma independente, traballar en equipo, organizar o tempo e os recursos e adquirir novos coñecementos e técnicas en óptica e optometría.
Clases teóricas e de seminarios presenciais, para desenvolver de forma lóxica e consistente o programa docente da materia, mostrando a súa relación con outras materias da titulación e procurando fomentar a participación activa dos alumnos.
A Aula Virtual empregarase como ferramenta de comunicación, intercambio de documentos e información. As diapositivas da presentación de cada tema, e o seu boletín de problemas, será subido o Aula antes do comenzo das correspondentes clases expositivas.
As titorías poden ser individuais ou en grupo con cita previa.
CUALIFICACIÓN FINAL: a cualificación final corresponderase nun 70% coa cualificación da/s proba/s teóricas e nun 20% á cualificación das prácticas de laboratorio, unha vez superadas ambas as partes de forma independente. O 10% restante corresponderase coa avaliación continua (participación activa nas clases e nos laboratorios, asistencia...).
AVALIACIÓN TEÓRICA: A avaliación da parte teórica pode facerse de dous modos:
-Os alumnos que asistan regularmente ás clases presenciais (asistencia mínima acreditada mediante firma do 80%) poderán ser avaliados mediante exames parciais. Para aprobar a parte teórica con esta modalidade é imprescindible obter en cada un dos exames parciais unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. En caso contrario a avaliación por parciais considérase suspensa.
A cualificación de aprobado ou superior na media da avaliación por parciais exime da obrigación de presentarse ao exame final.
-Os alumnos que non superasen a avaliación por parciais, os que teñen dispensa de asistencia, e os que voluntariamente opten por esta modalidade de avaliación, teñen dereito a ser avaliados mediante un exame global escrito, nas datas aprobadas oficialmente polo centro.
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS: A cualificación da parte práctica basearase no informe de prácticas que o alumno debe elaborar e presentar (por escrito e/ou en defensa oral).
A asistencia a todas as sesións de laboratorio e condición necesaria para aprobar a materia.
De non superar a materia na primeira oportunidade, conservarase a nota das prácticas para a segunda oportunidade, e no seu caso para a convocatoria extraordinaria correspondente a ese curso académico.
Na segunda oportunidade, e na convocatoria extraordinaria, o alumno con prácticas suspensas deberá, segundo indicación do profesor/a, ou ben refacer o informe de prácticas ou ben realizar un exame práctico que terá lugar o mesmo día que o exame teórico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Horas traballo presencial: 38
Horas traballo persoal: 68,5
1) FUNDAMENTAL: Repaso dos coñecimentos xa adquiridos en Óptica Xeométrica.
2) Estudar, ou como mínimo ter lida a teoría, antes dos seminarios de problemas correspondentes a cada tema.
3) Facer uso das tutorias para consultar e esclarecer dúvidas.
4) Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
Rosa María González Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
12.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |