Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar aos estudantes coñecementos globais e críticos sobre a cultura e a produción artística do Renacemento.
2. Coñecer as linguaxes formais e visuais do Renacemento, así como as distintas técnicas artísticas empregadas co fin de comprender mellor como estas condicionan e actúan no resultado final da obra de arte.
3. Coñecer especificamente as fontes, contextos, artistas e obras máis importantes e representativas do Renacemento.
4. Recoñecer a diversidade de temáticas e tendencias no desenvolvemento da produción artística do Renacemento.
5. Coñecer os distintos enfoques e metodoloxías que permiten a comprensión e análise dunha obra de arte do Renacemento.
Tras analizar a especificidade do Renacemento, farase especial fincapé na creación dun novo código figurativo e dunha nova linguaxe arquitectónica chamados a ter gran vixencia na arte occidental, á vez que se estudarán as máis importantes propostas artísticas da época, fundamentalmente en Italia.
Desenvolvemento do temario:
Tema I. Concepto e significación. Arte e ciencia. O modelo da Antigüidade clásica. Os artistas e clientes.
Tema II. A arquitectura do renacemento temperán.
Tema III. A arquitectura do alto renacemento e o manierismo.
Tema IV. A arquitectura do renacemento tardío no Véneto.
Monográfico de Bomarzo
Tema V. A escultura e o espazo.
Tema VI. Da liña á cor: distintas concepcións de mundo pictórico italiano.
Monográfico de Arcimboldo
Monográfico do Bosco
LECTURA OBLIGATORIA: Nieto Alcaide, V. y Checa Cremades, F., El Renacimiento. Formación y crisis del modelo clásico, Madrid, 1980.
BÁSICA: Freedberg, S. J., Pintura en Italia 1500-1600, Madrid, 1978. Heydenreich, L.H. y Lotz, W., Arquitectura en Italia 1400-1600, Madrid, 1991. Nieto Alcaide, V. El arte del Renacimiento, Madrid, 1996. Pope-Hennessy, J., La escultura italiana en el Renacimiento, Madrid, 1989. Ídem, Italian High Renaissance and Baroque Sculpture, Nueva York, 1985.
COMPLEMENTARIA: Antal, F., El mundo florentino y su ambiente social. La república burguesa anterior a Cosme de Médicis: siglos XIV-XV, Madrid, 1987. Argan ,G.C., Renacimiento y Barroco, Madrid, 1987. Blunt, A., Arte y arquitectura en Francia, 1500-1700, Madrid, 1977. Ídem, La teoría de las artes en Italia 1450-1600, Madrid, 1979. Burke, P., El renacimiento italiano. Cultura y sociedad en Italia, 1450-1600, Madrid, 1993. Chastel, A., El renacimiento meridional 1460-1500, Madrid, 1965. Ídem, El gran taller de Italia 1460-1500, Madrid 1966. Ídem, Arte y humanismo en Florencia en la época de Lorenzo el Magnífico, Madrid, 1982. Ídem, El saco de Roma, Madrid, 1986. Ídem y R. Klein, El humanismo, Madrid, 1971. Checa Cremades, F, Pintura y escultura del Renacimiento en España, Madrid, 1983. Fusco R., El Quattrocento en Italia, Madrid, 1999. Gombrich, E. H., El lagado de Apeles. Estidios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1982.Ídem, Imágenes simbólicas. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1983. Ídem, Norma y forma. Estudios sobre el arte del renacimiento, Madrid 1984. Ídem, Nuevas visiones de viejos maestros. Estudios sobre el arte del Renacimiento, Madrid, 1987. Heydenreich, L.H., Eclosión del Renacimiento. Italia 1400-1460, Madrid, 1972. Ídem y Passavant, G., La época de los genios.Renacimiento italiano 1500-1540, Madrid, 1974. Keller, M., El renacimiento italiano, Madrid, s.a. Marías, F., El largo siglo XVI. Los usos artísticos del Renacimiento español, Madrid, 1989. Murray, P., Arquitectura del Renacimiento, Madrid, 1972. Murray, L., El Alto Renacimiento y el Manierismo, Barcelona, 1995. Murray, P. y L., El arte del Renacimiento, Mexico, 1965. Paleotti, J. T. y Radke, G. M., El arte en la Italia del Renacimiento, Madrid, 2002. Panofsky, E., Estudios sobre iconología, Madrid, 1972. Ídem, La perspectiva como forma simbólica, Barcelona, 1973. Ídem, Renacimiento y renacimientos en el arte occidental, Madrid, 1975. Ídem, Los primitivos flamencos, Madrid 1998. Ramirez, J.A. (coord.), Historia del Arte, vol. 3, Madrid, 1997. Rowe C. y Satkowski L., La arquitectura del siglo XVI en Italia, Barcelona, 2013. Shermann, J., Manierismo, Bilbao, 1984. Warburg, A., El Renacimiento del paganismo. Aportaciones a la historia cultural del Renacimiento europeo, Madrid, 2005. Waterhouse, E. Pintura en Gran Bretaña 1530-1790, Madrid, 1993 (primera parte). Wilde, J., La pintura veneciana de Bellini a Ticiano, Madrid, 1988. Wind, E., Los misterios paganos del Renacimiento, Bercelona 1872. Wittkower, R., Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo, Madrid, 1995. Wölfflin, H., Conceptos fundamentales de la historia del arte, Madrid, 1970. Ídem, El arte clásico. Una introducción al renacimiento italiano, Madrid, 1982.
Competencias xenéricas:
a.- Capacidade para analizar os distintos períodos históricos do Renacemento
b.- Usar, ordenar e interpretar fontes específicas para a historia da arte, desde textos ás propias obras de arte
c.- Coñecer e ter habilidade para usar instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas
d.- Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
Competencias específicas:
a.-Analizar e interpretar os períodos do Renacemento valorando o papel das obras de arte como transmisoras de información cultural e histórica
b.-Coñecer e aplicar enfoques e metodoloxías propias da Historia da arte
c.-Comprender e interpretar documentos orixinais, sendo capaces de elaborar textos historiográficos sobre a materia
d.-Manexar e extraer información de bases de datos e catálogos de fondos artísticos na internet
Docencia expositiva:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través da metodoloxía de clase maxistral participativa.
Docencia interactiva:
Clases prácticas presenciais en grupos reducidos de interactivas, baseadas na análise e comentario de diferentes propostas para achegarse á arte do Renacemento: comentarios de obras de arte, de temas e textos…
O estudantado terá que realizar e expoñer un traballo individual sobre un tema asignado.
_Prácticas de campo: en Santiago de Compostela.
Titorías:
Titorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos traballos das clases interactivas.
Os contidos da materia das expositivas valoraranse co 60% da cualificación final. (Exame). O exame consistirá no desenvolvemento escrito de dúas láminas vistas en clase.
As actividades vinculadas coas sesións interactivas terán unha valoración do 40% da cualificación final. (Traballo individual). Exposición oral. Traballo comparativo entre dúas obras arquitectónicas do renacemento (non italiano) de libre elección enfrontadas. Estrutura da exposición: a) breve presentación da primeira obra, b) breve presentación da segunda obra, c) análise comparativa, d) bibliografía.
Duración: 25 minutos de exposición.
Avaliación: 1 punto, claridade expositiva, 1 punto bibliografía consultada, 2 puntos, análise comparativa.
A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes.
A asistencia a clase é obrigatoria, tamén nas clases interactivas.
Unha ausencia excesiva maior do 30 %, entre clases interactivas e expositivas, poderá supoñer a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo)
1.- Quen realizase e aprobado as actividades correspondentes á docencia interactiva poderán conservar esta cualificación e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobasen, terán que realizar unha proba na que terá cabida a materia correspondente ás clases interactivas.
Dispensa: O estudantado ao que lle sexa concedida dispénsa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cunha proba final específica que supoñerá o 100% da cualificación.
Plaxios e outros. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL
-Docencia expositiva 51horas.
-Docencia interactiva 24 horas.
-Titorías personalizadas 3 horas.
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO
-Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
-3 hora de preparación por cada clase interactiva.
-15 horas para o traballo.
1-Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas
2-Realización das prácticas
3-Consulta da bibliografía
4-Acceso e consulta aos contidos docentes no Campus Virtual da materia
5-Consultas titorías
Esta materia está incluida nun título en proceso de extinción polo que so estará vixente na modalidade presencial durante o presente curso 2025-2026.Os cursos 2026-2027 e 2027-2028 a materia ofertarase sen docencia presencial ate a súa extinción definitiva.
Ivan Moure Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.moure [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |