Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Adquirir coñecementos xerais e particulares sobre a arte e as súas circunstancias históricas, culturais e estéticas no período que abarca desde a Ilustración ata os movementos de principios do século XXI (1750-2025), sabendo contextualizalos.
2. Comprender e diferenciar as diversas linguaxes formais que se dan neste período cronolóxico, non só nun sentido estilístico senón contextual.
3. Saber realizar unha análise crítica e enmarcar a obra de arte nos contextos apropiados nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
4. Valorar e identificar a importancia dos movementos artísticos do período e as procuras dos artistas no desenvolvemento das culturas artísticas posteriores.
5. Adquirir as ferramentas metodolóxicas e críticas básicos que permitan introducirse no exercicio da investigación, desenvolvendo habilidades relacionadas coa obtención, análise e tratamento de bibliografía e fontes escritas e visuais, e o manexo das TICs.
1. A orde neoclásica, alternativas e visionarios.
2. A revolución romántica e o conformismo academicista.
3. O compromiso realista e o escapismo simbolista.
4. A materialidade impresionista.
5. As buscas postimpresionistas.
6. As vangardas históricas.
7. As segundas vangardas.
8. O Postmodernismo: Do século XX ao XXI.
(* Manuais)
Argan, J.C., El arte moderno, Valencia, 1976
*Arnason, H.H., A History of modern art : painting, sculpture, architecture, photography, London: Thames and Hudson, 1998
Benevolo, L., Historia de la arquitectura Moderna, Barcelona, Gustavo Gili, 1999
Boime, A., Historia social del arte moderno: el arte en la época de la Revolución. 1750-1800, Madrid, Alianza, 1994
Boime, A., Historia social del arte moderno: el arte en la época del bonapartismo. 1800-1815, Madrid, Alianza, 1996
Bryson, Norman, Tradición y deseo: de David a Delacroix, Madrid, Akal, 2002
Chipp, H., Teorías del Arte Contemporáneo. Fuentes artísticas y opinions críticas, Madrid, Akal, 1995
Collins, P., Los ideales de la arquitectura moderna, su evolución, 1750-1950. Barcelona, Gustavo Gili, 1970
*Daix, P., Historia cultural del mundo moderno. De David a Cézanne, Madrid, Cátedra, 2002
Denvir, B., Historia del Impresionismo, Madrid, Libsa, 1992
Eitner, Lorenz E. A., Géricault, his life and his work, London, Orbis Publishing, 1983
*Eisenman, S. et al., Historia crítica del arte del siglo XIX, Madrid, Akal, 2001
Flam, J., Matisse: The Man and His Art 1868-1918 (Ithaca and London, 1986)
Foster, H. et al., Arte desde 1900. Modernidad, antimodernidad, posmodernidad, Madrid, Akal, 2006
Frampton, K., Historia crítica de la arquitectura moderna, Barcelona, Gustavo Gili, 2007
Frascina, F. et. al., La modernidad y lo moderno. La pintura francesa en el siglo XIX, Madrid, Akal, 1993
Fried, M., El Realismo de Courbet, Madrid, Antonio Machado Libros, 2003
Fusco, R. de, Historia de la arquitectura contemporánea, Madrid, Celeste, 1992
García, S., La novela gráfica, Bilbao, Astiberri, 2014
González García, A. et al., Escritos de arte de vanguardia 1900/1945, Madrid, Ediciones Turner, 1979
Gravagnuolo, B., Historia del urbanismo en Europa, 1750-1960, Madrid, Akal, 1998
Hitchcock, H-R., Arquitectura de los siglos XIX y XX, Madrid, Cátedra, 2008
Honour, H., El Romanticismo, Madrid, Alianza, 1981
Honour, H., Neoclasicismo, Madrid, Xairat Ediciones, 1982
Kaufmann, E., La Arquitectura de la Ilustración: Barroco y Posbarroco en Inglaterra, Italia y Francia, Barcelona, Gustavo Gili, 1974
Kendall, R., Degas by himself. Drawings, prints, paintings, writings, UK, Time Warner Books, 2004
Nochlin, L., Courbet, Thames & Hudson, 2007
Nochlin, L., El Realismo, Madrid, Alianza Editorial, 1991
Noon, Patrick, Constable to Delacroix. British and the French Romantics, London, Tate Publishing, 2003
Pevsner, N., Los orígenes de la arquitectura moderna y del diseño, Barcelona, Gustavo Gili, 1976
Pevsner, N.,. Pioneros del diseño moderno. Desde William Morris a Walter Gropius, Buenos Aires, Infinito, 1936
*Ramírez, J. A. (Dir.), Historia del Arte. El mundo contemporáneo. Madrid, Alianza Editorial, 1997
*Reyero, C., Introducción al arte occidental del siglo XIX, Madrid, Cátedra, 2014
Rewald, J., El Postimpresionismo: de Van Gogh a Gauguin, Madrid, Alianza, 1982
Rewald, J., Historia del impresionismo, Barcelona, Seix Barral, 1994
*Rosemblum, Robert y Janson, H.W., El arte del siglo XIX, Madrid, Akal Arte, 1999
Schiff, R., Cezanne y el fin del impresionismo. Estudio de la teoría, la técnica y la valoración críticas del arte moderno, Madrid, Antonio Machado, 2002
Smith, P., Impresionismo, Madrid, Akal, 2006
Toman, R. (ed.), Neoclasicismo y Romanticismo. Arquitectura. Escultura. Pintura. Dibujo, Colonia, Könemann, 2000
Xerais
1. Adquirir destrezas para o desenvolvemento dunha aprendizaxe instrumental e relevante: capacidade de análise, síntese, organización e planificación, resolución de problemas, acceso e xestión de información, razoamento crítico, aprendizaxe autónoma e expresión oral e escrita.
2. Adquirir capacidades relacionadas coa apreciación da obra de arte: sensibilidade cara a temas relativos ao patrimonio histórico e cultural, recoñecer a creatividade, orixinalidade, transcendencia e valores estéticos. Apreciar e interpretar de forma particular diferentes estilos da Historia da arte.
3. Desenvolver habilidades para aplicar á disciplina da Historia da arte o manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), internet e os seus recursos dixitais.
Específicas
1. Adquirir un coñecemento sistemático e integrado da arte contemporánea coa capacidade de contextualizar, analizar e diferenciar as manifestacións artísticas do devandito período.
2. Distinguir, apreciar e sistematizar coñecementos integrados do feito artístico: distintas linguaxes (arquitectura e urbanismo, escultura, pintura, artes aplicadas etc.)/ etc.), procedementos e técnicas, e a evolución de cada un deles.
3. Coñecer e aplicar as regras básicas de construción de ensaios académicos e espírito crítico, adaptándoo ao caso concreto proposto do traballo final.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe é teórico-práctica, resultado da combinación de:
1. Sesións expositivas: A profesora explicará os contidos teóricos valéndose da lección maxistral e impulsando a participación do estudantado. As sesións estarán apoiadas por material audiovisual.
2. Sesións interactivas: As/os estudantes elaborarán por parellas un traballo sobre un artista ou movemento estilístico, determinado por antelación pola profesora. A profesora dará unhas pautas básicas de elaboración de este, así como bibliografía de apoio e monitorización en todo o proceso sempre que a/o estudante o requira. O traballo será exposto nas sesións interactivas.
3. Titorías individuais: o estudantado valerase das titorías para resolver as dúbidas xurdidas en todo o relativo á materia, especialmente no proceso de elaboración do traballo. Nelas a profesora realizará un seguimento personalizado, axustando cada estrutura de traballo ao seu contido e fontes.
4. Práctica de campo: Contémplase unha práctica de campo nunha cidade de Galicia, en coordinación co resto de materias, suxeita o financiamento por parte da Facultade, con carácter obrigatorio e avaliable, na que as/os estudantes poderán familiarizarse en persoa con obras de arte das linguaxes expostas na materia
• A avaliación será continua. A nota final será o resultado das tres puntuacións dos instrumentos de avaliación:
1. Exame: porcentaxe do 70%. Recoñecemento de láminas vistas e non vistas en clase. Resultados a avaliar: Diferenciación dos estilos explicados en clase e as súas características xerais aplicadas á obra, encadre cronolóxico, identificación do artista, redacción correcta, etc.
2. Traballo: porcentaxe do 20%. Resultados a avaliar: Planificación do traballo, busca e xestión da información e fontes, correcta expresión oral, manexo das TICs, manexo de bibliografía científica, conclusións que reflictan un pensamento crítico
3. Asistencia: porcentaxe do 10%. Resultados a avaliar: Asistencia ás 10 sesións de interactivas nas que se pasará lista
• Para superar a materia con avaliación continua será necesario aprobar as dúas partes (exame e traballo) por separado cunha puntuación mínima de 5/10. A avaliación continua perderase se existe unha porcentaxe de faltas maior a un 30% (3 faltas), aínda que presentase traballo, sendo obrigatorio recuperar as interactivas mediante unha parte a maiores no exame teórico.
• Se na data da proba escrita de primeira convocatoria (maio/xuño), o exame ou as interactivas suspéndense, deberase acudir á convocatoria extraordinaria (xuño/xullo) soamente coas partes correspondentes suspensas. As partes aprobadas gardaranse para a nota final.
• Se a/o estudante está exento de asistencia mediante a concesión dunha dispensa, segundo os criterios estipulados nol Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster aprobado polo Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024, evaluarase cunha proba escrita específica que suporá un 100% da cualificación.
Tempo de docencia e traballo persoal:
Tiempo presencial da/do estudante: 51 horas (Docencia expositiva: 32 horas, Docencia interactiva: 16 horas, Tutorías: 3 horas)
Tempo de estudio e actividad persoal: 99 horas (Estudo autónomo: 55 horas, Preparación do traballo, lecturas e exercicios: 44 horas)
Total: 150 horas
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo, asistindo ás sesións presenciais e cumprindo as actividades non presenciais nos tempos establecidos. Recomendamos que a/o estudante consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite. Sería conveniente que a/o estudante tivese a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira, ademais de coñecementos básicos de informática
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013)
- En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Ana Perez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU