Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 32 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Definir a metodoloxía básica para o desenvolvemento dunha actividade experimental (traballo en laboratorio e tratamento estatístico de datos).
2. Describir os fenómenos físicos relevantes para a comprensión da fisioloxía ocular.
3. Comprender a natureza electromagnética da luz.
Teóricos:
TEMA 1. INCERTEZA EXPERIMENTAL. Tipos de erros. Incerteza absoluta e relativa. Incerteza en magnitudes directas. Incerteza en magnitudes indirectas. Axuste linear de datos.
TEMA 2. FUNDAMENTOS. Magnitudes físicas. Sistema de coordenadas cartesianas. Operacións con vectores. Velocidade e aceleración. Movemento circular. Leis de Newton. Traballo, enerxía e potencia.
TEMA 3. FLUÍDOS IDEAIS. Conceptos de presión e densidade. Ecuación fundamental da estática de fluídos. Principio de Arquímedes. Réxime estacionario. Ecuación de continuidade. Ecuación de Bernoulli. Tensión superficial.
TEMA 4. FLUÍDOS REAIS. Viscosidade. Lei de Poiseuille. Número de Reynolds.
TEMA 5. OSCILACIÓNS. Movemento harmónico. Lei de Hooke. Enerxía do movemento harmónico. Composición de movementos harmónicos. Movemento harmónico amortecido.
TEMA 6. MOVEMENTO ONDULATORIO. Oscilacións nun medio elástico. Ondas lonxitudinais e transversais. Parámetros dunha onda. Ondas planas. Ondas esféricas. Intensidade dunha onda. Ondas amortecidas. Ondas estacionarias. Son e ultrasón.
TEMA 7. ELECTRICIDADE. Lei de Coulomb. Campo e potencial eléctrico. Materiais condutores. Dipolo eléctrico. Materiais dieléctricos. Impulso nervioso. Corrente eléctrica. Circuítos eléctricos.
TEMA 8. MAGNETISMO. Lei de Ampère. Campo de indución magnética. Dipolo magnético. Materiais magnéticos. Campo magnético. Forza de Lorentz. Biomagnetismo.
TEMA 9. ELECTROMAGNETISMO. Lei de Lenz-Faraday. Ondas electromagnéticas. Velocidade de propagación das ondas electromagnéticas. Natureza electromagnética da luz. Polarización da luz.
Prácticos:
• PRÁCTICA 1. Picnometría
• PRÁCTICA 2. Viscosidade
• PRÁCTICA 3. Tensión superficial
• PRÁCTICA 4. Movemento oscilatorio
• PRÁCTICA 5. Circuítos eléctricos de corrente continua
BÁSICA
• Jou, D., Llebot, E., Pérez, C. Física para las ciencias de la vida, Ed. McGraw-Hill/Interamericana de España, Madrid, 1994.
• Ortuño, M. Física para biología, medicina, veterinaria y farmacia. Ed. Crítica, 1996.
COMPLEMENTARIA
• Cussó, F. Física de los procesos biológicos, Ed. Ariel, Barcelona, 2004.
• Tripler, P.A., Mosca, G. Física para la ciencia y la tecnología.
• Aurengo, A. Biofísica, Ed. McGraw-Hill, Madrid, 2008.
• Nelson, P. Física biológica, Ed. Reverté, Barcelona, 2004.
• Parisi, M. Temas de Biofísica, Ed. McGraw Hill, Santiago de Chile, 2001.
• Serway, R. A., Jewett, J. W. Jr. Física, Ed. Thomson, Madrid, 2003.
• Centro Español de Metrología. Guía para la expresión de la incertidumbre de medida. Ministerio de Fomento, 2000.
Coñecementos:
• Con_1. Coñecer o comportamento dos fluídos e os fenómenos de superficie.
• Con_2. Comprender os fenómenos ondulatorios a partir das oscilacións e das ondas mecánicas.
• Con_3. Coñecer os campos eléctricos e magnéticos ata chegar ao campo electromagnético e ás ondas electromagnéticas.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas sociais, científicos ou éticos relevantes.
• Comp_3. Que o estudantado desenvolva habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao de forma profesional, sendo competente na formulación/solución de problemas e na elaboración/defensa de argumentos en contextos académicos e profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprendizaxe autónoma, traballo en equipo, organización do tempo e recursos, e adquisición de novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_9. Saber aplicar as técnicas instrumentais e protocolos de traballo nun laboratorio, cumprindo coas normativas de seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
• HyD_12. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
• Clases expositivas para o desenvolvemento do temario teórico.
• Clases interactivas (seminarios) dedicadas á resolución de exercicios do temario teórico.
• Prácticas de laboratorio orientadas á realización de catro prácticas, tras as cales o alumnado presentará un informe.
A metodoloxía apóiase no material didáctico dispoñible a través do Campus Virtual da USC:
• Presentacións utilizadas nas clases expositivas
• Colección de exercicios e solucións
• Guións das prácticas
A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas nos seguintes apartados:
1. Avaliación continua (20%): mediante dous controis presenciais.
2. Exame final (50%).
3. Prácticas de laboratorio (30%): é obrigatoria a asistencia a todas as sesións. Ao finalizar as prácticas, deberá presentarse un informe cos resultados. Valorarase o traballo no laboratorio (1 punto) e a calidade do informe (2 puntos).
Se non se supera a materia na primeira oportunidade, deberá realizarse o exame final na segunda, mantendo as cualificacións dos controis e prácticas.
Se non se entrega o informe de laboratorio na primeira oportunidade, a nota quedará pendente da súa entrega na segunda.
Para optar á cualificación de Matrícula de Honra será necesario obter unha nota mínima de 9.5 puntos.
• Clases expositivas: 18 h
• Clases interactivas/seminarios: 15 h
• Prácticas de laboratorio: 15 h
• Titorías personalizadas presenciais: 3 h
• Exame: 2 h
• Estudo autónomo, individual ou en grupo: 97 h
• Asistir ás clases e participar activamente
• Dedicar o tempo de estudo recomendado
• Resolver os exercicios e cuestións propostas
• Aclarar dúbidas canto antes a través das titorías personalizadas
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida iniciar contra o alumno/a infractor/a. Considérase fraude, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes públicas sen reelaboración, reinterpretación nin cita dos autores ou fontes.
Lingua na que se imparte a docencia: Galego
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- pilar.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfredo Jose Amigo Pombo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814053
- Correo electrónico
- alfredo.amigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 3 |
16.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
23.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |