Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Bioloxía Funcional, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Optometría, Bioloxía Celular, Estatística e Investigación Operativa, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
· Especializarse na atención visual a diferentes grupos poboacionais.
· Actualizarse en deseños e técnicas de detección, diagnóstico e tratamento en Optometría.
· Aprofundar nos coñecementos específicos das áreas relacionadas co máster.
· Comprender, aplicar e avaliar os diferentes protocolos de actuación en función do paciente.
· Comprender, aplicar e avaliar deseños, técnicas de diagnóstico e tratamento en Optometría.
· Comprender, aplicar e avaliar as probas complementarias necesarias na clínica optométrica.
· Fomentar a colaboración con outros profesionais sanitarios.
· Aprofundar nos coñecementos específicos das áreas relacionadas co máster.
Age-related Changes of the Human Eye. Eds. Carlo A.P. Cavalloti, Luciano Cerulli. Human Press.
Optometric Management of Learning-Related Vision Problems. Scheiman, M. 2ª ed., Mosby, 2006.
Optometría Pediátrica. A. López-Alemany. Ed. Ulleye, 2009.
Contactoloxía aplicada. Martín-Herranz. Ed. ICM.
Complicaciones de las lentes de contacto. Nathan Efron. Elsevier España, 2005.
www.tearfilm.org; Web da Tear Film and Ocular Surface Society.
Comunicación clínica. Principios y habilidades para la práctica clínica. Ruíz Moral, R. Madrid: Panamericana.
• Coñecemento
Con01. Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas no ámbito das ciencias da visión.
Con02. Demostrar dominio dos principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da Optometría.
Con03. Acreditar os coñecementos e habilidades necesarios para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación en Optometría.
Con04. Coñecer os criterios específicos de actuación clínica especializada nos distintos campos da atención visual: optometría pediátrica, xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
• Habilidades e destrezas
H/D01. Demostrar habilidades desde distintas perspectivas das ciencias da visión.
H/D02. Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar con alto grao de eficacia.
H/D06. Utilizar técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar coñecementos, propostas e posicións.
H/D07. Adquirir as habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado no ámbito da optometría.
• Competencias
Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Comp02. Capacidade para a toma de decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
Comp03. Capacidade de reflexión crítica desde distintas perspectivas do coñecemento.
Comp04. Aplicar criterios específicos de actuación clínica especializada nos diferentes campos da atención visual: optometría pediátrica, xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
Comp09. Demostrar capacidade para abordar desafíos complexos de forma eficaz e adaptable en contornos multidisciplinares.
Prácticas académicas externas en contornos profesionais especializados que permiten ao estudantado aplicar de maneira integrada os coñecementos teóricos e as competencias adquiridas durante o máster. Estas prácticas, tuteladas e avaliadas, desenvólvense durante o segundo semestre e están orientadas a favorecer a inserción profesional e o desenvolvemento autónomo en contextos reais de traballo.
• Prácticas externas (presenciais; 120 horas): realízanse nunha entidade colaboradora durante un período aproximado de 4 semanas, cunha dedicación máxima de 40 horas semanais.
• Titorías (asíncronas; 24 horas): titorías individualizadas ou en grupos reducidos, orientadas ao seguimento do proceso de aprendizaxe e á resolución de dúbidas ao longo do período de prácticas.
• Cualificación da memoria/informe de prácticas, outorgada pola comisión do máster ou, de ser o caso, polo/a titor/a académico/a do estudantado na materia. Ponderación: 50 %.
• Cualificación do traballo realizado polo estudantado durante as prácticas, outorgada polo/a titor/a da entidade onde se desenvolvan. Ponderación: 50 %.
En casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Non aplicable.