Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Dar a coñecer a música como medio de identidade persoal e de grupo.
• Fomentar no espectador/a valores educativos comúns e valores específicos desde a experiencia e a expresión musical.
• Propiciar a empatía coa música como obra artística.
• Coñecer a periodización básica da Historia da Música Occidental.
• Coñecer e comprender aquilo que define a evolución da nosa tradición musical: evolución da notación musical, evolución da orquestra clásica e das principais agrupacións camerísticas, evolución dos instrumentos musicais…
• Recoñecer auditivamente e comprender os principais estilos musicais.
• Coñecer os principais xéneros, formas e texturas musicais.
• Coñecer as principais tendencias interpretativas.
• Coñecer e recoñecer algúns dos principais autores e obras da Historia da Música Clásica Occidental.
Os contidos xerais da materia son os seguintes:
• Periodización da Historia da Música Clásica en Occidente: etapas e características xerais (prestando especial atención aos períodos do Barroco, Clasicismo e Romanticismo).
• Elementos básicos da linguaxe musical en función da Historia da Música: principais xéneros, formas e estilos.
• Tendencias interpretativas: da interpretación historicista e dos instrumentos históricos.
• Introdución a aplicacións prácticas da música na sociedade actual.
Ao inicio do curso, nas primeiras sesións de clase da materia, detallaranse de forma pormenorizada os contidos específicos a abordar ao longo do cuadrimestre en relación cos contidos xerais propostos.
AA. VV.: Guía Akal de la Música (Stanley Sadie& A. Latham, ed.s). Madrid, Akal, 1994.
AA. VV.: Historia de la Música (12 vols.). Editorial Turner. Madrid.
AA. VV.: Historia general de la música (4 vols.). Editorial Itsmo, Madrid, 1985.
AA.VV. Atlas de los Instrumentos. Editorial Alianza Atlas.
Andrés, Ramón: El mundo en el oído: El nacimiento de la música en la cultura. Ed. El Acantilado, 2008.
Bennet, R.: Investigando los Estilos Musicales. Barcelona, Akal, 1998.
Bernstein, L. El maestro invita a un Concierto. Editorial Siruela.
Blacking, Joe: ¿Hay música en el hombre? Madrid, Alianza Editorial, 2006.
Cook, Nicholas: Music, imagination and culture. Oxford: Clarendon Press, 1992.
Copland, A. Como escuchar música. Editorial Fondo de Cultura.
Fubini, E.: Estética musical. Madrid, La balsa de la medusa, 2008.
Gardner, Howard: Mentes flexibles. El arte y la ciencia de saber cambiar nuestra opinión y la de los demás. Barcelona: Paidós, 2004.
Goleman, Daniel: Focus. Desarrollar la atención para alcanzar la excelencia. Barcelona: Kairós, 2013.
Grout D. J./Palisca, C.: Historia de la Música Occidental(2 vols.).Madrid, Alianza, 1997.
Harnoncourt, Nikolaus: La música como discurso sonoro. Ed. El Acantilado, 2011.
Levitin, Daniel J.: Tu cerebro y la música. El estudio científico de una obsesión humana (2ª edición), 2011.
López González, Luis (Coord.): Maestros del corazón. Hacia una pedagogía de la interioridad. Madrid: Wolters Kluwer, 2013.
Marina, José Antonio: Teoría de la inteligencia creadora. Barcelona: Anagrama (7ma. Edición), 2007.
Merriam, Alan: The Anthropology of Music, Evanston, 1964.
Merriam, Allan: “Usos y funciones de la música”. En Francisco Cruces, Las culturas musicales, Ed. Trott, 2001.
Patier, M-C.: La música occidental desde la Edad Media hasta nuestros días. Madrid, Espasa, 1997.
Ramos, F.: La música del siglo XX: una guía completa. Madrid: Turner, 2013.
Raynor, H.: Una historia social de la Música desde la edad media hasta Beethoven. Madrid, Siglo XXI, 2007.
Rink, John (Ed.): La interpretación musical. Madrid: Alianza Música, 2006.
Rodriguez Suso, Carmen: Prontuario de musicología. Música, sonido, sociedad. Barcelona, Clivis publicacións, 2002.
Rosen, Charles: Música y sentimiento. Madrid: Alianza Música, 2012.
Seligman, Martin E. P.: La auténtica felicidad. Barcelona: Zeta, 2011.
Sloboda, John: La mente musical: La psicología cognitiva de la música. Madrid: Antonio Machado Libros, 2012.
Touriñán, J. M. Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. A Coruña: BelloyMartínez. (ISBN: 978-84-944007-2-8; Dep. Legal: C-28-2016). 1012 págs.
Touriñán, J. M. Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación. Santiago de Compostela: Andavira. (ISBN: 978-84-8408-796-0; Dep. legal: C 14-2015). 382 pp.
Touriñán, J. M. y Longueira, S. (Coords.) Pedagogía y construcción de ámbitos de educación. La función de educar. Colombia, Cali: REDIPE. (ISBN: 978-958-59278-5-8). 441 págs.
Touriñán, J. M. y Longueira, S.: Formación de criterio a favor de la música como ámbito de educación. Bordón (61: 1), 2009, 43-60.
Touriñán, J. M. y Longueira, S.: La construcción de ámbitos de educación. pedagogía general y aplicada. ICE Usc, 2016.
Touriñán, J. M. y Sáez, R. La mirada pedagógica. Teoría de la educación, metodología y focalizaciones. Santiago de Compostela: Andavira. (ISBN: 978-84-8408-887-5; Dep. Legal: C-1819-2015). 435 págs.
Touriñán, J. M.: Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. A Coruña: Netbiblo, 2010.
Touriñán, J. M.: Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. A Coruña: Netbiblo. (ISBN: 978-84-9745-995-2. Dep. Legal: C-277-2014). 860 págs.
Tranchefort, R.: Guía de la Música de Cámara. Editorial Alianza Música.
Trías, Eugenio: El canto de las sirenas. Argumentos musicales. Galaxia Gutenberg y Círculo de Lectores. Barcelona, 2007.
Ulrich M.: Atlas de Música (2 vols). Madrid, Alianza Editorial, 1991.
• Saber enunciar os principais conceptos que definen a música clásica occidental.
• Recoñecer auditivamente os principais estilos musicais do repertorio clásico occidental.
• Saber reflexionar e comentar audicións, interpretacións e textos de contido musical.
• Experimentar o ámbito afectivo coa música, tomando conciencia da experiencia sentida dos valores da música como espectador/a.
• Coñecer distintas aplicacións prácticas da música dende a Musicoloxía: musicoterapia e iconografía musical.
Esta materia formúlase en formato mixto ou híbrido:
1) parte das sesións estarán impartidas pola/s docente/s principais;
2) algunhas sesións estarán impartidas por docentes externos invitados/as en calidade de relatores/as expertos/as en determinados temas relacionados coa materia;
3) e algunhas sesións realizaranse -sempre que sexa posible- fóra da aula como prácticas e interrelacionadas coa oferta cultural.
• Exercitarase o hábito da escoita a través de exemplos en diferentes soportes audiovisuais e coa finalidade de poder recoñecer estilos pertencentes a distintos momentos históricos, estéticas, procedencias e formas musicais.
• Traballarase a sensibilización do sentido auditivo.
• Fomentarase o traballo individual e en equipo, procurando potenciar a creatividade do alumnado.
• Traballaranse terminoloxías básicas do ámbito musical.
• Realizaranse actividades dentro e fóra da aula na medida do posible, relacionadas cos contidos da materia.
• Todos os contidos serán postos a disposición do estudantado a través do campus virtual, na aula virtual da materia.
Prácticas externas:
• Dado o convenio establecido co Auditorio de Galicia e co Consorcio de Santiago de Compostela, ao longo do curso repartiranse entre o estudantado entradas para asistir aos concertos da “tempada clásica” da Real Filharmonía de Galicia.
• Ao longo do curso, na medida posible e en función da oferta cultural, poderase valorar a posibilidade de levar ao estudantado a desfrutar de distintos eventos: retransmisión en directo dunha ópera no cine, escoita en directo dun concerto lírico, visita guiada polo Palacio da Ópera da Coruña, visita ao Arquivo Sonoro de Galicia, etc.
No que respecta ao sistema de avaliación da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
-A asistencia e a participación (cun valor do 50% na nota final)
-A realización dunha tarefa a elixir de entre as dúas modalidades propostas (cun valor do 50% na nota final) que se detallan a continuación:
a) Realización dun breve exercicio de 10 preguntas curtas sobre os contidos da materia na data establecida polas docentes ou b) Realización dun breve traballo relacionado cos contidos da materia.
*Observación importante: é requisito imprescindible asistir ao 80% das sesións e realizar e entregar a tarefa (modalidade “a” ou “b”) para aprobar a materia.
Asistencia a clase, asistencia a sesións fóra da aula como prácticas e interrelacionadas coa oferta cultural -(no caso de que se leven a cabo)- e realizar as tarefas propostas indicadas no punto do "sistema de avaliación da aprendizaxe" (breve exercicio de 10 preguntas curtas ou breve traballo relacionado cos contidos da materia).
Asistencia a clase e repaso dos materiais proporcionados polas docentes.
ASISTENCIA A CLASE.
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIO-AMBIENTAL.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI. É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS.
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María González Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- maria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Lusine Grigoryan Zohrabyan
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- lusine.grigoryan [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h