Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer os procesos de implementación dos proxectos culturais no ámbito do museo.
-Coñecer os criterios de avaliación de proxectos culturais: diversidade de axentes implicados neste proceso.
-Interactuación do estudantado con profesionais da xestión cultural.
-Interactuación do estudantado con espazos e equipamentos culturais, mediante a posible organización de visitas técnicas fóra da aula.
-Entender o museo como espazo de inclusión social e de interacción con colectivos específicos.
1. Concepto de proxecto cultural: estrutura, tipoloxía e avaliación.
2. Avaliación de proxectos culturais para o cumprimento da ODS Axenda 2030.
3. Elaboración de proxectos culturais en ámbitos diversos: titorización e valoración.
Ministerio de Cultura y Deporte. (2020) Cartografía de proyectos. Recuperado de https://culturayciudadania.es/
Quiroga, Fran (2019): “Hacia una cultura en extensivo”, Cultura y Ciudadanía. Pensamiento (Ministerio de Cultura y Deporte). Recuperado de https://culturayciudadania.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:f6d136e6-e34c…
SEGIB (2016). Guía para la transversalización de la perspectiva de género en los programas, iniciativas y proyectos adscritos de la Cooperación Iberoamericana. Madrid, Secretaría General Iberoamericana. Recuperado de: https://www.segib.org/wp-content/uploads/GUIA-TPG-ESP-WEB.pdf
Consejo Internacional de Museos. (2020) ICOM. Recuperado de https://www.icom-ce.org/
Universidad Nacional de Cuyo. (2005) Formulación de Proyectos Culturales. Recuperado de: https://bdigital.uncu.edu.ar/objetos_digitales/1098/fproyectosc.pdf
REDS (2020) Cultura y desarrollo sostenible. Aportaciones al debate sobre la dimensión cultural de la Agenda 2030. Recuperado de https://reds-sdsn.es/nueva-publicacion-cultura-desarrollo-sostenible
Conforme á normativa vixente (RD 822/2021) se desenvolverán os seguintes:
Coñecementos:
-Coñ12: Coñecer as características fundamentais dun proxecto cultural en función das súas finalidades e destinatarias/os.
Competencias:
-Comp02: Competencia para promover a converxencia entre os proxectos e iniciativas culturais deseñados e as principais directrices transnacionais elaboradas para estes (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030 e outros)
-Comp04: Competencia para deseñar propostas que contribúan á dinamización do territorio e a diversificación produtiva das comunidades, tanto en espazos urbáns como rurais.
A modalidade híbrida na que se imparte a docencia combina a docencia presencial en aula, a docencia non presencial-síncrona e as titorías non presenciais-síncronas
Cada sesión de docencia, presencial e non presencial-síncrona ten unha duración de 2 h.
DOCENCIA PRESENCIAL en aula: 10 horas
Distribuidas segundo o horario oficial, nas 5 primeiras semanas do segundo semestre.
DOCENCIA NON PRESENCIAL-SÍNCRONA, por videoconferencia. Impartidas a través da ferramenta institucional de videoconferencia (Ms Teams): 6 horas. Distribuidas segundo o horario oficial, nas 3 semanas seguintes do segundo semestre.
*Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia e para o estudantado que desexe seguir estas sesións dende as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao caracter non presencial desta actividade formativa síncrona.
Seguindo o definido na memoria do título, algunas das metodoloxías que poderán ser aplicables a esta materia serán:
Clase maxistral, resolución de problemas, presentación en clase, estudo de caso, debates, saídas de estudos, apredizaxe colaborativa, aprendizaxe baseado en proxectos, puidendo adoptarse calqueira outra metodoloxía que a/o docente estime oportuna no seu método docente.
Titorías personalizadas:
Seguindo o disposto no RD 822/2021 e no Regulamento das modalidades híbrida e virtual nas titulacións de grao e mestrado universitario na USC, a docente habilitará unha hora semanal para titorías non presenciais-síncronas. As titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe e control da realización de actividades do estudantado por parte da profesora encargada da docencia. Tamén se presentan como recurso para resolución de problemas ou clarificar os conceptos básicos relacionados coa materia e coa actividade autónoma do estudantado. Estas titorías poden realizarse individualmente ou en grupo. Se realizarán por medio da ferramenta institucional habilitada para tal fin (MsTeams). Non obstante, recoméndase programar a reunión con anterioridade, dirixindo un correo electrónico á docente.
O material de traballo poñerase a disposición do estudantado na Aula Virtual correspondente á materia do Campus Virtual.
As consultas formuladas polo estudantado a través do correo electrónico institucional, serán atendidas adecuadamente nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a profesora non estea desfrutando dalgún permiso.
Os criterios de avaliación atenderán ao estipulado no Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2024).
IMPORTANTE: Dado o carácter práctico desta materia optativa, non se admite a dispensa de asistencia.
A avaliación levarase a cabo do seguinte xeito:
En primeira e segunda oportunidade o sistema de avaliación réxese polo principio da avaliación continua e axústase ás seguintes porcentaxes:
1.- Participación activa na aula virtual (titorías, chats, foros e debates e outras ferramentas virtuais): 20% da cualificación.
2.-Actividades na aula virtual (traballos e exposicións): 40% da cualificación.
3.- Exame final da materia, no día e hora fixados no calendario oficial de exames da Facultade: 40% da cualificación.
Plaxio e realización fraudulenta de exercicios:
Para os casos de plaxio e realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como no suposto de uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas, será de aplicación o establecido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
- Aprendizaxe virtual e estudo: 31 horas
- Preparación de traballos: 10 horas
- Preparación de exames: 10 horas
- Asistenza e atención nas clases presenciais e non-presencial síncrona.
- Participación e actividade colaborativa do estudantado.
- Constancia no estudo da materia.
- Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
- Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
- Como reforzo aos contidos da materia e parte do traballo do estudantado existe a posibilidade de programar “prácticas de campo”: visitas a museos, exposicións temporais, patrimonio cultural, asistencia a actividades ou eventos de interese para a materia...
- Recórdase que as ferramentas institucionais e oficiais habilitadas pola USC para facer a entrega de tarefas e comunicacións son a Aula Virtual e o paquete Microsoft. Habilitarase a aula virtual do Campus Virtual como plataforma para o envío de todos os materiais docentes e dos traballos do estudantado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados pola docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do estudantado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Encarna Lago González
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Servizos Culturais (3ª ed)
- Correo electrónico
- encarna.lago [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
03.06.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |