Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Acadar as competencias delimitadas no nivel C1 (inicial) do “Marco Común Europeo das Linguas” (ver Contidos gramaticais e Competencias comunicativas).
Este nivel garante unha autonomía en contextos comunicativos complexos, mellorando as competencias adquiridas en Lingua italiana 5.
I. Teoría:
As linguaxes sectoriais.
Consolidaranse os seguintes contidos sintácticos e gramaticais:
Os modos do verbo: os modos finitos e os modos indefinidos.
O infinitivo: o infinitivo presente e pasado; o infinitivo nas proposicións subordinadas; o infinitivo nas frases independentes; o infinitivo en función de substantivo.
O participio: o participio presente e pasado; a concordancia do participio pasado nos tempos compostos.
O xerundio: o xerundio presente e pasado; os valores do xerundio; o suxeito do xerundio; estar + xerundio; ir + xerundio.
A frase: a frase simple (ou proposición) e a frase complexa (o periodo).
A estructura da frase complexa ou periodo
O coordinación: tipos de coordinación; a coordinación por asíndeto e por polisindeto.
A subordinación: os graos da subordinación; as proposicións subordinadas esplícitas e implícitas.
A forma activa e a forma pasiva do verbo.
Como se forma a pasiva: ser + participio pasado; vir + participio pasado; si + verbo activo (si pasivante); a concordancia do participio pasado na pasiva, a pasiva cos verbos servís; o si pasivante e o si impersoal.
As proposicións obxectivas: os elementos dos que dependen as obxectivas; as obxectivas implícitas e implícitas
As proposcións subxeitivas: os elementos dos que dependen as subxeitivas: as subxeitivas explícitas e implícitas.
As proposicións temporais: relación temporal de contemporaneidade, posterioridade, anterioridade; as temporais explicitas e implícitas.
As proposicións exceptuativas: as exceptuativas implícitas e implícitas.
As proposicións exclusivas: as exclusivas explícitas e implícitas.
As proposicións causais: as causais explícitas e implícitas.
As proposicións relativas: as relativas explícitas e implícitas.
As proposicións finais: as finais explícitas e implícitas.
As proposicións comparativas: as comparativas de superioridade, de igualdade e de inferioridade:; as comparativas explícitas ( e se de superioridade) implícitas.
II. Habilidades comunicativas (teóricas e prácticas):
- Saber apuntar un libro e entender as teses do autor; saber usar sinónimos. Saber analizar e reconstruír feitos do pasado (feitos históricos, noticias); saber escribir unha páxina de diario. Saber escribir un texto de ficción, unha historia, un artigo de xornal.
- Explicar e argumentar información de programas de radio e televisión, series de televisión, películas, entrevistas, historias. Saber reorganizar os feitos cronolóxicos, comprender a estrutura dos contidos dos artigos, contos, textos literarios, textos especializados.
- Saber analizar e escribir artigos de comentarios, feitos e contidos dunha clase; preparar unha entrevista de traballo; cartas ao xornal e respostas. Poder tomar notas e resumir unha lección académica.
- Facer hipóteses; comprender a novidade, a ironía, os obxectivos de textos e artigos especializados; explicar unha receita complexa; revisar un proxecto; tomar notas e escribir un artigo. Redacción de informes e ensaios curtos sobre os temas propostos.
- Descrición de eventos, noticias deportivas, entrevistas, incluíndo gráficos e datos, entrevistas, documentales, artigos sobre saúde e benestar. Saber realizar entrevistas e plasmalas nun texto escrito.
Bibliografía básica:
1. Libros de texto
M. Trifone et alii, Affresco italiano C1, Firenze, Le Monnier, 2010.
Bibliografía complementaria:
2. Textos de consulta:
G. Patota, Grammatica di riferimento dell'italiano contemporaneo, Milano, Garzanti 2006.
M. Sensini, Le forme della lingua, Milano, Mondadori, 2010
M. Sensini, La grammatica della lingua italiana, Milano, Mondadori, 1999
L. Serianni, Grammatica Italiana, UTET, Torino, 2006
M. Trifone, A. Filippone, A. Sgaglione, Affresco Italiano C1. Corso di lingua italiana per stranieri, Firenze, Le Monnier.
Dicionarios
Monolingües
De Mauro, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 6 vols. (cartaceo in Sala lavoro).
Il Nuovo De Mauro https://dizionario.internazionale.it/
Dizionario Sabatini Coletti http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
Vincenzo Lo Cascio, Dizionario Combinatorio Italiano, Amsterdam: John Benjamins, 2 vols., 2014 (cartaceo ed elettronico in biblioteca).
Portale Treccani: dizionario monolingue, dizionario di sinonimi e contrari, enciclopedia, dizionario biografico ed altri contenuti grammaticali e culturali: http://www.treccani.it/
Dizionario Garzanti della lingua italiana: https://www.garzantilinguistica.it/
Luciano Canepari, Il DIPI. Dizionario di pronuncia italiana, Bologna: Zanichelli, 2009. www.dipionline.it/
Bilingües
Rossend Arqués Corominas & Adriana Padoan, Il Grande dizionario di spagnolo. Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Bologna: Zanichelli, 2020 (cartaceo in biblioteca. Dizionario ebook 90: 3 mesi di consultazione online e offline / 3,50 €).
Elena Baiotto (dir.), Espasa Paravia. Il dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Torino: Paravia, 2005 (cartaceo in biblioteca).
Cesáreo Calvo Rigual & Anna Giordano Gramegna, Diccionario avanzado italiano-español, Barcelona: Herder, 2011 (cartaceo in biblioteca).
Paola di Cataldo (dir.), Il Grande dizionario spagnolo: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Milán: Garzanti Linguistica, 2009 (cartaceo e CD in biblioteca).
Dizionario Hoepli italiano-spagnolo: https://www.grandidizionari.it/dizionario_italiano-spagnolo.aspx?idD=4
Lorna Knight & Michela Clari, Collins Compact plus. Español-Italiano, Barcelona: Random House Mondadori, 2005 (cartaceo in biblioteca).
Competencias xerais, dentro do Grao:
Adquisición das nocións teóricas expostas na aula, dunha maior competencia escrita e oral da lingua italiana, dunha maior madurez que permita ao estudantado ser consciente dos instrumentos imprescindibles para o estudo lingüístico e avaliar o nivel alcanzado nas competencias e habilidades requiridas.
Competencias específicas:
Ser quen de comprender sen esforzo practicamente todo o que se escoita e le. Saber resumir informacións extraídas de diferentes fontes, orais e escritas, reestruturando nun texto coherente as argumentacións e as partes informativas. Ser quen de expresarse espontaneamente, de xeito fluido e claro, sen dificultade para precisar matices de significado en situacións complexas.
As clases impártense en italiano e alternarán as explicacións da gramática con lecturas, exercicios prácticos, diálogos situacionais etc. contemplando a participación activa e constante do estudantado.
Algunhas destas actividades poderán desenvolverse fóra da facultade, na cidade, con falantes nativos italianos.
A profesora utilizará a aula virtual.
A avaliación realizarase segundo os seguintes parámetros:
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 50%
- Exame oral: 40%
Importante:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
1. Para poder presentarse ao exame oral, o alumnado deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada).
2. Na proba oral esixirase a lectura correcta dun fragmento do libro de lectura obrigatoria e a resposta a preguntas relacionadas cos temas comunicativos previstos no programa. O profesorado poderá utilizar o material (textos, fotos, artigos, etc.) que considere máis oportuno.
3. Para aprobar esta materia é necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 (nota non ponderada), non so no exame escrito senón tamén na proba oral. Quen supere o exame escrito, pero non o oral na primeira oportunidade, poderá manter a nota da proba escrita para a segunda oportunidade, presentándose soamente á proba oral (previa comunicación ao profesorado, antes da data designada para a realización da proba escrita na segunda oportunidade). De non superar a proba oral, a nota final corresponderá ao resultado ponderado da proba escrita.
4. Os criterios de avaliación serán os mesmos para o estudantado con exención oficial de asistencia.
Trátase dunha materia de 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo, dos cales 54 serán de frecuencia e 96 de traballo persoal.
Aconséllase asistir ás clases con regularidade e recoméndase o estudo diario e, se é posible, ver filmes, programas de televisión, escoitar cancións, programas de radio, etc. en italiano.
Tamén é conveniente tentar conversar con falantes nativos de italiano. Na actualidade, a Facultade de Filoloxía acolle a numeroso estudantado italiano: estes encontros poden ser un complemento importante á formación recibida coas leccións e co traballo persoal.
1. O profesor non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do estudante e a materia á que pertence.
2. O profesor responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
3. Será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
4. Lémbrase aos estudantes que o profesor poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
Maria Montes Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811869
- Correo electrónico
- m.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C05 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C02 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C05 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |