Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 13 Clase Interactiva: 15 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer que é unha onda acústica e as magnitudes que a representan
• Comprender o concepto de nivel de presión e saber realizar operacións básicas cos niveis sonoros (composición de ondas e propagación)
• Manexar os conceptos básicos da acústica de recintos (Resonancia e reverberación)
• Aprender a utilizar as ferramentas básicas de análise dixital do son (concepto de espectro, espectro en bandas de frecuencia e filtrado do sinal acústico)
• Coñecer as propiedades articulatorias, acústicas e auditivas dos fonemas
• Coñecer as propiedades acústicas da audición e os conceptos fundamentais de psicoacústica
Os contidos desta materia estrutúranse nos seguinte temas:
TEMA 1- Descrición da onda sonora. Magnitudes acústicas.
TEMA 2- Reflexión e transmisión.
TEMA 3- Resonancia e reverberación.
TEMA 4- Análise do son.
TEMA 5- Acústica fonética.
TEMA 6- Acústica fisiolóxica e psicoacústica.
Os temas prácticos que se presentarán ao estudantado estarán relacionados con algúns aspectos interesantes de aplicacións acústicas como a intelixibilidade da palabra, o acondicionamento de sinais e a acústica de recintos, realizándose tamén demostracións auditivas relacionadas coas devanditas aplicacións. Para estas prácticas usarase un programa de modelización do son.
Dada a escaseza de libros de texto de acústica en castelán, parte dos libros dispoñibles nesta bibliografía están escritos en inglés.
Bibliografía básica
Avilés López, R., & Perera Martín, R. (2017). Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Ediciones Paraninfo.
Recuero López, M. (1999). Ingeniería acústica. Ediciones Paraninfo.
Recuero López, M. (1999). Acústica arquitectónica aplicada. Ediciones Paraninfo.
Bibliografía complementaria
Johnson, K. (1997). Acoustics and Auditory Phonetics. Blackwell.
Martín Castro, A. (2022). La lira desafinada de Pitágoras. HarperCollins Ibérica.
Olive, J. P., Greenwood, A., & Coleman, J. (1993). Acoustics of American English Speech. Springer-Verlag.
Recoméndase tamén o uso de recursos de Internet, que se irán indicando a medida que transcorra o curso:-Na páxina web da Universidade do Pais Vasco existen unha serie de recursos interesantes dedicados á acústica:
https://www.ehu.eus/acustica/
http://www.acs.psu.edu/drussell/demos.html
Os resultados da aprendizaxe inclúen os seguintes coñecementos, habilidades/destrezas e competencias:
Coñecementos
• Con_68: Coñecer que é unha onda acústica e as magnitudes que a representan.
• Con_69: Comprender o concepto de nivel de presión e saber realizar operacións básicas cos niveis sonoros (composición de ondas e propagación).
• Con_70: Coñecer as propiedades articulatorias, acústicas e auditivas dos fonemas.
• Con_71: Coñecer as propiedades acústicas da audición e os conceptos fundamentais da psicoacústica.
Habilidades/Destrezas
• HyD_1: Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2: Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3: Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4: Traballar en equipo.
• HyD_5: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_46: Manexar os conceptos básicos da acústica de recintos (resonancia e reverberación).
• HyD_47: Aprender a utilizar as ferramentas básicas de análise dixital do son (concepto de espectro, espectro en bandas de frecuencia e filtrado do sinal acústico).
Competencias
• Comp_1: Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3: Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Nas clases expositivas presentaranse os conceptos fundamentais da materia, incluíndo exemplos representativos dos aspectos prácticos que o estudantado debe dominar. Estes contidos servirán de base para a presentación dos temas de prácticas.
Os temas prácticos estarán constituídos por unha serie de traballos que cada estudante debe realizar utilizando os conceptos explicados nas clases teóricas. Estes temas incluirán aspectos eminentemente prácticos que permitan ao alumnado adquirir destreza no manexo de técnicas acústicas relacionadas co acondicionamento de sinais, a intelixibilidade da palabra e as características acústicas de recintos. Incluiranse tamén unha serie de demostracións auditivas nas que o alumnado poderá percibir auditivamente o efecto dos procesos estudados tanto na teoría coma na práctica.
A materia terá unha parte importante do seu desenvolvemento a través do uso do Campus Virtual. Toda a información que se proporcione ao alumnado en clase estará dispoñible no Campus Virtual da materia, incluíndo contidos de presentación, material de problemas, prácticas, enlaces a contidos de Internet e comunicación co alumnado. É importante que o alumnado realice un seguimento regular da páxina da materia.
A cualificación final da materia obterase a partir da suma da nota do exame final (70%) e da avaliación continua (30%). Esta última consistirá na entrega de todos os informes de prácticas, que deberán estar correctamente elaborados e completos.
O exame final cualificarase cun máximo de 7 puntos, e os informes de prácticas cun máximo de 3 puntos. Para superar a materia será imprescindible acadar, como mínimo, 3,5 puntos no exame final e 1,5 puntos na avaliación das prácticas.
A non presentación dalgún dos informes de prácticas suporá a cualificación de suspenso na avaliación continua, e, en consecuencia, tamén na materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A continuación preséntanse as diferentes actividades propostas para acadar os resultados da aprendizaxe desta materia:
• Exame: Con_68; Con_69; Con_70; Con_71; HyD_46; Comp_3
• Informes de prácticas: Con_68; Con_69; Con_70; Con_71; HyD_1; HyD_2; HyD_3; HyD_5; HyD_46; HyD_47; Comp_1; Comp_3
• Avaliación continua: Con_68; Con_69; Con_70; Con_71; HyD_1; HyD_2; HyD_4; HyD_46; HyD_47; Comp_3
A materia está asignada con 4,5 créditos ECTS, o que implica unha dedicación total de 112,5 horas ao longo do cuadrimestre, distribuídas entre actividades presenciais e traballo autónomo.
Horas presenciais totais: 26
Horas de clases expositivas: 13
Horas de prácticas: 13
Horas de titorización en grupo reducido: 12
Horas de traballo persoal do alumnado: 72,5
Horas de exame: 2
Para a comprensión correcta da materia teórica cada estudante deberá dedicar un mínimo de 13 horas. Para a realización correcta dos informes de prácticas o alumnado necesitará un mínimo de 13 horas.
Esta materia resulta accesible para o alumnado, xa que toda a información necesaria sobre as competencias que se agardan e os medios para adquirilas estará perfectamente definida a medida que a materia se vaia desenvolvendo. Estas competencias abranguen contidos sinxelos que o estudantado debe dominar.
A idea central é que o alumnado poida traballar con conceptos claros e básicos que lle permita adquirir unha formación sólida para afrontar futuros contactos cos aspectos acústicos que atopará ao longo da súa traxectoria académica e profesional no eido da audiometría e da audioloxía. Non se trata de saber moitas cousas, senón de coñecer o esencial e manexalo con seguridade.
Para acadar este obxectivo, é fundamental a asistencia ás clases presenciais, xa que facilitará a identificación dos contidos clave e aforrará tempo de estudo. Outro aspecto importante é a interacción co profesorado, especialmente para resolver dúbidas ao longo do curso, en particular as relacionadas cos informes de prácticas.
A docencia desta materia impartirase en castelán e en galego, co obxectivo de fomentar a competencia lingüística do estudantado en ambas as dúas linguas cooficiais. Empregaranse fontes de información en lingua inglesa.
Maria Encina Calvo Iglesias
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- encina.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jesus Garcia Guimarey
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- mariajesus.guimarey [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 1 |
19.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |