Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 19 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos e ás estudantes os coñecementos necesarios a un nivel básico para seren quen de analizar sistemas de iluminación, deseñar sistemas ergonómicos e avaliar o funcionamento das distintas solucións, tendo en conta os coñecementos actuais sobre as características do sistema visual, as fontes de luz e luminarias dispoñibeis e as tarefas a desenvolver, con especial atención ás boas prácticas iluminativas e aos erros a evitar a fin de contrarrestar os efectos negativos asociados a un mal uso da luz .
A Luz e a Visión. Ergonomía visual. Fundamentos de fotometría. Fontes de luz. Luminarias. Estándares e normativa legal. Aplicacións: análise, deseño e avaliación crítica de proxectos de iluminación e solucións instaladas.
Análise e avaliación das condicións ergonómicas de iluminación do ámbito visual. Caracterización dos niveis de iluminación. Conñecemiento das distintas fontes de iluminación. Criterios ergonómicos para a selección de lámpadas e luminarias. Aplicación dos criterios de calidade y conforto establecidos: Realización de deseños ergonómicos de iluminación interior.
- Luminotecnia. Iluminación de interiores y exteriores, de Javier García Fernández e Oriol Boix Aragonès (ISBN: 84-600-9647-5)
- Optica Fisiológica: Psicofísica de la visión, de J. Artigas, P. Capilla, A. Felipe e J. Pujol. Interamericana Mc.Graw-Hill (1995).
- Illumination Fundamentals, de Alma E. F. Taylor, Lighting Research Center, Rensselaer (2000).
- El Libro Blanco de la Iluminación, CEI (2014).
- Estándares e normativas aplicabeis.
- Artigos específicos publicados en revistas de investigacion, profesionais e/ou de divulgación.
Ao superar esta materia o alumno ou alumna deberá ser quen de posuír as seguintes competencias, ademais das explicitadas para a mesma na Memoria Oficial do Grao en Óptica e Optometría e aqueloutras contempladas na normativa vixente que sexan de obrigada aplicación:
Coñecementos:
• Con_63. Coñecer a resposta do sistema visual humano a diversas condicions de iluminación.
• Con_64. Coñecer as causas e consecuencias dun mal uso da luz e as medidas a tomar para evitalo.
• Con_65. Coñecer as propiedades das principais fontes de luz actualmente disponibeis.
• Con_66. Coñecer as características funcionales dos principais tipos de luminarias.
• Con_67. Coñecer os principais estándares e normativas aplicabeis para a iluminación en diferentes entornos.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes visións con razonamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así coma un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_43. Aplicar criterios ergonómicos para o deseño de sistemas de iluminación.
• HyD_44. Utilizar cualitativa e cuantitativamente as principais magnitudes fotométricas, as relacions entre elas e os sistemas de representación asociados ás mesmas.
• HyD_45. Analizar, deseñar cualitativa e cuantitativamente e avaliar críticamente, especialmente dende o punto de vista da ergonomía visual, diferentes solucións de iluminación
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
A metodoloxía docente seguirá as liñas previstas na Memoria da Titulación e a distribución de tempos indicada na Programación Docente Anual. Incluirá sesións expositivas e interactivas, tanto na aula como no laboratorio, podendo realizarse ademais traballos de revisión, afondamento en temas determinados e/ou de avaliación de sistemas de iluminación instalados dentro e fóra da facultade (p.ex. sistemas de alumeado público).
Clase maxistral, Asistencia a conferencias ou outros eventos, Resolución de problemas, Presentación na aula (dun proxecto, exercicio, etc.), estudos de casos, debate, seminario, prácticas aula informática, prácticas laboratorio, saídas de estudos, prácticas de campo, aprendizaxe colaborativo, aprendizaxe basado en proxectos, carpeta / dossier, Aprendizaxe-Servizo, metodoloxía basada na investigación, Design thinking (pensamiento de deseño), estudo previo, traballo tutelado, resolución autónoma de problemas, foros de discusión - traballo en grupo.
Establecense dous tipos de avaliación alternativos , aos que o estudantado da asignatura poderá optar, en ambos casos terase en conta que: A realización e presentación das prácticas é obrigatoria. A superación da materia require aprobar separadamente o exame (o traballo, de ser o caso) por unha banda e as prácticas pola outra.
Modalidades de Avaliación
1º)- Exame Final escrito - a realizar nas datas oficialmente aprobadas polo Centro- que poderá requirir entre outras cousas, o desenvolvemento de temas, a resposta a cuestións teóricas ou prácticas, e a resolución de problemas numéricos. Porcentaxe da nota do exame na avaliación : 60%.
Asistencia e realización das Prácticas de Laboratorio da Materia, así como a entrega dun Informe de Prácticas. Porcentaxe das Prácticas na avaliación: 40%
2ª) - O estudantado que asista de forma regular ás clases presenciais (asistencia mínima: 85% das horas lectivas) poderán -a xuizo da persoa encargada da docencia desta materia- serán avaliados mediante a elaboración dun traballo de curso asignado polo profesor ou profesora, que se presentará de forma oral e escrita non máis tarde da data oficial do exame de cada convocatoria.
Porcentaxe do Traballo na avaliación: 50%
Ademáis do traballo, nesta modalidade , terase en conta tamén a asistencia e participación nas clases e nas prácticas da materia cun porcentaxe do 10%.
As prácticas da materia, realización e presentación do informe, son obrigatorias, e a porcentaxe na avaliación será dun 40% da nota final.
Por indicación expresa do Decanato da Facultade faise constar que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Estudo autónomo individual ou en grupo 39 h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 16.5 h
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio 11 h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante 3 h
Preparación de presentacións orais, debates ou semellante 5 h
Maria Concepcion Nistal Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
01.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |