Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 32 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno debe acadar o dominio suficiente das técnicas e habilidades que lle permitan:
+ montar, adaptar e reparar os modelos básicos de gafas existentes.
+ determinar a idoneidade e validez dunha gafa xa montada para un usuario concreto
+ detectar a orixe dos problemas e dificultades de adaptación dos usuarios.
+ ofrecer solucións ou alternativas para superar estes problemas.
TEORÍA
1. Clasificación e partes das monturas.
2. Sistemas de medidas das monturas. Medidas faciais e parámetros das monturas.
3. Centrado de lentes monofocais (prescricións sen e con efectos prismáticos) e multifocais.
4. Normas de tolerancia das lentes oftálmicas.
5. Materiais e fabricación de monturas. A pel e as monturas
6. Selección e adaptación de monturas
PRÁCTICAS
As prácticas da materia constan de 10 sesións de taller, de tres horas cada unha, das que a derradeira será unha proba de montaxe.
As prácticas estudan os procesos de montaxe dos distintos tipos de lentes nas monturas de uso máis común, a adaptación destas ao usuario e o mantemento das lentes montadas.
+ Benito Galindo A. e Villegas Ruiz E.A., Montaje y aplicaciones de lentes oftálmicas, ed. Universidad de Murcia (2001).
+ J. Salvadó, M. Fransoy (Ed.), Tecnología Óptica. Lentes oftálmicas, diseño y adaptación. ed. UPC, Barcelona (1997)
+ Obstfeld H., Spectacle frames and their dispensing, Ed. Saunders, Londres (1997).
+ Brooks C. W. e Borish I.M., System for ophthalmic dispensing, Butterworth Heinemann, 2a edición, Boston (1996).
+ Brooks,C.W., Essentials of ophthalmic lens finishing, ed. Butterworth-Heinemann, St. Louis 2003.
+ Tunnacliffe, A.H., Essentials of dispensing, 2a edición, ed. ABDO, London (1998)
+ Jalie M., Ophthalmic lenses & dispensing, ed. Butterworth Heinemann, 2a edición, Edinbourgh, (2003).
+ M. Jalie, The Principles of Ophthalmic Lenses. ABDO, London, 2021, 6ª edition.
+ Rodríguez Martínez J.I., Adaptación de monturas, ed. USC (2015)
+ Manual de lentes progresivas. INDO. Hospitalet de Llobregat (1999)
+ Fannin, T. E. e Grosvenor, T.P. Óptica clínica. 2ª ed. Barcelona: Omega, (2007)
+ Normas UNE-EN ISO 7998=2007, 8624=2011, 8980-1, 8980-2, 13666=2000, 14889=2009-1
Coñecemento
• Con_30. Coñecer os parámetros xeométricos, ópticos e físicos máis relevantes que caracterizan todos os tipos de lentes oftálmicas empregadas en prescricións optométricas e relacionalos coas propiedades implicadas no proceso de adaptación.
Habilidades e capacidades
• HyD_1. Pensar dun xeito integrado e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais específicos dos campos da Óptica e a Optometría.
• HyD_12. Manexar materiais e técnicas básicas de laboratorio.
• HyD_15. Ser capaz de manexar as técnicas de centrado, axuste, montaxe e manipulación de todo tipo de lentes, graduacións optométricas, axudas visuais e lentes de protección.
• HyD_18. Manexar técnicas para a análise, medición, corrección e control dos efectos dos sistemas ópticos compensatorios no sistema visual, co fin de optimizar o seu deseño e adaptación.
Competencias:
• Comp_1. Que o alumnado teña a capacidade de recompilar e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
• Comp_3. Que o alumnado desenvolvese as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na titulación de xeito profesional e sexa competente para formular e resolver problemas, así como para desenvolver e defender argumentos en contextos tanto académicos como profesionais relacionados coa Óptica e a Optometría.
• Comp_5. Capacidade para aprender de forma independente, traballar en equipo, organizar o tempo e os recursos e adquirir novos coñecementos e técnicas en óptica e optometría.
• Comp_8. Capacidade para calcular os parámetros xeométricos de sistemas específicos de compensación visual: baixa visión, lentes intraoculares, lentes de contacto e lentes oftálmicas.
Na aula impartiranse dúas horas semanais de docencia expositiva durante un cuadrimestre.
Nas sesións de prácticas, o profesor realizará unha demostración do traballo que debe facer o alumno. A continuación, os alumnos desenvolverán a práctica baixo a supervisión do profesor. O resultado final debe ser autoavaliado polo alumno antes de serlle presentado ao profesor. Este fará unha última avaliación diante do alumno, sinalando, principalmente, o modo de corrixir os erros, problemas ou defectos detectados.
Usaremos o Campus Virtual como repositorio de documentación e canle de comunicación entre estudantes e profesores
Haberá unha proba escrita e outra práctica. A cualificación global será a media aritmética das notas da proba escrita (50%) e da proba práctica (50%). Esta nota media debe ser de 5 sobre 10 ou superior para aprobar a materia. É condición necesaria para superar a materia ter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes.
Para a avaliación da proba práctica é obrigatoria a asistencia a un mínimo de 8 sesións.
Non poderán presentarse á segunda oportunidade aqueles alumnos que, durante o período normal de clases, non teña asistido a este mínimo de 8 sesións prácticas.
O alumno debe saber usar correctamente o focómetro.
Considéranse como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que non se presenten nin á proba escrita nin á práctica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Horas presenciais
+ Na aula: 22
+ No obradoiro: 30
+ Titorías: 6
Horas non presenciais:
+ Estudio autónomo individual ou en grupo: 28
+ Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 8
+ Programación/experimentación ou outros traballos de laboratorio: 8
+ Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 6
+ Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 4,5
- Repaso dos coñecementos xa adquiridos en Óptica Oftálmica I e II.
- Estudar, ou, como mínimo, ter lida, a teoría correspondente a cada apartado antes da sesión práctica.
- Facer uso das titorías para consultar e esclarecer dúbidas.
- Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
- Participación activa nas aulas e sesións prácticas do taller.
Maria Dolores Mouriz Cereijo
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Carmen Bao Varela
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813512
- Correo electrónico
- carmen.bao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Montero Orille
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- carlos.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Yago Arosa Lobato
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- yago.arosa.lobato [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
22.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
09.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |